Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Coruña No Mar

A influencia exercida polo mar na cidade e nas nosas rutinas é innegable, pero aínda así existe un gran descoñecemento de todo o relacionado con el.

Con todo, o mar sempre supuxo para a cidadanía un punto de interese e motivación óptimo, non só por estar estreitamente ligado ao contexto sociocultural no que vivimos na cidade da Coruña, senón tamén como tema do que parten moitos coñecementos a desenvolver, comezando polo respecto ao medio ambiente, ás paisaxes costeiras e ao ciclo da auga, entre outros.

É por isto, que este programa procura axudar á veciñanza a saber se desenvolver no seu contorno, desenvolvendo a súa propia identidade e realizando actividades acuáticas deportivas no marco da nosa cidade.

Todo ilo empregando o gran potencial de infraestruturas e entidades deportivas coas que conta a cidade, pudendo deste xeito realizar unha oferta a toda a cidadanía, baseada na facilidade de oportunidades de aprendizaxe, dirixida ao mar como contorno próximo e cotiá na vida das persoas.

Listaxes definitivas para adxudicación de prazas

Procédese á publicación da listaxe definitiva de adxudicación de prazas do programa "Coruña no Mar - Agosto e Setembro 2021"

Pode consultalos nas seguintes ligazóns

Para a elaboración destas listaxes seguíronse os seguintes criterios:

  • Persoas empadroadas no Concello da Coruña.
  • Participar nas actividades de xullo. (nas actividades de iniciación preferencia NON, actividades perfeccionamento requisito SI)
  • Orde de preferencia nas actividades indicadas.
  • Número asignado á solicitude tendo coma base o que saíu no sorteo do 16 de xullo.

Nas actividades de perfeccionamento nas que non se acadaron as solicitudes mínima necesarias ou que non cumpriran os requisitos das mesmas, refundíronse cos correspondentes grupos en datas e nivel de iniciación, segundo se indica no punto 3.4 das bases da convocatoria:

"O SMD, por motivos técnicos, pedagóxicos, organizativos ou outras circunstancias concorrentes, resérvase a facultade de reaxustar os grupos e, se fose necesario, deixalos sen efecto. Neste sentido, non se levarán a cabo as actividades que non conten cun mínimo do 30% de inscricións sobre as prazas ofertadas."

Prazo para a formalización da inscrición: do 21 ao 26 de xullo, preferentemente a través do correo electrónico deportes@coruna.gal, ou de xeito presencial nas Oficinas do SMD, situadas na Cidade Deportiva da Torre, Palacio de Deportes de Riazor ou Polideportivo do Barrio das Flores . Será imprescindible concertar cita previa antes de acudir a unha oficina de atención ao público.

A inscrición non estará formalizada ata recibir a confirmación por parte do Servizo Municpal de Deportes.

Documentación: 

  • Folla de inscrición - Coruña no Mar
  • Fotocopia do DNI (dende os 14 anos) ou fotocopia do libro de familia na que apareza o solicitante
  • Para menores de idade ou persoas suxeitas a tutela, aínda que dispoñan de DNI propio, deberá presentar Libro de Familia e DNI de pai/nai ou titor/titora legal.
  • No caso de persoas suxeitas a tutela, deberá achegarse tamén o documento legal que a acredite.

A persoa solicitante ou, no seu caso, quen teña a súa representación legal, fará constar que cumpre cos requisitos de inscrición: 

  • Saber nadar.
  • Que non padece ningunha enfermidade que lle incapacite para a práctica da actividade deportiva.
  • No suposto de padecer algún tipo de discapacidade, ou existir calquera outra cuestión relevante que poida incidir na práctica deportiva, deberá achegarse informe clínico dirixido ao Servizo Municipal de Deportes.

Coa formalización da inscrición, o alumnado comprométese a cumprir co protocolo Covid-19 aprobado polo Concello da Coruña, así como coa normativa sanitaria en vigor.

Chamadas á listaxe de agarda (no caso de non cubrir as prazas ofertadas): 27 e 28 de xullo.

Sorteo Público Coruña No Mar - Agosto e Setembro

16 de xuño - Sorteo Público

Unha vez realizados o sorteo público nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes, obtivéronse os seguintes números:

  • Para os cursos semanais: 362
  • Para as actividades de fin de semana: 417

A publicación das listaxes de persoas admitidas e en lista de agarda realizarase o 21 de xullo na web de Deportes. Poderá consultalas tamén no 010 e no teléfono 981 189800.

Pode ver o video do sorteo a continuación:

Vídeo do sorteo das actividades de Coruña no Mar - Agosto e Setembro 2021

Listaxes provisionais - Agosto e Setembro

13 de xullo - Listaxes Provisionais

Procédese á publicación das listaxes provisionais de solicitantes de prazas do programa "Coruña no Mar - Agosto e Setembro 2021"

Pode consultalos nas seguintes ligazóns:

Prazo de emenda de erros: a partir da data de publicación de listaxes provisionais, abrirase un prazo de 3 días naturais para alegacións e corrección de erros, dende o 13 ao 15 de xullo, preferentemente a través do correo electrónico deportes@coruna.gal

No caso de non dispoñer dos medios necesarios, poderá realizarse presencialmente nas oficinas do SMD en horario de atención ao público, solicitando cita previa.

Durante o prazo de corrección, non se aceptarán novas solicitudes nin se poderán facer cambios nos cursos ou actividades solicitadas.

Sorteo de adxudicación de prazas: 16 de Xullo

Bases e Convocatoria

ACTIVIDADES

Poderanse elexir entre dous tipos: Cursos Semanais ou Actividades de Fin de Semana, os cales pode consultar despregando os seguintes apartados:

CURSOS INTENSIVOS SEMANAIS

XULLO (Prazo pechado)

Actividade Quenda Horas Idades Prazas LUGAR
Surf 1ª Quenda: 5 ao 9 de xullo 17:00 a 19:00h Máis 10 anos 12 Iniciación PRAIA DO ORZAN
Surf 2ª Quenda: 12 ao 16 de xullo 17:00 a 19:00h Máis 10 anos 12 Iniciación
Surf 3ª Quenda: 19 ao 23 de xullo 17:00 a 19:00h Máis 10 anos 12 Iniciación
Surf 4ª Quenda: 26 ao 30 de xullo 17:00 a 19:00h Máis 10 anos 12 Iniciación
Paddle Surf 1ª Quenda: 5 ao 9 de xullo 16:00 a 18:00h Máis 10 anos 12 Iniciación  DIQUE DE ABRIGO
Paddle Surf 2ª Quenda: 12 ao 16 de xullo 16:00 a 18:00h Máis 10 anos 12 Iniciación
Paddle Surf 3ª Quenda: 19 ao 23 de xullo 16:00 a 18:00h Máis 10 anos 12 Iniciación
Paddle Surf 4ª Quenda: 26 ao 30 de xullo 16:00 a 18:00h Máis 10 anos 12 Iniciación
Piragüismo 1ª Quenda: 5 ao 9 de xullo 16:00 a 18:00h Máis 8 anos 12 Iniciación BASE NÁUTICA PRAIA DE OZA
Piragüismo 2ª Quenda: 12 ao 16 de xullo 16:00 a 18:00h Máis 8 anos 12 Iniciación
Piragüismo 3ª Quenda: 19 ao 23 de xullo 16:00 a 18:00h Máis 8 anos 12 Iniciación
Piragüismo 4ª Quenda: 26 ao 30 de xullo 16:00 a 18:00h Máis 8 anos 12 Iniciación
Snorkel 1ª Quenda: 5 ao 9 de xullo 12:00 a 14:00h Máis 10 anos 8 Iniciación PRAIA DE SAN AMARO
Snorkel 2ª Quenda: 12 ao 16 de xullo 12:00 a 14:00h Máis10 anos 8 Iniciación
Snorkel 3ª Quenda: 19 ao 23 de xullo 12:00 a 14:00h Máis 10 anos 8 Iniciación
Snorkel 4ª Quenda: 26 ao 30 de xullo 12:00 a 14:00h Máis 10 anos 8 Iniciación
Vela Lixeira 1ª Quenda: 5 ao 9 de xullo 16:00 a 18:00h Máis 8 anos 12 Iniciación CLUB MARÍTIMO DE OZA "O PUNTAL"
Vela Lixeira 2ª Quenda: 12 ao 16 de xullo 16:00 a 18:00h Máis 8 anos 12 Iniciación
Vela Lixeira 3ª Quenda: 19 ao 23 de xullo 16:00 a 18:00h Máis 8 anos 12 Iniciación
Vela Lixeira 4ª Quenda: 26 ao 30 de xullo 16:00 a 18:00h Máis 8 anos 12 Iniciación
Windsurf 1ª Quenda: 5 ao 9 de xullo 17:00 a 19:00h Máis 13 anos 8 Iniciación BASE NÁUTICA PRAIA DE OZA
Windsurf 2ª Quenda: 12 ao 16 de xullo 17:00 a 19:00h Máis 13 anos  8 Iniciación
Windsurf 3ª Quenda: 19 ao 23 de xullo 17:00 a 19:00h Máis 13 anos 8 Iniciación
Windsurf 4ª Quenda: 26 ao 30 de xullo 17:00 a 19:00h Máis 13 anos 8 Iniciación

AGOSTO E SETEMBRO

Actividade Quenda Horas Idades Prazas LUGAR
Surf 5ª Quenda: 2 ao 6 de agosto 17:00 a 19:00h Máis 10 anos 6 Inic. + 6 Perf. PRAIA DO ORZAN
Surf 6ª Quenda: 9 ao 13 de agosto 17:00 a 19:00h Máis 10 anos 6 Inic. + 6 Perf.
Surf 7ª Quenda: 16 ao 20 de agosto 17:00 a 19:00h Máis 10 anos 6 Inic. + 6 Perf.
Surf 8ª Quenda: 23 ao 27 de agosto 17:00 a 19:00h Máis 10 anos 6 Inic. + 6 Perf.
Surf 9ª Quenda: 30 ao 3 de setembro 17:00 a 19:00h Máis 10 anos 12 Perfeccionamento
Paddle Surf 5ª Quenda: 2 ao 6 de agosto 16:00 a 18:00h Máis 10 anos 6 Inic. + 6 Perf. DIQUE DE ABRIGO
Paddle Surf 6ª Quenda: 9 ao 13 de agosto 16:00 a 18:00h Máis 10 anos 6 Inic. + 6 Perf.
Paddle Surf 7ª Quenda: 16 ao 20 de agosto 16:00 a 18:00h Máis 10 anos 6 Inic. + 6 Perf.
Paddle Surf 8ª Quenda: 23 ao 27 de agosto 16:00 a 18:00h Máis 10 anos 6 Inic. + 6 Perf.
Paddle Surf 9ª Quenda: 30 ao 3 de setembro 16:00 a 18:00h Máis 10 anos 12 Perfeccionamento
Piragüismo 5ª Quenda: 2 ao 6 de agosto 16:00 a 18:00h Máis 8 anos 12 Iniciación BASE NÁUTICA PRAIA DE OZA
Piragüismo 6ª Quenda: 9 ao 13 de agosto 16:00 a 18:00h Máis 8 anos 12 Iniciación
Piragüismo 7ª Quenda: 16 ao 20 de agosto 16:00 a 18:00h Máis 8 anos 12 Iniciación
Piragüismo 8ª Quenda: 23 ao 27 de agosto 16:00 a 18:00h Máis 8 anos 12 Iniciación
Piragüismo 9ª Quenda: 30 ao 3 de setembro 16:00 a 18:00h Máis 8 anos 12 Iniciación
Vela Lixeira 5ª Quenda: 2 ao 6 de agosto 16:00 a 18:00h Máis 8 anos 6 Inic. + 6 Perf. CLUB MARÍTIMO DE OZA "O PUNTAL"
Vela Lixeira 6ª Quenda: 9 ao 13 de agosto 16:00 a 18:00h Máis 8 anos 6 Inic. + 6 Perf.
Vela Lixeira 7ª Quenda: 16 ao 20 de agosto 16:00 a 18:00h Máis 8 anos 6 Inic. + 6 Perf.
Vela Lixeira 8ª Quenda: 23 ao 27 de agosto 16:00 a 18:00h Máis 8 anos 6 Inic. + 6 Perf.
Vela Lixeira 9ª Quenda: 30 ao 3 de setembro 16:00 a 18:00h Máis 8 anos 12 Perfeccionamento
Windsurf 5ª Quenda: 2 ao 6 de agosto 17:00 a 19:00h Máis 13 anos 4 Inic. + 4 Perf. BASE NÁUTICA PRAIA DE OZA
Windsurf 6ª Quenda: 9 ao 13 de agosto 17:00 a 19:00h Máis 13 anos 4 Inic. + 4 Perf.
Windsurf 7ª Quenda: 16 ao 20 de agosto 17:00 a 19:00h Máis 13 anos 4 Inic. + 4 Perf.
Windsurf 8ª Quenda: 23 ao 27 de agosto 17:00 a 19:00h Máis 13 anos 4 Inic. + 4 Perf.
Windsurf 9ª Quenda: 30 ao 3 de setembro 17:00 a 19:00h Máis 13 anos 8 Perfeccionamento

XULLO (Prazo pechado)

Actividade Data Horas/Día Idades Prazas LUGAR
Kayak de Mar Sábado 24 de xullo 10:00 a 12:00h Máis 8 anos 12 BASE NÁUTICA PRAIA DE OZA
Navegación Costeira Venres 9 de xullo 9:00 a 14:00h Máis 12 anos 9 DARSENA DA MARIÑA
Navegación Costeira Venres 16 de xullo 9:00 a 14:00h Máis 12 anos 9
Navegación Costeira Venres 23 de xullo 9:00 a 14:00h Máis 12 anos 9
Navegación Costeira Venres 30 de xullo 9:00 a 14:00h Máis 12 anos 9
Mergullo Sábado 10 de xullo 11:00 a 14:00h Máis 14 anos 12 CLUB DO MAR DE SAN AMARO
Mergullo Sábado 17 de xullo 11:00 a 14:00h Máis 14 anos 12
Mergullo Sábado 24 de xullo 11:00 a 14:00h Máis 14 anos 12
Mergullo Sábado 31 de xullo 11:00 a 14:00h Máis 14 anos 12
Pesca Fondeada Domingo 4 de xullo 9:30 a 12:30h Máis 8 anos 8 CLUB DO MAR DE SAN AMARO
Pesca Fondeada Domingo 11 de xullo 9:30 a 12:30h Máis 8 anos 8
Pesca Fondeada Domingo 18 de xullo 9:30 a 12:30h Máis 8 anos 8
Pesca Fondeada Domingo 25 de xullo 9:30 a 12:30h Máis 8 anos 8

AGOSTO E SETEMBRO

Actividade Data Horas/Día Idades Prazas LUGAR
Kayak de Mar Sábado 14 de agosto 10:00 a 12:00h Máis 8 anos 12 BASE NÁUTICA PRAIA DE OZA
Kayak de Mar Domingo 22 de agosto 10:00 a 12:00h Máis 8 anos 12
Kayak de Mar Domingo 29 de agosto 10:00 a 12:00h Máis 8 anos 12
Navegación Costeira Venres 3 de setembro 9:00 a 14:00h Máis 12 anos 9 DARSENA DA MARIÑA
Navegación Costeira Venres 10 de setembro 9:00 a 14:00h Máis 12 anos 9
Mergullo Sábado 7 de agosto 11:00 a 14:00h Máis 14 anos 12 CLUB DO MAR DE SAN AMARO
Pesca Fondeada Domingo 1 de agosto 9:30 a 12:30h Máis 8 anos 8 CLUB DO MAR DE SAN AMARO

BASES DA CONVOCATORIA - CORUÑA NO MAR

PERSOAS BENEFICIARIAS

O programa diríxese ao conxunto da cidadanía do municipio da Coruña, abarcando nenas e nenos (idade segundo modalidade deportiva), a mocidade e a poboación adulta, co único requisito de saber nadar.

PRAZOS DE SOLICITUDE

  1. Establécense dous prazos de solicitudes, un para actividades de XULLO, e outro para AGOSTO e SETEMBRO, coas seguintes datas:
CURSOS E ACTIVIDADES AGOSTO E SETEMBRO
Prazo solicitudes 5 ao 12 de xullo
Listaxes provisionais 13 de xullo
Prazo subsanación 13 a 15 de xullo
Sorteo* 16 de xullo
Listaxes adxudicación de prazas 21 de xullo
Formalización inscrición 21 a 26 de xullo
Lista de agarda 27 e 28 de xullo
  • 2 Cursos semanais, indicando cal se establece como 1ª e 2ª opción.
  • 2 Actividades fin de semana, indicando cal se establece como 1ª, e 2ª opción.

No caso de rexistrar no mesmo prazo máis dunha solicitude para Cursos, ou para Actividades, sempre se terán en conta as derradeiras, anulando con estas todas as feitas con anterioridade.

Orde de preferencia: Nos supostos en que o número de prazas solicitadas sexa maior das ofertadas, para a orde de preferencia terase en conta:

  1. As persoas empadroadas no Concello da Coruña.
  2. As persoas que menos teñan participado no programa "Coruña no Mar".
  3. O Sorteo de prazas segundo o número de solicitude asignado, e conforme ao agraciado no sorteo público establecido para cada prazo de solicitudes (xullo e agosto-setembro)
  4. A orde de preferencia nas actividades indicada na solicitude.

Pode facer a solicitude no formulario insertado na seguinte ligazón, o prazo remata o día 12 de xullo.

No caso de non dispoñer dos medios telemáticos pode chamar ao teléfono 981 18 98 00, Ext. 25037 ou 25038 para cumplimentar a solicitude, en horario de atención ao público de 08:00 a 15:00h

FORMALIZACIÓN DA INSCRICIÓN UNHA VEZ OBTIDA A PRAZA (extracto) 

Pode consultar todas as bases, que se publicarán en breve.

Tras a adxudicación da praza, a inscrición formalizarase cubrindo e facendo chegar a folla de inscrición (PODE DESCARGALA AQUÍ), nas datas establecidas ao efecto para cada convocatoria, e preferentemente a través do correo electrónico deportes@coruna.gal, ou de xeito presencial nas oficinas do SMD, situadas na Cidade Deportiva da Torre, Palacio de Deportes de Riazor e Polideportivo do Barrio das Flores, no horario de rexistro e atención ao público do Concello (de 08:00 a 13:30h) solicitando previamente cita na seguinte ligazón Cita Previa

Documentación: 

  • Fotocopia do DNI (dende os 14 anos).
  • Para menores de idade ou persoas suxeitas a tutela, aínda que dispoñan de DNI propio, deberá presentar Libro de Familia e DNI de pai/nai ou titor/titora legal.
  • No caso de persoas suxeitas a tutela, deberá achegarse tamén o documento legal que a acredite.

A persoa solicitante ou, no seu caso, quen teña a súa representación legal, fará constar que cumpre cos requisitos de inscrición

  • Saber nadar.
  • Que non padece ningunha enfermidade que lle incapacite para a práctica da actividade deportiva.
  • No suposto de padecer algún tipo de discapacidade, ou existir calquera outra cuestión relevante que poida incidir na práctica deportiva, deberá achegarse informe clínico dirixido ao Servizo Municipal de Deportes.

Coa formalización da inscrición, o alumnado comprométese a cumprir co protocolo Covid-19 aprobado polo Concello da Coruña, así como coa normativa sanitaria en vigor.

Lista de agarda: As prazas que queden sen cubrir no prazo de formalización da inscrición, serán ocupadas segundo lista de agarda, atendendo sempre aos criterios de orde de preferencia do punto 4.6 das bases.

A formalización da inscrición leva implícito o compromiso de ocupación da praza, polo que a falta de asistencia, poderá acarrear a imposibilidade de participar en ningunha outra actividade do Programa, durante o ano en curso.

Os Cursos e Actividades de "CORUÑA NO MAR" serán GRATUÍTOS.

NORMAS ESPECÍFICAS MOTIVADAS POLA COVID-19

Debido á situación de emerxencia sanitaria motivada pola Covid-19 e co fin de garantir a seguridade das persoas que van realizar a formalización da praza, establécense as seguintes normas sempre e cando no sexa posible formalizar a matrícula mediante o envio da documentación ao correo deportes@coruna.gal:

Obriga de solicitar cita previa:

O alumnado deberá solicitar cita previa antes de acudir a unha oficina de atención ao público.

Poderase solicitar cita previa a través da páxina web municipal, www.coruna.gal, ou chamando ao teléfono 981 18 98 00, Ext. 25037 ou 25038.

Unha mesma persoa pode solicitar varias citas para formalizar varias matrículas.

Deberase acudir á cita con puntualidade, de tal forma que non se formen colas.

Outras obrigas:

  • No  momento  de  espera  para  acceder  á  instalación  deberase  gardar  a  distancia obrigatoria de 1,5 metros.
  • É obrigatorio levar máscara en todo momento.
  • Antes de entrar na instalación tomarase a temperatura da persoa que acuda ao rexistro, e non se lle permitirá pasar se presenta unha temperatura de 37.5 grados ou superior.
  • É obrigatorio desinfectar o calzado na entrada da instalación, nunha alfombra habilitada ao efecto.

Documentos relacionados

  • Bases da Convocatoria - CORUÑA NO MAR (720 KB)

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión