Concello da Coruña

Concello da Coruña

O Consello Municipal do Deporte da Coruña elixe os dez vogais da Comisión Permanente cunha altísima participación nas eleccións

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, lembra que o CMD será "o que o deporte coruñés queira que sexa" e considera que "unha das tarefas urxentes" ten que ser "a participación en pé de igualdade da muller no tecido directivo do deporte coruñés"

Cando:

28 de maio de 2021

O Consello Municipal do Deporte da Coruña vén de nomear nun Pleno extraordinario no Frontón de Riazor os dez vogais da Comisión Permanente deste órgano consultivo que será, segundo dixo a concelleira de Deportes, Mónica Martínez, o que "o deporte coruñés queira que sexa".O Pleno celebrouse en segunda convocatoria despois dunha xornada de votación á que estaban convocadas 131 entidades e persoas do tecido deportivo da cidade e que se pechou no Pazo dos Deportes de Riazor cunha altísima participación, o 74,8% do censo electoral (98 votos).Cada entidade membro do Consello Municipal do Deporte, a través da súa ou do seu representante titular ou suplente, debidamente acreditadas/os, puido votar un máximo de tres candidaturas das 31 que se presentaron. A urna foi custodiada por funcionarias/os do Concello da Coruña durante toda a xornada electoral, así como unha vez rematada ás 18:00 horas até a súa apertura durante a celebración do Pleno extraordinario, en que foron anunciados os resultados."Como dixen no Pleno de Constitución, o Consello Municipal do Deporte será o que o deporte coruñés queira que sexa. Con este novo paso dado, toca agora organizármonos para poñer en marcha os grupos de traballo. E é aquí onde tocará achegar todo o voso coñecemento, todas as vosas inquedanzas e necesidades para conformarmos as bases do deporte coruñés dos vindeiros anos", explicou a concelleira no Pleno.Lembrou tamén que "só desde a idea de grupo, desde o concepto de gremio do deporte coruñés, desde a convicción de que avanzaremos se logramos excluír os individualismos e apostar por todo aquilo que nos é común", poderanse conseguir os obxectivos propostos. "Ningún de nós é tan bo como todos nós xuntos", recalcou.Foron elixidos vogais da Comisión Permanente: Galicia Rollers (8 votos), Coruña Comarca (24), Aspronaga (25), San Cristóbal das Viñas (23), Agrupación de Montañeros Independientes (11), CRAT (32), HC Liceo (11), Ximnasia Coruña (22), Club Básquet Coruña (13) e GRUMICO (12).En nome da presidenta do CMD, a alcaldesa Inés Rey, Mónica Martínez, en calidade de vicepresidenta, emprazou ás e aos asistentes á "participación en pé de igualdade da muller no tecido directivo do deporte coruñés" como "unha das tarefas urxentes a acometer pola Comisión Permanente e os futuros grupos de traballo". Así, apelou ao artigo 10 das normas de funcionamento do Consello Municipal do Deporte, en que se propón incentivar a representación paritaria de homes e mulleres.Das 104 entidades deportivas que aceptaron a invitación da alcaldesa para participaren no Consello, 22 escolleron unha muller como representante titular e outras 19 escolleron unha muller como representante suplente. Ademais, das 104, 9 designaron mulleres tanto para titulares como para suplentes. "Esta tamén é unha tarefa pendente que máis cedo que tarde debemos corrixir. A maior presenza das mulleres na vida pública é unha das prioridades do goberno que dirixe Inés Rey", indicou Martínez.A concelleira propuxo que no mes de xuño teña lugar a primeira reunión da Comisión Permanente e anunciou que a data concreta será comunicada nos vindeiros días.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión