Concello da Coruña

Concello da Coruña

O Concello concederalles bolsas a 65 deportistas por destacaren até en 20 especialidades

Cinco deles conseguiron unha axuda olímpica ou paralímpica de 5.000 euros cada unha para apoialos no seu camiño a Tokio 2021

Cando:

2 de decembro de 2020

O Concello concederalles bolsas a 65 deportistas individuais por un importe total de preto de 122.000 euros, en que destacan Víctor Castro Mariño na especialidade de halterofilia; o judoka Alberto Gaitero Martín, o nadador Jacobo Garrido Brun, o boxeador Enmanuel Reyes Pla, e Alberto Seoane Alcaraz, na especialidade de tenis de mesa. Estes cinco contarán cunha axuda olímpica ou paralímpica de 5.000 euros. A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, sinalou que este ano se incrementaron estas axudas e que aínda que nun principio se consignaron 60.000 euros, "a elevada demanda de bolsas fixo que o Goberno municipal ampliase ese crédito aos 122.500 euros".

Segundo a proposta de resolución provisional, o Servizo Municipal de Deportes revisou todas as solicitudes que lles remitiron as persoas demandantes no mes de xullo e publicou no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP) do 27 de agosto e na páxina web do Concello o trámite de emendas das solicitudes formuladas, que se estendeu até o 10 de setembro. Unha vez que se pechou este período, a Mesa de avaliación estudou a documentación para propoñer a listaxe final de 65 coruñesas e coruñeses merecedores dunha bolsa por destacaren até en 20 deportes, desde a vela até o bádminton.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión