Concello da Coruña

Concello da Coruña

Deportes

Área de Fomento e Promoción da cidade

Convocatoria - Campamentos Deportivos Municipais | Verán 2025

Información e recomendacións para participantes nos campamentos deportivos

As actividades desenvolveranse preferentemente ao aire libre, nas inmediacións da Cidade Deportiva Riazor ou do Polideportivo de Novo Mesoiro, sempre que a meteoroloxía acompañe, polo que os/as nenos/as deberán acudir todos os días con:

  • Roupa e calzado deportivo
  • Gorra e crema solar
  • Mochila con merenda lixeira para media mañá e botella de auga
  • Bañador, toalla, chanclas, gorro de baño e lentes de natación (só os que teñan sede na Ciudade Deportiva de Riazor)

Cada menor recibirá o primeiro día unha gorra e 2 camisetas oficiais do Campamento, coas que deberá acudir todos os días, para o bo desenvolvemento e organización da actividade.

A entrega e recollida de participantes realizarase, coa maior puntualidade en:

  • Campamentos Sede Riazor: no portalón grande entre o Palacio de Deportes e a Piscina Municipal de Riazor
  • Campamentos Sede Novo Mesoiro: na entrada principal do Polideportivo de Novo Mesoiro

Non está permitido o acceso das familias ás instalacións.

O teléfono de contacto durante o horario do campamento: 981 184 200 / 981 189 800 - Ext. 25030

25-06-2025_4.º movemento da lista de espera e prazas a libre disposición

Publícase o 4.º movemento da lista de espera para as prazas dos campamentos deportivos de verán 2025.

Así mesmo, infórmase de que, unha vez esgotada a lista de espera, as prazas libres da quenda CAMPA VERÁN NOVO MESOIRO - NM003_1-15 AGOSTO quedan a libre disposición ata cubrilas.

MATRÍCULA E FORMALIZACIÓN DAS INSCRICIÓNS:

As persoas que obtivesen praza neste 4.º movemento poderán formalizar a matrícula os días 25 e 26 de xuño de 2025.

Cada persoa só se poderá matricular nunha única quenda. A matrícula nunha quenda supón a renuncia expresa á outra quenda solicitada, agás que, finalizada a lista de espera, quedasen prazas dispoñibles (Punto 8.3 das bases).

LUGAR para formalizar a matrícula. Habilitaranse dúas modalidades:

  • Presencial: acudindo á caixa do Palacio de Deportes de Riazor. Terán preferencia as persoas que concerten cita previa (https://citaprevia.coruna.gal/) e no seu horario. As persoas sen cita poderán acudir a matricularse nos horarios que queden dispoñibles.

20-06-2025_3.º movemento da lista de espera e prazas a libre disposición

Publícase o 3.º movemento da lista de espera para as prazas dos campamentos deportivos de verán 2025.

Así mesmo, infórmase de que, unha vez esgotada a lista de espera, as prazas libres da quenda CAMPA VERÁN NOVO MESOIRO - NM003_1-15 AGOSTO quedan a libre disposición ata cubrilas.

MATRÍCULA E FORMALIZACIÓN DAS INSCRICIÓNS:

As persoas que obtivesen praza neste 2.º movemento poderán formalizar a matrícula do 20 ao 24 de xuño de 2025, ambos os días incluídos.

Cada persoa só se poderá matricular nunha única quenda. A matrícula nunha quenda supón a renuncia expresa á outra quenda solicitada, agás que finalizada a lista de espera, quedasen prazas dispoñibles (Punto 8.3 das bases).

LUGAR para formalizar a matrícula: habilitaranse dúas modalidades:

  • Presencial: acudindo á caixa do Palacio de Deportes de Riazor. Terán preferencia as persoas que concerten cita previa (https://citaprevia.coruna.gal/) e no seu horario. As persoas sen cita poderán acudir a matricularse nos horarios que queden dispoñibles.

16-06-2025_2.º movemento da lista de espera

Publícase o 2.º movemento da lista de espera para as prazas dos campamentos deportivos de verán 2025.

MATRÍCULA E FORMALIZACIÓN DAS INSCRICIÓNS:

As persoas que obtivesen praza neste 2.º movemento poderán formalizar a matrícula do 16 ao 19 de xuño de 2025, ambos os días incluídos.

Cada persoa só se poderá matricular nunha única quenda. A matrícula nunha quenda supón a renuncia expresa á outra quenda solicitada, agás que, unha vez finalizada a lista de espera, quedasen prazas dispoñibles (punto 8.3 das bases).

09-06-2025_1.º movemento da lista de espera

Publícase o 1.º movemento da lista de espera para as prazas dos campamentos deportivos de verán 2025.

MATRÍCULA E FORMALIZACIÓN DAS INSCRICIÓNS:

As persoas que obtivesen praza neste 1.º movemento poderán formalizar a matrícula do 10 ao 13 de xuño de 2025, ambos os días incluídos.

Cada persoa só se poderá matricular nunha única quenda. A matrícula nunha quenda supón a renuncia expresa á outra quenda solicitada, agás que, unha vez finalizada a lista de espera, quedasen prazas dispoñibles (punto 8.3 das bases).

LUGAR para formalizar a matrícula: habilitaranse dúas modalidades:

  • Presencial: acudindo á caixa do Palacio de Deportes de Riazor. Terán preferencia as persoas que concerten cita previa (https://citaprevia.coruna.gal/) e no seu horario. As persoas sen cita poderán acudir a matricularse nos horarios que queden dispoñibles.

02-06-2025_Listaxe de adxudicación de prazas e lista de espera

Publícase a listaxe de adxudicación de prazas dos campamentos deportivos de verán 2025, así como a listaxe de espera.

Para elaborar estas listas tivéronse en conta os criterios de preferencia establecidos no punto 7.6 da convocatoria:

  1. As persoas empadroadas no Concello da Coruña
  2. A orde de preferencia nas quendas indicadas na solicitude (opción 1 ou opción 2)
  3. O número asignado á solicitude en relación co número obtido no sorteo público (1332)

MATRÍCULA E FORMALIZACIÓN DAS INSCRICIÓNS:

As persoas que obtivesen praza poderán formalizar a matrícula do 3 ao 6 de xuño de 2025, ambos os días incluídos.

Cada persoa só se poderá matricular nunha única quenda. A matrícula nunha quenda supón a renuncia expresa á outra quenda solicitada, agás que, unha vez finalizada a lista de espera, quedasen prazas dispoñibles (punto 8.3 das bases).

LUGAR para formalizar a matrícula: habilitaranse dúas modalidades:

  • Presencial: acudindo á caixa do Palacio de Deportes de Riazor. Terán preferencia as persoas que concerten cita previa (https://citaprevia.coruna.gal/) e no seu horario. As persoas sen cita poderán acudir a matricularse nos horarios que queden dispoñibles.

--------------------

29-05-2025_Sorteo

Realizouse o sorteo para establecer o número que servirá de corte para adxudicar as prazas nos Campamentos Deportivos de Verán 2025, e o número obtido foi o 1332.

Pódese consultar o resultado a través da seguinte ligazón: Sorteo

A listaxe de adxudicación de prazas e lista de espera publicarase o 2 de xuño.

28-05-2025_Publicación da listaxe emendada de solicitantes dos Campamentos Deportivos de Verán 2025 con inclusión do número para o sorteo

Así mesmo publícase a listaxe de solicitudes anuladas, que non participarán no sorteo.

O sorteo realizarase o xoves 29 de maio, ás 10.00 h. Pódese seguir en directo a través da seguinte ligazón: Sorteo

23-05-2025_Publicación da listaxe provisional de solicitantes dos Campamentos Deportivos de Verán 2025

Ábrese o prazo para a corrección de erros dende esta publicación e ata o 27 de maio. As alegacións presentaranse por correo electrónico a través do enderezo programasdeportivos@coruna.gal

De acordo coa cláusula 7.3 das bases da convocatoria, durante o prazo de corrección de erros non se permitirá o cambio de opcións de campamento nin se aceptarán novas solicitudes. Só se poderán emendar datos persoais consignados no formulario.

A listaxe definitiva tras as emendas publicarase o 28 de maio, coa inclusión do número para o sorteo, que será asignado por orde cronolóxica de entrada de cada solicitude.

CONVOCATORIA (EXTRACTO)

Recoméndase consultar as bases na súa totalidade no documento adxunto no pé da páxina.

PERSOAS BENEFICIARIAS

Poboación infantil e xuvenil nada entre o 01/01/2013 e o 31/12/2019.

Aclárase que as persoas beneficiarias dos campamentos son as e os menores, non as súas persoas titoras legais ou custodios.

Terán preferencia para obter unha praza as persoas empadroadas na cidade da Coruña.

PROGRAMA E HORARIO

PROGRAMA TIPO

HORARIO

PROGRAMA TIPO

08:30-09:00

Horario de conciliación 1

09:00-10:30

Actividade deportiva I

10:30-12:00

Actividade deportiva II

12:00-12:30

Merenda (deberá ser achegada polo/a participante)

12:30-14:00

Actividade deportiva III

14:00 / 14:30

Horario de conciliación 2

Actividades previstas: durante o desenvolvemento de cada quenda destes campamentos está previsto realizar actividades deportivas variadas.

HORARIO

As actividades dos campamentos desenvolveranse de luns a venres, excepto festivos, en horario das 09.00 ás 14.00 horas.

Poderase solicitar o horario ampliado de conciliación, coas seguintes posibilidades:

  • Entrada: entre 08.30-09.00 h
  • Saída: a elixir entre:
    • 14.00 h
    • 14.30 h

O horario ampliado non supón un custo engadido.

LUGAR DE REALIZACIÓN

Os campamentos terán dúas sedes:

  • Cidade Deportiva de Riazor
  • Polideportivo de Novo Mesoiro

Estas sedes utilizaranse como punto de entrega e recollida de participantes.

Tentaranse realizar actividades ao aire libre, para o que se poderán desprazar a outros espazos e instalacións deportivas.

Poderanse programar excursións e actividades noutros puntos de interese da cidade. Haberá autobús para realizar algunha das saídas.

QUENDAS E PRAZAS

Establécense 4 quendas:

  • QUENDA 1: do 1 ao 15 de xullo de 2025
  • QUENDA 2: do 16 ao 31 de xullo de 2025
  • QUENDA 3: do 1 ao 15 de agosto de 2025
  • QUENDA 4: do 16 ao 31 de agosto de 2025

Ofértanse un total de 640 prazas, organizadas en 160 prazas por quenda, organizadas da seguinte maneira:

  • Cidade Deportiva de Riazor: 120 prazas/quenda
  • Polideportivo de Novo Mesoiro: 40 prazas/quenda

PREZO

En aplicación da disposición 15.10 da Ordenanza fiscal núm. 15 vixente, e tendo en conta o número de sesións, o prezo dos campamentos deportivos municipais será o que se recolle a continuación:

QUENDA

DATAS

NÚM. SESIÓNS

PREZO/QUENDA

1.ª quenda

Do 1 ao 15 de xullo

11

48,18 €

2.ª quenda

Do 16 ao 31 de xullo

11

48,18 €

3.ª quenda

Do 1 ao 15 de agosto

10

43,80 €

4.ª quenda

Do 16 ao 31 de agosto

10

43,80 €

O horario ampliado non supón un custo engadido.

Poderán obter unha redución do 50% da taxa relativa aos campamentos aquelas persoas que conten cuns rendementos económicos brutos per cápita, computados anualmente por todos os conceptos e por unidade familiar, que non superen o indicador público de renda de efectos múltiples vixente no momento de efectuar a solicitude.

As persoas que durante o prazo establecido non formalizasen a inscrición do/a menor, entenderase que renuncian á praza obtida e procederase a activar a lista de espera.

CRITERIOS DE PREFERENCIA PARA A ADXUDICACIÓN DE PRAZAS

O número que resulte do sorteo establecerá o corte a partir do cal se adxudicarán as prazas. Para a orde de preferencia terase en conta:

- 1.º As persoas empadroadas no Concello da Coruña.

- 2.º A orde de preferencia da quenda indicada na solicitude (opción 1 ou opción 2).

- 3.º O número asignado á solicitude en relación ao número obtido no sorteo público.

As persoas admitidas na súa primeira opción de preferencia quedarán automaticamente excluídas para a adxudicación na súa segunda opción, e pasarán ao final da lista de espera.

As persoas que non obtivesen praza neste proceso pasarán a formar parte da lista de espera.

DATAS PARA TER EN CONTA

As principais datas que hai que ter en conta son as seguintes:

TRÁMITE

DATAS

Preinscrición

13, 14 e 15 de maio de 2025

Listaxe provisional de solicitantes

23 de maio de 2025

Corrección de erros

desde a publicación da listaxe provisional e ata o 27 de maio de 2025 a traves do correo electrónico programasdeportivos@coruna.gal

Listaxe definitiva para o sorteo

28 de maio de 2025

Sorteo (en caso de ser necesario)

29 de maio de 2025

Listaxe de adxudicación de prazas

2 de xuño de 2025

Matrícula das persoas admitidas

Do 3 ao 6 de xuño de 2025

Xestión da lista de espera

A partir do 10 de xuño de 2025

PREINSCRICIÓNS - LIGAZÓN AO FORMULARIO

As solicitudes para participar nos campamentos realizaranse, do 13 ao 15 de maio, a través do seguinte formulario:

Non se admitirán preinscricións realizadas por outros medios.

Poderanse solicitar un máximo de 2 opcións, por orde de preferencia.

Cada menor só poderá constar nunha única solicitude (individual ou familiar). No caso de rexistrar, para unha mesma persoa, máis dunha solicitude, só se terá en conta a última, e anularanse todas as feitas con anterioridade.

Solicitude familiar: para colaborar na conciliación das familias, no caso de que desexen optar á mesma quenda de campamento, deberán cubrir un único formulario de preinscrición (solicitude familiar), coa condición de que todos/as os/as menores sexan membros da mesma unidade familiar ou demostren convivencia no mesmo domicilio.

  • A solicitude familiar permite nun mesmo formulario a preinscrición de ata 3 menores. No caso de superar esta cifra, deberán cubrir outro formulario correlativo se desexan optar á mesma quenda.
  • No caso de que se presenten solicitudes-formularios diferentes non se garante a asistencia á mesma quenda.

Aclárase que as persoas beneficiarias son as e os menores, por tanto só poderán realizar a solicitude de preinscrición e a matrícula, de ser o caso, os/as titores/as legais que teñan a custodia. No caso de custodia compartida, as persoas interesadas deberán poñerse de acordo previamente; no caso de non alcanzar acordo, deberán remitirse ao Servizo de mediación de familia da Xunta de Galicia ou organismo competente, que será quen determine que custodio debe formalizar a solicitude e a matrícula.

NON DEIXES PASAR O VERÁN SEN FACER DEPORTE. APÚNTATE!!

Ligazón á web xeral de campamentos municipais: /web/gl/actualidade/axenda/campamentos-de-veran-2025

Documentos relacionados

  • Bases da convocatoria - Campamentos Deportivos Verán 2025 (502 KB)
  • Guía acceso Cronos Web - Campamentos deportivos verán (815 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión