Concello da Coruña

Concello da Coruña

Deportes

Área de Fomento e Promoción da cidade

Cursos de Golf Verán 2025

(xullo e agosto)

18 de xuño - LISTAXE DE ASIGNACIÓN DE PRAZAS

Publícase a listaxe de asignación de prazas (por orde de cursos) para os cursos municipais de golf de xullo e agosto. Pode consultalos na seguinte ligazón:

16 de xuño - Sorteo do número

Pode seguir o sorteo na seguinte ligazón:

13 de xuño - Listaxe definitiva de solicitantes

Tras a finalización do prazo para realizar correccións, publícase a listaxe definitiva de solicitantes, coa inclusión do número de sorteo, asignado por orde cronolóxica de solicitude.

10 de xuño - listaxe provisional

Publícase a listaxe provisional de solicitantes dos cursos municipais de golf de xullo e agosto de 2025.

03 de xuño - convocatoria

CURSOS DE INICIACIÓN AO GOLF VERÁN (XULLO E AGOSTO) DE 2025

  • Presentación de solicitudes: as solicitudes poderanse presentar do 3 de xuño a partir das 08.00 h ata o 8 de xuño de 2025 ás 23.59 h, ambos inclusive.

FORMULARIO DE SOLICITUDE    Solicitude de preinscrición nos cursos municipais de golf

           Debe borrar o historial do navegador en caso de cubrir máis dunha solicitude

  • Listaxe provisional de solicitantes: publicarase o día 10 de xuño de 2025 na páxina web municipal www.coruna.gal/deportes e nos taboleiros de anuncios do propio Campo Municipal de Golf e das instalacións municipais da Cidade Deportiva da Torre, Polideportivo do Barrio das Flores e Palacio dos Deportes de Riazor, e no teléfono de información cidadá 010.
  • Emenda de erros: abrirase un prazo de corrección a partir da data de publicación das listaxes provisionais para que se poidan formular alegacións ata o 12 de xuño de 2025. As ditas alegacións presentaranse por correo electrónico no enderezo: programasdeportivos@coruna.gal
  • Listaxe definitiva de solicitantes: publicarase o 13 de xuño de 2025 a partir das 14.00 h.
  • Sorteo público: terá lugar o 16 de xuño de 2025, ás 09.00 h.
  • Listaxes de adxudicación de prazas e lista de espera: publicarase o 18 de xuño de 2025 a partir das 14.00 h.
  • Matrícula: no Campo Municipal de Golf Torre de Hércules do 19 ao 27 de xuño de 2025 as persoas ás que lles corresponda praza. A xestión da listaxe de espera, os días 28 ao 30 de xuño.

Infantil: de 6 a 11 anos. Xuvenil: de 12 a 16 anos. Persoas adultas: de 17 anos en diante.

GRUPO NIVEL DÍAS HORARIO PRAZAS/MES DATAS CURSOS XULLO DATAS CURSOS AGOSTO
PERSOAS ADULTAS INICIACIÓN LUNS E XOVES 09:30 a 10:30 8 3 xullo - 4 agosto 7 agosto - 8 setembro
LUNS E XOVES 10:30 a 11:30 8 3 xullo -4 agosto 7 agosto - 8 setembro
LUNS E XOVES 12:30 a 13:30 8 3 xullo - 4 agosto 7 agosto - 8 setembro
LUNS E XOVES 19:30 a 20:30 8 3 xullo - 4 agosto 7 agosto - 8 setembro
LUNS E XOVES 20:30 a 21:30 8 3 xullo - 4 agosto 7 agosto - 8 setembro
MARTES E VENRES 09:30 a 10:30 8 1 xullo - 5 agosto 8 agosto - 12 setembro
MARTES E VENRES 10:30 a 11:30 8 1 xullo - 5 agosto 8 agosto - 12 setembro
MARTES E VENRES 12:30 a 13:30 8 1 xullo - 5 agosto 8 agosto - 12 setembro
MARTES E VENRES 19:30 a 20:30 8 1 xullo - 5 agosto 8 agosto - 12 setembro
MARTES E VENRES 20:30 a 21:30 8 1 xullo - 5 agosto 8 agosto - 12 setembro
SÁBADO E DOMINGO 09:30 a 10:30 8 5 xullo - 3 agosto 9 agosto - 7 setembro
SÁBADO E DOMINGO 10:30 a 11:30 8 5 xullo - 3 agosto 9 agosto - 7 setembro
XUVENIL INICIACIÓN LUNS E XOVES 11:30 a 12:30 8 3 xullo - 4 agosto 7 agosto - 8 setembro
INFANTIL INICIACIÓN MARTES E VENRES 11:30 a 12:30 8 1 xullo - 5 agosto 8 agosto -12 setembro
XUVENIL INICIACIÓN SÁBADO E DOMINGO 11:30 a 12:30 8 5 xullo - 3 agosto 9 agosto - 7 setembro
INFANTIL INICIACIÓN SÁBADO E DOMINGO 12:30 a 13:30 8 5 xullo - 3 agosto 9 agosto - 7 setembro

TAXAS

PERSOAS ADULTAS: 29.81 €

INFANTIL: 14.88 €

Documentos relacionados

  • Listaxe de Adjudicacion de Prazas Cursos de Verán 2025 (776 KB)
  • Anexo III Cursos Xullo e Agosto 2025 (159 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión