Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Convocatoria Renovacion EDM 2020/21

ANUNCIO

Todas a publicacións relativas a este proceso faranse polos seguinte medios:

-    Na páxina web municipal  www.coruna.gal/deportes.

-    Nos taboleiros de anuncios das instalacións deportivas municipais.

Asimesmo, poderase obter información no teléfono de información da cidadanía 010

A continuación pode consultar un extracto das bases da convocatoria, pode consultar o documento AQUÍ, ou no documento adxunto ao pe da paxina.

BASES DA CONVOCATORIA (EXTRACTO)

A convocatoria vai dirixida a todo o alumnado matriculado nas EDM no curso 2019-2020, tanto  as  xestionadas  directamente  pola  concellaría  de  Deportes  como  as  que  se xestionan a través das empresas concesionarias do Complexo Deportivo Municipal de San Diego e da Piscina Municipal de San Amaro, sempre e cando o dito alumnado desexe renovar a súa matrícula para o curso 2020-2021.

Debido á situación producida pola declaración do Estado de Alarma como consecuencia do COVID-19 -o cal dou lugar a que se tivesen que suspender temporalmente as Escolas Deportivas Municipais- e tendo en conta que non se pode na actualidade realizar concentracións de xente en espazos públicos, e co fin de garantir a continuidade nas EDM do alumnado matriculado na actualidade, para o curso 2020-2021 terán dereito a renovar nas EDM todas as persoas matriculadas na actualidade.

O dereito a renovación é independente da porcentaxe de faltas de asistencia que se tiveran durante o curso 2019-2020 e poderá renovarse sempre e cando esa actividade teña continuidade no próximo curso e a persoa cumpra coa idade e condición física necesarias para realizar a actividade.

Publicarase unha listaxe de todas as actividades das EDM e dos alumnos/as aos que se lle vai reservar a praza para o seguinte curso.

Non obstante, realizaranse chamadas dende o SMD ás persoas cuxa porcentaxe de faltas de asistencia sexa moi elevada á data de suspensión das actividades para comprobar  se  desexan  renovar  nesa  actividade.  Se  esa  persoa  manifesta  que  non desexa renovar, non se lle reservará a praza.

No caso de que deba realizarse un cambio de grupo por idade ou nos casos de AGÁS, as coordinadoras  das  EDM  asignaranlle  unha  actividade  a  esas  persoas  noutro  grupo sempre e cando iso sexa posible.

A listaxe publicarase do 1 ao 14 de xullo de 2020 e contra a dita listaxe poderanse efectuar as alegacións que se estimen oportunas durante ese prazo. Ao mesmo tempo, as persoas interesadas poderán chamar ao número 981 18 98 00 e consultar o estado da súa renovación.

RENOVACIÓN NAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DE SAN DIEGO E SAN AMARO

As renovacións ordinarias nas EDM impartidas en San Diego e San Amaro faranse nos devanditos centros dentro do horario de atención ao público destes centros, durante os meses de xullo e agosto de 2020 (do 6 de xullo ata o 21 de agosto de 2020)

As renovacións que deban producirse como consecuencia dun cambio de grupo poridade ou por un AGÁS faranse do 31 de agosto ao 4 de setembro de 2020, no mesmo horario. 

RENOVACIÓN NAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS XESTIONADAS DIRECTAMENTE POLA CONCELLARÍA DE DEPORTES

Teñen  o  carácter  de  EDM  xestionadas  directamente  pola  Concellaría  de  Deportes aquelas  escolas  que  se  imparten  nas  instalacións  depotivas  municipais  de  xestión directa.

As renovacións ordinarias das matriculas nas EDM xestionadas directamente pola Concellaría de Deportes farase no Palacio dos Deportes de Riazor, en horario de atención ao público, durante os meses de xullo e agosto (do 6 de xullo ao 21 de agosto de 2020).

O horario de renovación será:

  • De luns a venres de 08:00 a 13:30 horas, excepto a primeira semana completa de agosto (Semana Grande) que será de 08:00 a 12:30 horas.
  • A maiores ábrese un horario extraordinario de tarde do 6 ao 17 de xullo (de luns a venres), de 17:00 a 21:00 horas.

As renovacións que deban producirse como consecuencia dun cambio de grupo por idade ou por un AGÁS faranse do 31 de agosto ao 4 de setembro de 2020, no mesmo horario, excepto para o caso do horario de tarde.

PAGO DA TAXA CORRESPONDENTE

Para que a renovación sexa efectiva o alumnado deberá pagar a taxa correspondente de acordo co previsto na Ordenanzas Fiscal número 15 do Concello da Coruña.

A Ordenanza contempla tarifas reducidas por rendemento económico ou IPREM,  para o cal deberán aportar a documentación preceptiva con carácter previo á data de matriculación.

O pago da taxa poderá realizarse dende o día 6 de xullo de 2020 ata o día 21 de agosto de 2020, no Rexistro do Palacio dos Deportes de Riazor, en horario de atención ao público de 08:00 a 13:30 horas, excepto na primeira semana completa de agosto (Semana Grande) onde o horario será de 08:00 a 12:30 horas.

Ademais, habilitarase un horario de rexistro extraordinario pola tarde, en horario de 17:00 a 21:00 horas, do 6 ao 17 de xullo de 2020, de luns a venres.

RENUNCIA Á PRAZA

As persoas que a día 21 de agosto de 2020 (ás 13:30 horas) non fixeran o pagamento da taxa correspondente entenderase que renuncian á praza na que podían renovar. A dita praza pasará á convocatoria libre e ofertarase no mes de setembro de 2020

CAMBIO DE GRUPO POR IDADE

Cambio de grupo por idade: Sempre que se reúnan todos os requisitos establecidos, permitirase a continuación na mesma modalidade deportiva de EDM ao alumnado que por idade deba cambiar de grupo, a condición de que sexa posible polo número de prazas existentes.

En razón a iso, exceptúanse os grupos correspondentes a (clasificados como AGÁS):

  • Alumnado de Natación de 9 a 11 anos, con cambio a Natación de 12 a 17 anos. (Piscina Municipal de Riazor)
  • Alumnado de Ximnasia de 9-11 anos, con cambio a Ximnasia de 12-17 anos. (Polideportivo da Sagrada Familia)
  • Alumnado de Tenis de 9-11 anos, con cambio a Tenis de 12-17 anos. (Novo Mesoiro)
  • Alumnado de Patinaxe de 6-8 anos, con cambio a Patinaxe de 9-11 anos. (Polideportiva número 1 de Riazor)
  • Alumnado de Minitenis 6-8 anos, con cambio a Tenis 9-11 anos. (Cidade Deportiva da Torre)

AGÁS EDM: o alumando dos grupos numerados como AGÁS intentarase colocar en grupos con prazas dispoñibles.

No caso de que non se poidan colocar todos/as os/as alumnos/as que están en situación de AGAS, realizarase un sorteo e publicarase o resultado. As persoas que non obteñan praza poderán acudir a convocatoria libre no mes de setembro.

O procedemento do sorteo (sempre e cando sexa necesario) será o seguinte:

  • Ordenarase  por  orde  alfabética  de  apelidos.  No  caso  de  apelidos compostos ou con preposicións, só se terá en conta a primeira letra do apelido  composto  e  non  se  terá  en  conta  nunca  a  letra  pola  que empeza a preposición.
  • Sacaranse dúas letras ao azar, sendo a primeira letra extraída a que corresponda co primeiro apelido e a segunda extraída a que corresponda co segundo apelido.
  • Cubriranse   as   prazas   libres   seguindo   as   orde   alfabética   que corresponde en función das letras extraídas.

As renovacións nestes casos farase, unha vez publicada a listaxe ou acordado co alumnado o grupo no que se vai incluír, entre os días 31 de agosto e 4 de setembro de 2020, en horario de atención ao público nos Rexistros do Servizo Municipal de Deportes ou nas oficinas de atención ao público de San Diego e San Amaro.

NORMAS ESPECÍFICAS MOTIVADAS POLA COVID-19

Debido á situación de emerxencia sanitaria motivada pola Covid-19 e co fin de garantir a seguridade das persoas que van realizar as renovacións, establécense as seguintes normas:

Obriga de solicitar cita previa:

O  alumnado  deberá  solicitar  cita  previa  antes de  acudir  ao  rexistro  do  Palacio  dos Deportes de Riazor.

Poderase solicitar cita previa chamando aos seguintes teléfonos:

  • De luns a venres, en horario de atención ao público de 08:00 a 14:00 horas:
    • 981 18 42 00, extensión 88408
    • 981 18 42 00, extensión 88409
  • De luns a venres, en horario de atención ao público de 16:00 a 21:00 horas:
    • 981 18 42 00, extensión 25139

Programarase unha cita previa cada 5 minutos e por matrícula. Unha mesma persoa pode solicitar varias citas para formalizar varias matrículas, de esa persoa ou de familiares.

Deberase acudir á cita con puntualidade, de tal forma que non se formen colas.

Obriga de pagar con importe exacto:

Para evitar contaxios, o alumnado deberá acudir ao rexistro co importe exacto da taxa que debe pagar. Para iso publicarase unha táboa na páxina web www.coruna.gal/deportes onde figuran todos os importes en función da idade.

Outras obrigas:

  • No  momento  de  espera  para  acceder  á  instalación  deberase  gardar  a  distancia obrigatoria de 1,5 metros.
  • E obrigatorio levar máscara en todo momento.
  • Antes de entrar na instalación tomarase a temperatura da persoa que acuda ao rexistro, e non se lle deixará pasar se presenta unha temperatura de 37.5 grados.
  • E obrigatorio desinfectar o calzado na entrada da instalación, nunha alfombra habilitada ao efecto.

Cadro de taxas

Información sobre as taxas municipais aplicadas ás Escolas Deportivas Municipais

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

TAXAS * Consultar taxas reducidas para rendemento económico ou IPREM. Máis información na Ordenanza fiscal núm. 15 vixente

Menores de 18 anos

Actividades en auga e seco

1 día - 18,26 €

2 días - 36,50 €

3 días - 54,30 €

Recuperación funcional

2 días - 67,88 €

3 días - 82,32 €

Entre 18 e 64 anos

Actividades en auga e seco

2 días - +18 anos - 55,17 €

3 días - +18 anos - 82,32 €

Recuperación funcional

2 días - +18 anos - 95,03 €

3 días - +18 anos - 121,35 €

Maiores de +65 anos

Actividades en auga e seco

2 días - +65 anos - 10,18 €

3 días - +65 anos - 16,14 €

Recuperación funcional

2 días - +65 anos - 57,58 €

3 días - +65 anos - 72,02 €

Considérase a idade a 31 de decembro de 2020

Pódese descargar este cadro no documento Anuncio de renovación EDM - curso 2020/21, anexo no pé desta páxina.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión