No BOP de A Coruña de data 30.01.2023 publícase o requirimento de emenda das solicitudes da convocatoria de subvencións para entidades deportivas correspondente o ano 2023.
O prazo para presentar a documentación emendada é de 10 días hábiles a partir do seguinte ao da súa publicación, é dicir, entre o 31 de xaneiro e o 13 de febreiro de 2023, ambos inclusive.
A documentación deberá presentarse preferentemente a través da sede electrónica do Concello da Coruña con destino ao servizo municipal de Deportes, utilizando o procedemento "Achega de documentación e/ou alegacións a un expediente" e citando o número de expediente (indícase na publicación no BOP) na seguinte ligazón: Achega de documentación e/ou alegacións a un expediente
Documentos relacionados
A Concellaría de Deportes do Concello da Coruña acaba de publicar a convocatoria para o ano 2023, a través do Acordo de Xunta de Goberno Local de data 23 de novembro de 2022, das subvencións destinadas ás entidades sen ánimo de lucro para o fomento e o apoio á realización de actividades físicas e deportivas no Concello da Coruña.
O extracto desta convocatoria foi publicado mediante anuncio no BOP de A Coruña núm. 226, do 29 de novembro de 2022, coa seguinte referencia: Ref. 211/2022/983 Convocatoria Deportes - BDNS (Identif.): 660755.
O enlace público de consulta é:
https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2022/11/29/2022_0000007403.pdf
O plazo de presentación de instancias é de 20 días naturais a partir do seguinte ao da súa publicación no BOP, é decir, do 30 de novembro ao 19 de decembro de 2022, ambos incluídos.
As solicitudes de subvención deberanse presentar no modelo oficial establecido que se adxunta a esta convocatoria E PREFERENTEMENTE a través da sede electrónica do Concello da Coruña no seguinte enlace:
https://sede.coruna.gal/sede/es/tramites-y-servicios-electronicos/guia-de-procedimientos-y-servicios/detalle-de-procedimientos/subvenciones-para-entidades-deportivas/contenido/1453753527299
A non utilización dos modelos oficiais establecidos na sede electrónica do Concello da Coruña será causa de desestimación da solicitude presentada.
Tamén poderán presentarse por calquera dos medios regulados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Neste caso, a entidade deportiva deberá remitir copia do asento presentado á dirección de correo electrónico uadeportes@coruna.gal indicando o rexistro e a data de presentación.
Ao pé de paxina pode descargar todos os documentos desta convocatoria.
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible