Concello da Coruña

Concello da Coruña

Prazas libres

03 de setembro: prazas dispoñibles para matrícula libre

Publícase a listaxe de prazas vacantes das actividades puntuais de setembro para a matricula das persoas que o desexen por rigurosa orde de chegada.

ACTIVIDADE PRAZAS LIBRES
02. COSTAS SAS +18 ANOS_CD RIAZOR_MA-XO 08:00-08:45            2
03. COSTAS SAS +18 ANOS_CD RIAZOR_VE 08:00-08:45            3
14. PADEL INICIACION +18_CD TORRE_MA-XO 11:00-12:00            1
18. COSTAS SAS PREFERENTE +60_CD RIAZOR_MA-XO 11:15-12:00            2

So se poderán matricular os días 6 e 7 de setembro en horario de 08:30 a 13:15 h. nos rexistros da Cidade Deportiva de Riazor ou da Cidade Deportiva Arsenio Iglesias - A Torre,  concertando cita previa. 

Custo das actividades

  • Actividades de 2 días: 8,48€
  • Actividades de 1 día: 4,24€

Debenno complementar coa folla de formalización de Matricula, que poden descargar e cubrir no seguinte enlace

Folla de Formalización de Matricula 

Actividades Puntuais das EDM "Verán 2021"

20 de agosto 2021: listado de adxudicación de prazas

Procédese á publicación da listaxe de adxudicación de prazas para as actividades puntuais das EDM Setembro 2021.

Formalización da matrícula:

Aquelas persoas que na listaxe aparezan coa observación "Corresponde matrícula" poderán formalizala do 23 ao 30 de agosto, de xeito presencial nas Oficinas do SMD, situadas no Palacio de Deportes de Riazor.

Será imprescindible concertar cita previa antes de acudir a unha oficina de atención ao público.

Documentación para a matrícula:

  • Folla de Formalización de Matrícula (dispoñible tamén ao pe da páxina)
  • Fotocopia do DNI (desde os 14 anos); ​
  • Para menores de idade ou persoas suxeitas a tutela, aínda que dispoñan de DNI propio, tamén deberá presentarse Libro de Familia e DNI de pai/nai ou titor/titora legal.
  • No caso de persoas suxeitas a tutela deberá achegarse tamén o documento legal que a acredite.

Desenvolvemento das actividades:  Mes de setembro

19 de agosto 2021: Sorteo do número elexido

Unha vez realizado o sorteo público nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes, obtívose o seguinte número:

264

A publicación das listaxes de persoas admitidas e en lista de agarda realizarase o 20 de agosto na web de Deportes. Poderá consultalas tamén no 010 e no teléfono 981 189800.

Pode comprobar o número do sorteo premendo na seguinte ligazon  Sorteo

16 agosto 2021: Listaxe provisional de solicitantes

Procédese á publicación das listaxes provisionais de solicitantes das actividades deportivas do mes de setembro 2021:

Os días 16, 17 e 18 estará aberto o prazo para alegacións e corrección de erros, preferentemente a través do correo electrónico deportes@coruna.gal. No caso de non dispoñer dos medios necesarios, poderá realizarse presencialmente nas oficinas do SMD (situadas na Cidade Deportiva da Torre, e no Palacio de Deportes de Riazor) no horario de rexistro e atención ao público do Concello (de 08.00 a 13.30 h), para o que será imprescindible concertar cita previa antes de acudir a unha oficina de atención ao público.

Durante o prazo de corrección, non se aceptarán novas solicitudes nin se poderán facer cambios nos cursos ou actividades solicitadas.

O sorteo do número para a adxudicación de prazas celebrarase o xoves 19 de setembro de 2021. Pode seguir en directo o sorteo na seguinte ligazón: Sorteo

O número elexido foi o: 264 

A quen vai dirixida?

Esta  convocatoria vai dirixida a toda a cidadanía do Concello da Coruña, atendendo as franxas de idades e número de prazas dispoñibles para cada un dos cursos ofertados, segundo se establece no cadro do Anexo I das bases (pode consultalas no documento adxunto ao pe da paxina web ou neste ligazón).

Terán preferencia as persoas solicitantes que estén empadroadas no Concello da Coruña, sen embargo, permítese que soliciten persoas que non estén empadroadas nesta cidade. Estas últimas só obterán unha praza no caso de que queden prazas libres, aínda que no sorteo público obtiveran un número mais favorable.

O Servizo Municipal de Deportes poderá realizar de oficio a comprobación no padrón municipal do requisito de empadroamento da persoa que solicita unha praza. Cada persoa deberá solicitar unha praza en función da súa idade. Para estos efectos tomarase como consideración a idade cumprida a 31 de decembro de 2021.

Prazos: 

  • Presentación de solicitudes:  2 de agosto ás 08:00 h. ao 12 de agosto de 2021 ás 23:59 h.
  • Listaxe provisional:  16 de agosto de 2021
  • Corrección de erros:  16 ao 18 de agosto de 2021, preferentemente a través do correo electrónico deportes@coruna.gal
  • Sorteo (no caso de ser necesario):  19 de agosto de 2021
  • Listaxe definitiva:  20 de agosto de 2021
  • UNICAMENTE NO CASO DE QUE NO SORTEO ASIGNESE PRAZA
    • Matrículas:  23 ao 30 de agosto de 2021
      • Documentación que debe acompañarse para a matrícula:
        • Folla de Formalización de Matrícula (dispoñible a partir da publicación dos listaxes definitivos)
        • Fotocopia do DNI (desde os 14 anos); ​
        • Para menores de idade ou persoas suxeitas a tutela, aínda que dispoñan de DNI propio, tamén deberá presentarse Libro de Familia e DNI de pai/nai ou titor/titora legal.
        • No caso de persoas suxeitas a tutela deberá achegarse tamén o documento legal que a acredite
  • Desenvolvemento das actividades:  Mes de setembro

As solicitudes faranse polos seguintes medios:

  1. A través do formulario en liña publicado ao efecto: FORMULARIO DE SOLICITUDE - ACTVIDADES DE VERÁN "SETEMBRO 2021"
  2. Por teléfono, a través do número 981 18 42 00, ext. 25037, onde se lle axudará cubrindo o formulario enliña. Esta extensión telefónica estará dispoñible de 08:00 a 15:00 horas, de luns a venres.

No caso de rexistrar para a mesma persoa máis dunha solicitude, só se terá en conta a última, anulando con esta todas as feitas con anterioridade.

Custo das actividades

  • Actividades de 2 días: 8,48€
  • Actividades de 1 día: 4,24€

Actividades ofertadas:

IDADE ACTIVIDADE Nº PRAZAS INSTALACIÓN
ADULTOS +18 ANOS 01. COSTAS SÁS - CD RIAZOR - LU-ME 08:00-08:45 6 SALA DE CARDIO
02. COSTAS SÁS - CD RIAZOR - MA-XO 08:00-08:45 6 SALA DE CARDIO
03. COSTAS SÁS - CD RIAZOR - VE 08:00-08:45 6 SALA DE CARDIO
04. BADMINTON - CD RIAZOR - LU-ME 09:00-10:00 6 FRONTÓN RIAZOR 1
05. BADMINTON - CD RIAZOR - MA-XO 09:00-10:00 6 FRONTÓN RIAZOR 1
06. BADMINTON - CD RIAZOR - VE 09:00-10:00 6 FRONTÓN RIAZOR 1
07. BADMINTON - CD TORRE - LU-ME 19:30-20:30 6 FRONTÓN TORRE
08. BADMINTON - CD TORRE - MA-XO 19:30-20:30 6 FRONTÓN TORRE
09.PÁDEL INICIACIÓN - CD TORRE - LU-ME 09:00-10:00 6 PISTAS PÁDEL TORRE
10.PÁDEL INICIACIÓN - CD TORRE - LU-ME 10:00-11:00 6 PISTAS PÁDEL TORRE
11.PÁDEL INICIACIÓN - CD TORRE - LU-ME 11:00-12:00 6 PISTAS PÁDEL TORRE
12.PÁDEL INICIACIÓN - CD TORRE - LU-ME 20:30-21:30 6 PISTAS PÁDEL TORRE
13.PÁDEL INICIACIÓN - CD TORRE - MA-XO 10:00-11:00 6 PISTAS PÁDEL TORRE
14.PÁDEL INICIACIÓN - CD TORRE - MA-XO 11:00-12:00 6 PISTAS PÁDEL TORRE
15.PÁDEL PERFECCIONAMENTO - CD TORRE - MA-XO 09:00-10:00* 6 PISTAS PÁDEL TORRE
16. PÁDEL PERFECCIONAMENTO - CD TORRE - MA-XO 20:30-21:30* 6 PISTAS PÁDEL TORRE
MAIORES PREFERENTE +60 ANOS 17. COSTAS SÁS - CD RIAZOR - LU-ME 11:15-12:00 6 SALA DE CARDIO
18. COSTAS SÁS - CD RIAZOR - MA-XO 11:15-12:00 6 SALA DE CARDIO
19. COSTAS SÁS - CD RIAZOR - VE 11:15-12:00 6 SALA DE CARDIO
20. BADMINTON/CACHIBOL/XOGOS ALTERNATIVOS - CD RIAZOR - LU-ME 10:00-11:00 6 FRONTÓN RIAZOR 1
21. BADMINTON/CACHIBOL/XOGOS ALTERNATIVOS - CD RIAZOR - MA-XO 10:00-11:00 6 FRONTÓN RIAZOR 1
22. BADMINTON/CACHIBOL/XOGOS ALTERNATIVOS - CD RIAZOR - VE 10:00-11:00 6 FRONTÓN RIAZOR 1
MENORES 6-11 ANOS 23. XIMNKANAS/CARREIRAS ORIENTACIÓN - CD RIAZOR - MA 17:30-19:00 6 FRONTÓN RIAZOR + EXTERIOR
24. XIMNKANAS/CARREIRAS ORIENTACIÓN - CD RIAZOR - ME 17:30-19:00 6 FRONTÓN RIAZOR + EXTERIOR
25. XIMNKANAS/CARREIRAS ORIENTACIÓN - CD RIAZOR - XO 17:30-19:00 6 FRONTÓN RIAZOR + EXTERIOR
MENORES 12-17 ANOS 26. XORNADA DEPORTIVA - CD RIAZOR - LU 17:00-18:00 6 FRONTÓN RIAZOR 
27. XORNADA DEPORTIVA - CD RIAZOR - LU 18:00-19:00 6 FRONTÓN RIAZOR
28. XORNADA DEPORTIVA - CD RIAZOR - VE 17:00-18:00 6 FRONTÓN RIAZOR
29. XORNADA DEPORTIVA - CD RIAZOR - VE 18:00-19:00 6 FRONTÓN RIAZOR

* Requisito: ter realizado algún curso de iniciación con aproveitamento.

1 Os días 1, 2 e 3 de setembro as actividades indicadas no Frontón de Riazor en horario de mañana, desenvolveranse na Polideportiva nº 1 de Riazor.

Documentos relacionados

  • Listaxe adxudicación prazas actividades setembro 2021 (99 KB)
  • Folla matrícula actividades setembro 2021 (95 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión