Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Publicación do número do sorteo

O número obtido no sorteo foi o 462, extraído da web www.echaloasuerte.com.

A distribución de quendas publicarase o día 9 de xuño ás 10:00 horas na web municipal e no 010.

Ademais poderase chamar ao teléfono dependente da Concellaría de Deportes 981 18 98 00.

De acordo coas bases da convocatoria intentarase asignar polo menos unha quenda a cada solicitante, en función da orde de preferencia sinalada na solicitude, a partir do número 462 (este incluído). No caso de renuncias, á hora de ter que chamar da lista de agarda, intentarase que todos os nenos e nenas poidan acceder a un campamento aínda que só sexa unha quenda.

Video do Sorteo dos Campamentos Deportivos do Verán 2020

Listaxes Provisionais e Convocatoria - Campamentos Deportivos VERÁN 2020

PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL DE SOLICITANTES CON SUBSANACIÓNS

Procédese á publicación da listaxe provisional con subsanacións das persoas solicitantes que entrarán no sorteo de prazas que se celebrará hoxe ás 12:00 h no Palacio de Deportes de Riazor correspondente aos Campamentos Deportivos Municipais - VERÁN 2020, pode consultala na seguinte ligazón:

31 de maio - PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS

Procedese a publicación das listaxes provisionais correspondentes os Campamentos Deportivos Municipais - VERÁN 2020, pode consultalos nas seguintes ligazóns:

Prazo de emenda destas listaxes será os días 31 de maio e 1 e 2 de xuño, ditas emendas poderán facerse a través do enderezo electrónico:: deportes@coruna.es

Aproveitamos para lembrarlles os seguintes prazos desta convocatoria e as Bases Convocatoría - Campamentos Deportivos de Verán 2020:

  • Sorteo: o día 3 de xuño ás 12:00 horas
  • Publicación das listaxes de persoas admitidas e en lista de espera: o día 9 de xuño ás 10:00 horas na web de Deportes e no 010.
  • Inscrición: deberá entregarse un formulario que se colgará na web municipal, debidamente cumprimentado, en cada unha das instalacións deportivas onde o menor vai a disfrutar do campamento.
    • Publicaranse na web de Deportes os prazos para a entrega da documentación.
  • Pago do servizo de cáterin (de ser o caso): publicarase un formulario ou número de conta para realizar o pago antes do inicio dos campamentos (é dicir, antes do 29 de xuño de 2020).

22 de Maio - CONVOCATORIA

QUEN PODE SOLICITALOS​?

Nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e os 13 anos, cumpridos a 31 de decembro de 2020.

Terán preferencia os nenos e as nenas empadroados na cidade da Coruña, en primeiro lugar. En segundo lugar, aqueles nenos e nenas non empadroados cuxo pai, nai ou titor/a traballe na cidade da Coruña.

En último lugar, no caso de que queden prazas libres, calquera outro neno o nena que estea interesado en inscribirse.

Pode formalizar a inscrición neste formularios:

No caso de non poder realizar a inscrición vía telemática, pode facelo a través de atención telefónica nos seguintes números:

  • Cidade Deportiva da Torre: 981 18 42 00 - Ext. 26126
  • Barrio das Flores 981 18 42 00 - Ext. 27115

ONDE SE VAN REALIZAR​?

Haberá tres sedes para os campamentos:

  • Campamento de Riazor: na Cidade Deportiva de Riazor, combinado co Campo de fútbol de San Pedro de Visma e a pista anexa de area
  • Campamento de Novo Mesoiro: no polideportivo de Novo Mesoiro, combinado co Campo de fútbol Johan Cruyff
  • Campamento do Barrio das Flores: no polideportivo do Barrio das Flores, combinado co Campo de fútbol Víctor Fernández Alonso

CANTO DURAN​?

Os campamentos deportivos municipais organizaranse por quincenas, dende o 29 de xuño ata o 6 de setembro de 2020:

  • 1ª Quenda: Do 29 de xuño ao 12 de xullo
  • 2ª Quenda: Do 13 de xullo ao 26 de xullo
  • 3ª Quenda: Do 27 de xullo ao 9 de agosto
  • 4ª Quenda: Do 10 de agosto ao 23 de agosto
  • 5ª Quenda: Do 24 de agosto ao 6 de setembro

CAL É O HORARIO?

De luns a vernes, en horario de 09:00 a 14:00 horas.

Durante este horario haberá media hora para un pequeno bocadillo que cada neno ou nena deberá traer da súa casa.

No Campamento de Riazor, dispoñerase ademais de horario ampliado para o servico de madrugadores e comedor.

  • Servizo de madrugadores: de 08:00 a 09:00 horas
  • Servizo de comedor: de 14:00 a 15:00 horas

CANTAS PRAZAS SE OFERTAN? 

Un total de 700 prazas.

140 prazas por quincena, distribuidas en:

  • Campamento de Riazor: 60 prazas/quincena
  • Campamento de Novo Mesoiro: 40 prazas/quincena
  • Campamento do Barrio das Flores: 40 prazas/quincena

Se fose necesario e co fin de garantir a asistencia de todos e todas os/as irmáns ou irmás, poderase ampliar o número de prazas ata un máximo de 10 en total.

CANTOS NEN@S POR GRUPO?

Manteremos sempre o ratio de 10 nenos e nenas por grupo.

CANTO TEÑO QUE PAGAR?

Os campamentos son gratuitos.

Só, no caso de que o solicites,  terás que pagar parte do custo do servizo de madrugadores (almorzo) e comida, que se pagará directamente á emprea adxudicataria do contrato de caterin.  Os prezos serán:

  • Servizo de madrugadores: 10 euros/quincena
  • Servizo de comida: 20 euros/quincena

QUE ACTIVIDADES SE VAN REALIZAR?

  • Deporte de todo tipo                 
  • Manualidades
  • Xogos                
  • Saídas dentro da cidade

Publicarase na páxina web de Deportes un calendario de actividades para coñecemento xeral.

Intentarase realizar o máximo número posible de actividades ao aire libre.

COMO PODO INSCRIBIRME?

Pode consultar as bases reguladoras da convocatoria así como o Protocolo a seguir en materia de sanidade na seguinte ligazón:

As principais datas que debes ter en conta son:

  • Preinscrición: os días 27, 28 e 29 de maio de 2020. O formulario de preinscrición pecharase o día 29 de maio ás 20:00 horas.
    • Publicarase un formulario online para realizar a preinscrición na web de Deportes.
  • Publicación das listaxes de preinscrición: publicaranse na web de Deportes o día 30 de maio ás 10:00 horas
  • Alegacións: os días 30, 31 de maio e o 1 de xuño
  • Sorteo: o día 3 de xuño ás 12:00 horas
  • Publicación das listaxes de persoas admitidas e en lista de espera: o día 9 de xuño ás 10:00 horas na web de Deprotes e no 010.
  • Inscrición: deberá entregarse un formulario que se colgará na web municipal, debidamente cumprimentado, en cada unha das instalacións deportivas onde o menor vai a disfrutar do campamento.
    • Publicaranse na web de Deportes os prazos para a entrega da documentación.
  • Pago do servizo de cáterin (de ser o caso): publicarase un formulario ou número de conta para realizar o pago antes do inicio dos campamentos (é dicir, antes do 29 de xuño de 2020).

NON DEIXES PASAR O VERÁN SEN FACER DEPORTE. APÚNTATE!!

Máis información doutros campamentos AQUÍ

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión