Concello da Coruña

Concello da Coruña

Listaxe de Admitidos

Publícase a listaxe das persoas que obtiveron praza e das que están en lista de espera en cada un das quendas, pode consultalo nas seguintes ligazóns:

Poderase obter información no teléfono 010 e no teléfono móbil: 610 974 898

Entre o 11 e o 15 de xuño (o prazo finaliza ás 15.00 horas) poderán formalizar a matrícula cubrindo e asinando debidamente o formulario que se adxunta:

O formulario enviarase á empresa prestadora do servizo, AXIÑA, xunto coa seguinte documentación ao correo: inscripciones@axinasd.com

  • Unha foto tamaño carné do/a menor
  • Fotocopia do DNI da nai, pai ou de acódea titor/a que asina a solicitude
  • Fotocopia do DNI do/a menor ou na súa falta fotocopia do libro de familia
  • Fotocopia do cartón sanitario
  • Documentación relevante sobre datos médicos (enfermidade, alerxias, medicación) ou situación familiares que sexa preciso coñecer para o bo desenvolvemento da actividade

O pago realizarase directamente á empresa prestadora do servizo, AXIÑA, mediante transferencia bancaria ao número de conta ES89 0081 0390 1300 0146 0949 DO BANCO SABADELL.

O pago débese realizar polo menos cunha semana de antelación antes de comezar cada quenda. Nota: este prazo tamén é para presentar a renuncia se fose o caso.

A renuncia farase polos mesmos medios que a solicitude

CHAMADA DA LISTA DE ESPERA

Poderase chamar da lista de espera do 16 a 21 de xuño, no caso de que non se realice a formalización da matrícula en prazo.

Documentos relacionados

  • Admitidos e lista de espera de Riazor - Verán 2021 (373 KB)
  • Admitidos e lista de espera de Novo Mesoiro - Verán 2021 (287 KB)
  • Admitidos e lista de espera de San Francisco Javier - Verán 2021 (289 KB)
  • Formulario de inscrición Campamentos Deportivos - Verán 2021 (111 KB)

Sorteo Público

4 de xuño - Sorteo Público

Unha vez realizado o sorteo público nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes ás 12:00h, o numero de corte é o:

  • 553

A publicación das listas de persoas admitidas e en lista de espera realizarase o día 10 de xuño na web de Deportes, no 010 e no teléfono da empresa prestadora do servizo.

A continuación podra ver o vídeo do devandito sorteo

    Vídeo do sorteo dos Campamentos Deportivos de Verán de 2021

    Listaxes Provisionais

    31 maio - Listados Provisionais

    Procédese á publicación das listaxes provisionais de solicitantes para os Campamentos Deportivos de Verán 2021.

    Pode consultalos na seguinte ligazón:

    O procedemento antes da publicación das listaxes definitivas será o seguinte:

    • Alegacións: os días 1, 2 e 3 de xuño de 2021, ata as 14:00 horas, enviando un correo electrónico a deportes@coruna.es (Deberá envialo a mesma persoa que realizou a preinscrición e será obrigatorio deixar un número de teléfono de contacto).
    • Sorteo: o 4 de xuño ás 12:00 horas.
    • Publicación das listas de persoas admitidas e en lista de espera: o día 10 de xuño na web de Deportes, no 010 e no teléfono da empresa prestadora do servizo.

        Convocatoria - Campamentos Deportivos verán 2021

        20 de Maio de 2021 - Bases dos Campamentos Deportivos Municipais Verán 2021

        ¿QUEN PODE SOLICITALOS?

        Nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e os 13 anos, cumpridos a 31 de decembro de 2021.

        Terán preferencia para a obtención dunha praza:

        En primeiro lugar, os e as menores empadroados/as na cidade da Coruña cuxos pais, nais ou titores teñan que traballar durante a quincena na que solicitan os campamentos.

        En segundo lugar, aqueles/as menores non empadroados/as na cidade da Coruña pero que o seu pai, nai, titor, titora traballen na cidade da Coruña durante a quincena na que solicitan os campamentos.

        En último lugar, o resto de nenos e nenas que teñan interese en acudir a estes campamentos a condición de que queden prazas dispoñibles

        ¿ONDE SE VAN A REALIZAR?

        Os campamentos terán como sede tres intalaciones deportivas municipais:

        • Campamento de Riazor: Palacio de Deportes Riazor, combinado co Campo de fútbol e o areal de San Pedro de Visma.
        • Campamento de Novo Mesoiro: Polideportivo de Novo Mesoiro, combinado co Campo de fútbol Johan Cruyff
        • Campamento de San Francisco Javier: Polideportivo de San Francisco Javier, combinado co Campo de fútbol Víctor Fernández Alonso

        ¿CANTO DURAN?

        Os campamentos deportivos municipais organizaranse por quincenas, desde o 28 de xuño ata o 3 de setembro de 2021, de luns a venres. Non se realizarán campamentos os fins de semana nin os festivos.

        Poderase elixir entre as seguintes quincenas:

        • 1º quenda: Do 28 de xuño ao 11 de xullo
        • 2º quenda: Do 12 de xullo ao 25 de xullo
        • 3º quenda: Do 26 de xullo ao 8 de agosto
        • 4º quenda: Do 9 de agosto ao 22 de agosto
        • 5º quenda: Do 23 de agosto ao 3 de setembro

        ¿CAL É O HORARIO?

        As actividades dos campamentos desenvolveranse de luns a venres en horario de 09:00 a 14:00 horas.

        Poderase solicitar o horario ampliado, coa posibilidade de entrega dos e as menores ás 08:30 e de recollida ás 14:30 horas (unha ou ambas as opcións). O horario ampliado non supón un maior custo para as familias.

        ¿CANTAS PRAZAS OFÉRTANSE?

        Un total de 720 prazas, distribuídas en 144 prazas por quenda, da seguinte maneira:

        • Campamento de Riazor: 72 prazas/quincena
        • Campamento de Novo Mesoiro: 45 prazas/quincena
        • Campamento de San Francisco Javier: 27 prazas/quincena

        Poderase variar o número de prazas ofertadas entre as diferentes sedes en función das solicitudes de preinscrición recibidas no Servizo Municipal de Deportes.

        ¿CAL É O PREZO DOS CAMPAMENTOS?

        O prezo dos campamentos deportivos municipais é de 25 euros, IVE incluído, por cada quenda e menor.

        A solicitude do horario ampliado non supón un maior custo para as familias.

        O pago realizarase directamente á empresa prestadora do servizo, mediante transferencia bancaria ou por outros medios que se lle poidan facilitar ás familias. Publicarase nesta páxina web o número de conta onde se debe facer o ingreso.

        O pago dos campamentos deberase realizar polo menos cunha semana de antelación antes de comezar cada quenda. Se transcorrido ese prazo, a empresa non recibiu o pago, poderá chamar da lista de espera e o/a menor perderá a praza que lle foi adxudicada.

        ¿COMO PODO INSCRIBIRME?

        Pode consultar as bases reguladoras da convocatoria na seguinte ligazón:

        As principais datas a ter en conta son as seguintes:

        • Preinscrición: os días 24, 25 e 26 de maio de 2021. O formulario de preinscrición pecharase o 26 de maio ás 23:59 horas.
        • Publicación da lista de solicitudes: publicarase na web de Deportes o 31 de maio de 2021.
        • Alegacións: os días 1, 2 e 3 de xuño de 2021, ata as 14:00 horas, enviando un correo electrónico a deportes@coruna.es (Deberá envialo a mesma persoa que realizou a preinscrición e será obrigatorio deixar un número de teléfono de contacto).
        • Sorteo: o 4 de xuño ás 12:00 horas.
        • Publicación das listas de persoas admitidas e en lista de espera: o día 10 de xuño na web de Deportes, no 010 e no teléfono da empresa prestadora do servizo.
        • Formalización da matrícula ou renuncias: Do 11 ao 15 de xuño de 2021, deberase presentar debidamente cuberta e asinada a folla de solicitude de inscrición aprobada nas bases á empresa prestadora do servizo.
        • Pago: O pago realizarase cunha antelación mínima de 1 semana antes do inicio do campamento. O número de conta será facilitado no seu momento nesta mesma páxina web.
        • Chamadas da lista de espera: Do 16 ao 21 de xuño.
        • Comezo dos campamentos: O luns 28 de xuño de 2021

        Para realizar a solicitude de participación, pique no seguinte formulario:

        NON DEIXES PASAR O VERÁN SEN FACER DEPORTE. APÚNTACHE!!

        Documentos relacionados

        • Bases campamentos deportivos 2021 (526 KB)

        Que che parece esta sección?

        -101-101-101

        Síguenos en

        Tes un navegador demasiado antigo!

        Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

        Iniciar sesión