Concello da Coruña

Concello da Coruña

Coruña21 solta as súas lebres no asfalto herculino

O medio maratón contará con deportistas que irán a seis velocidades diferentes para lle axudar ao resto de participantes a lograr as súas marcas

Cando:

25 de xaneiro de 2023

As lebres regresan ao asfalto da Coruña o próximo 12 de febreiro na décimo quinta edición do medio maratón Coruña21.

Co obxectivo de lles axudar ás persoas participantes na proba para lograr as marcas que ambicionan na C21 haberá seis ritmos diferentes de carreira.

O máis alto será de aproximadamente 3:45 por quilómetro para completar o medio maratón en 1h20.

Haberá lebres tamén para ir a 4 minutos por quilómetro (1h24), a 4:15 (1h30), a 4:30 (1h35), a 4:45 (1h40), a 4:59 (1h45) e a 5:40 (2h).

Catro clubs de atletismo colaborarán coa achega de lebres para a carreira. Son Club Atletismo Narón, Club Hércules Termaria, Nosportlimit, Coruña Comarca e La Mochila del Deporte, que prestarán os seus atletas para que Coruña21 poida contar con este servizo.

A firma coruñesa The Cobardes incorpórase como colaborador ás carreiras da cidade e encargarase de equipar as lebres coa súa roupa técnica para as carreiras.

Coruña21 aínda ten as inscricións abertas. O domingo 29 de xaneiro conclúe o primeiro prazo ordinario cunha cota de 18 euros para participar no medio maratón. Máis de mil atletas apuntáronse xa ás carreiras que se realizarán o 12 de febreiro.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión