Concello da Coruña

Concello da Coruña

Deportes

Concellería de Deportes

Requirimento de emenda

REQUIRIMENTOS DE EMENDA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA SUBVENCIÓNS ENTIDADES DEPORTIVAS 2022

No BOP de A Coruña número 178, de data 19.09.2022, publícase o requirimento de emenda das solicitudes da convocatoria extraordinaria de subvencións para entidades deportivas correspondente o ano 2022.

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2022/09/19/2022_0000005747.pdf

O prazo para presentar a documentación emendada é de 10 días hábiles a partir do seguinte ao da súa publicación, é dicir, entre o 20 de setembro e o 3 de outubro de 2022, ambos inclusive.

A documentación deberá ser presentada a través da sede electrónica do  Concello da Coruña con destino ao servizo municipal de Deportes, utilizando o procedemento "Achega de documentación e/ou  alegacións a un expediente" e citando o número de expediente (indícase na publicación no BOP) na seguinte ligazón:

https://sede.coruna.gal/sede/gl/tramites-e-servizos-electronicos/guia-de-procedementos-e-servizos/detalle-de-procedementos/achega-de-documentacion-e-ou-alegacions-a-un-expediente/contenido/1453748708796

ANUNCIO - Convocatoria Extraordinaria de Subvención para Entidades Deportivas 2022

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE SUBVENCIÓNS PARA ENTIDADES DEPORTIVAS 2022

A Concellaría de Deportes do Concello da Coruña acaba de publicar a convocatoria extraordinaria para o ano 2022, a través do Acordo de Xunta de Goberno Local de data 5 de agosto de 2022 (BOP núm. 161, de 25 de agosto de 2022), das subvencións destinadas ás entidades sen ánimo de lucro para o fomento e o apoio á realización de actividades deportivas no Concello da Coruña para o ano 2022 para a participación e/ou consecución dun resultado deportivo en competicións desenvolvidas no ámbito federativo e organización de eventos deportivos e competicións na cidade de A Coruña (Tipos 1, 1.1 e 5).

As principais novidades desta convocatoria extraordinaria son as seguintes:

 - Só se pode presentar unha única solicitude por cada entidade deportiva, e se concederá como máximo unha (1) subvención por entidade deportiva.

 - Os tipos os que se poden optar son 3: tipo 1, tipo 1.1 se ten convenio nominativo e tipo 5.

O extracto desta convocatoria foi publicado mediante anuncio no BOP de Coruña nº 161, de 25 de agosto de 2022, coa seguinte referencia: Ref. 211/2022/791 Convocatoria Deportes - BDNS (Identif.): 644223. O enlace público de consulta é o seguinte:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/644223

O prazo de presentación de instancias é de 15 días naturais a partir do seguinte ao da súa publicación no BOP, é decir, do 26 de agosto ao 9 de setembro de 2022, ambos inclusive. 

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2022/08/25/2022_0000005198.pdf

A documentación poderán presentala a través da sede electrónica do Concello da Coruña con destino ao servizo municipal de Deportes, ou por calquera dos medios recollidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015. 

O enlace á sede electrónica do Concello da Coruña é nesta Subvenciones para entidades deportivas .

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión