Concello da Coruña

Concello da Coruña

Inés Rey anima na gala de Coruña Corre a volver bater o récord de participación do circuíto de carreiras populares neste 2023

O Ágora acolleu a despedida da edición do 2022, coa entrega de distincións aos mellores e ás mellores atletas e o anuncio das datas do circuíto deste ano

Cando:

26 de xaneiro de 2023

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a gala final do circuíto Coruña Corre 2022, que contou coa presenza dos mellores corredores e corredoras das oito probas que compuxeron esta edición, as sete habituais do circuíto e a carreira especial que rendeu homenaxe aos 50 anos da apertura do CHUAC.

O acto, que tivo un formato de 'late night', estivo conducido por Xalo Maira e Pablo Muñoz, e contou coa colaboración de Adela Bértolo. Polo escenario do Centro Sociocultural Ágora pasaron as e os mellores clasificados das diferentes categorías deste circuíto de carreiras populares. Inés Rey foi a encargada de entregar os premios da categoría absoluta, que foron para Álvaro Presedo, Abdelaziz Fatihi e Álvaro Marín no cadro masculino e para Uxía Rodríguez, Nerea Sánchez e Nati García polo cadro feminino.

A gala, á que asistiron máis de 200 persoas relacionadas co mundo das carreiras populares, do deporte coruñés e das asociacións veciñais, serviu para avanzar as datas das sete carreiras que compoñen o circuíto Coruña Corre 2023. A primeira carreira popular será o 18 de marzo, cando se realizará a Nocturna da Torre de Hércules. As seguintes serán: Baixada Popular de Cross de San Pedro de Visma (7 de maio), Carreira Popular dos Rosales (21 de maio), Carreira Popular de Matogrande (25 de xuño), Carreira Popular Volta a Oza (10 de setembro), Carreira Popular do Ventorrillo (22 de outubro) e Carreira Popular de Novo Mesoiro (26 de novembro).

"Nesta nova edición temos o reto de superar as 12.000 persoas inscritas do pasado 2022, que foi o mellor rexistro das sete edicións deste circuíto", sinalou Inés Rey, que quixo tamén animar a participar na 5K da Coruña21, que servirá como punto de partida deste circuíto e que se celebrará por primeira vez este ano vinculada ao medio maratón. A rexedora tamén destacou os importantes avances acadados nos últimos anos para favorecer a práctica do deporte na rúa, como o carril para correr, que se creou no Paseo Marítimo tras a pandemia e que goza dunha moi alta aceptación entre as persoas deportistas da cidade. Esta infraestrutura verase mellorada nos próximos meses, cando finalicen as obras de urbanización do paseo no seu tramo entre As Ánimas e o cemiterio de Santo Amaro. 

"O deporte mellora notablemente a calidade de vida de quen o practica e xa nos quedou claro neste circuíto, con numerosas persoas corredoras veteranas, que nunca é tarde para comezar a practicalo", sinalou Inés Rey.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión