Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Benvida e Programacións dos Campamentos Deportivos - Verán 2020

A partir do luns 29 de xuño de 2020 comezarán as quendas dos Campamentos Deportivos Municipais do verán 2020.

Queremos darvos a benvida aos campamentos e indicarvos que nesta páxina web se publicará toda a información que precisen.

Prégase que revisen o Protocolo de medidas hixiénico-sanitarias que está colgado nesta mesma páxina web e que debe ser atendido por todos e todas para intentar desfrutar duns campamentos seguros.

A pesar de que os nenos e nenas terán unhas charlas lúdicas sobre este tema o primeiro día, é importante que dende as familias se lle poña tamén en coñecemento e se conciencien da importancia de adoptar as medidas adecuadas, ademais, os menores recibirán de regalo un libro editado pola Concellaría de Cultura sobre o Covid-19.

Entradas e saídas aos campamentos

Deberán acudir á sede indicada na base da convocatoria, coa máxima puntualidade. Por seguridade, as persoas que os acompañen non poderán acceder ao interior das instalacións.

Os/as menores serán recibidos e entregados polo monitorado.

Lembramos que cada neno e nena debe traer ao campamento a súa propia merenda e auga e non se pode compartir

Esperamos que vos gusten os campamentos e os desfrutedes!

Programación actividades Campamentos Deportivos - 1ª Quenda

Nas seguintes ligazóns, pode consultar as programacións das actividades dos campamentos deportivos correspondentes á primeira quenda, en cada unha das instalacións:

Programación actividades Campamentos Deportivos - 2ª Quenda

Nas seguintes ligazóns, pode consultar as programacións das actividades dos campamentos deportivos correspondentes á segunda quenda, en cada unha das instalacións:

Nota: As programacións poden estar suxeitas a algún cambio por causas meteorolóxicas ou organizativas. No caso de cambio, publicarase coa antelación suficiente.

Protocolo medidas hixiénico-sanitarias

No documento enlazado a continuación pode consultar as medidas hixiénico-sanitarias previstas durante o desenvolvemento dos Campamentos Deportivos Verán 2020.

Listaxe Definitiva de Prazas Adxudicadas

22 de xuño - Listaxe Definitiva de Prazas Adxudicadas

Publícase a listaxe definitiva de prazas adxudicadas dos Campamentos Deportivos de Verán 2020, que se pode consultar na seguinte ligazón:

O PROCEDEMENTO DE LIBRE MATRICULA FINALIZOU O DIA 23

CAMPAMENTO RIAZOR CAMPAMENTO NOVO MESOIRO CAMPAMENTO BARRIO DAS FLORES
ADXUDICADAS DISPOÑIBLES ADXUDICADAS DISPOÑIBLES ADXUDICADAS DISPOÑIBLES
QUENDA 1 60 0 42 0 33 7
QUENDA 2 60 0 30 10 32 8
QUENDA 3 58 2 25 15 22 18
QUENDA 4 57 3 15 25 10 30
QUENDA 5 63 0 11 29 12 28
298 5 123 79 109 91

Pode consultar o anuncio coa información relativa ás prazas libres no seguinte enlace:

Pagamento do servizo de cátering

A información relativa ao pagamento do servizo de cátering nos Campamentos con sede en Riazor está dispoñible no seguinte documento:

15 de xuño - Publicación segunda listaxe persoas admitidas

Publícase unha segunda listaxe onde figuran as novas prazas asignadas ou en lista de agarda, segundo as peticións que se foron recibindo por correo electrónico ata o día 12 de xuño de 2020 ás 15:00 horas.

Na listaxe figuran tamén as persoas solicitantes que perderon o dereito á praza por presentar a solicitude fóra do prazo establecido na convocatoria. Pode consultar a listaxe na seguinte ligazón:

Durante esta semana ordenaranse todas as peticións e irase chamando da listaxe de agarda. As chamadas da listaxe de agarda faranse a través dos teléfonos facilitados na solicitude.

O luns día 22 de xuño, publicarase unha listaxe definitiva cos nenos e nenas que teñen praza nos campamentos. Ademais, tamén se publicará un protocolo sanitario.

O luns día 22 de xuño, publicarase tamén o número de conta para ingresar o pago do servizo de cáterin no Campamento de Riazor.

9 de xuño - Publicación listaxes persoas admitidas

Procédese á publicación das listaxes de persoas admitidas e a lista de agarda dos Campamentos Deportivos Verán 2020. Pode consultalas na seguinte ligazón: 

Procedemento para a asignación de prazas

1.- Asignouse unha quenda por menor. No caso que  desexen pedir outra quenda nunha instalación con prazas libres poderán solicitalas no correo deportes@coruna.es . Cubriranse as quendas por orden de chegada das solicitudes ata completar aforo.

2.- A documentación para formalizar as prazas asignadas presentarase os días 10, 11 e 12 de xuño de 2020 polos seguintes medios:

  • Rexistro electrónico cubrindo un modelo de solicitude normal e acompañando a documentación requirida neste convocatoria.
  • Correo electrónico na dirección deportes@coruna.es. No caso de que se utilice este medio enviarase un correo de resposta confirmando a recepción da solicitude.
  • Na sede do campamento deportivo que se lle asignou ao menor. Neste caso asinaráselle un recibí para acreditar que se recibíu a documentación.

Para formalizar a inscrición será necesario levar debidamente cuberto e asinado o formulario, que pode descargar o formulario na seguinte ligazón:

Este formulario inclúe varias declaracións responsables que se deberán asinar e que se chequearon previamente no formulario de preinscricion. Xunto con ese formulario deberase acompañar:

  • Unha foto tamaño carné do/a menor.
  • Fotocopia do DNI da nai, do pai ou da persoa titora que asina a solicitude
  • Fotocopia do DNI da ou do menor ou, no seu defecto fotocopia do Libro de Familia
  • Fotocopia da Tarxeta Sanitaria
  • No caso de solicitar o servizo de madrugadores ou comedor, a xustificación do pagamento por transferencia bancaria ou por outro medio onde deberá figurar o nome do neno ou nena e a quincena a que correponde o pagamento.
  • Outra documentación: documentación relevante sobre datos médicos (enfermidades, alerxias, medicación) ou situacións familiares que sexa preciso coñecer para o bo desenvolvemento da actividade.

O prazo remata o día 12 de xuño ás 15:00 horas.  No caso de no presentar a documentación requirida entenderase que se renuncia á praza e poderase chamar ao seguinte da lista de espera. O/a neno ou nena que renuncie ao campamento deberá facelo polos mesmos medios e no mesmo prazo.

3.- Os chamamentos da lista de espera realizaranse entre os días 13 ao 19 de xuño de 2020 (ambos incluidos).

4.- Os/as menores que obteñan praza en lista de espera deberán entregar a documentación requirida nas bases da convocatoria no prazo de 3 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da chamada telefónica.

5.- Unha vez rematado este prazo, publicaranse as prazas vacantes na páxina web que poderán ser solicitalas por calquera persoa, fixera ou non a preinscrición, enviando un e-mail á seguinte dirección de correo electrónico deportes@coruna.es,

Vídeo do sorteo dos Campamentos Deportivos do Verán 2020

Sorteo, Listaxes Provisionais e Convocatoria - Campamentos Deportivos VERÁN 2020

Convocatoria, Listaxes Provisionais e Sorteo Campamentos Deportivos Veran 2020

3 de xuño - PUBLICACIÓN DO NUMERO DO SORTEO E LISTAXE PROVISIONAL DE SOLICITANTES CON SUBSANACIÓNS

O número obtido no sorteo foi o 462, extraído da web www.echaloasuerte.com.

A distribución de quendas publicarase o día 9 de xuño ás 10:00 horas na web municipal e no 010.

Ademais poderase chamar ao teléfono dependente da Concellaría de Deportes 981 18 98 00.

De acordo coas bases da convocatoria intentarase asignar polo menos unha quenda a cada solicitante, en función da orde de preferencia sinalada na solicitude, a partir do número 462 (este incluído). No caso de renuncias, á hora de ter que chamar da lista de agarda, intentarase que todos os nenos e nenas poidan acceder a un campamento aínda que só sexa unha quenda.

VIDEO DO SORTEO DO NUMERO DE CORTE DOS CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DE VERAN 2020

Procédese á publicación da listaxe provisional con subsanacións das persoas solicitantes que entrarán no sorteo de prazas que se celebrará hoxe ás 12:00 h no Palacio de Deportes de Riazor correspondente aos Campamentos Deportivos Municipais - VERÁN 2020, pode consultala na seguinte ligazón:

31 de maio - PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS

Procedese a publicación das listaxes provisionais correspondentes os Campamentos Deportivos Municipais - VERÁN 2020, pode consultalos nas seguintes ligazóns:

Prazo de emenda destas listaxes será os días 31 de maio e 1 e 2 de xuño, ditas emendas poderán facerse a través do enderezo electrónico:: deportes@coruna.es

Aproveitamos para lembrarlles os seguintes prazos desta convocatoria e as Bases Convocatoría - Campamentos Deportivos de Verán 2020:

  • Sorteo: o día 3 de xuño ás 12:00 horas
  • Publicación das listaxes de persoas admitidas e en lista de espera: o día 9 de xuño ás 10:00 horas na web de Deportes e no 010.
  • Inscrición: deberá entregarse un formulario que se colgará na web municipal, debidamente cumprimentado, en cada unha das instalacións deportivas onde o menor vai a disfrutar do campamento.
    • Publicaranse na web de Deportes os prazos para a entrega da documentación.
  • Pago do servizo de cáterin (de ser o caso): publicarase un formulario ou número de conta para realizar o pago antes do inicio dos campamentos (é dicir, antes do 29 de xuño de 2020).

22 de Maio - CONVOCATORIA

QUEN PODE SOLICITALOS​?

Nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e os 13 anos, cumpridos a 31 de decembro de 2020.

Terán preferencia os nenos e as nenas empadroados na cidade da Coruña, en primeiro lugar. En segundo lugar, aqueles nenos e nenas non empadroados cuxo pai, nai ou titor/a traballe na cidade da Coruña.

En último lugar, no caso de que queden prazas libres, calquera outro neno o nena que estea interesado en inscribirse.

Pode formalizar a inscrición neste formularios:

No caso de non poder realizar a inscrición vía telemática, pode facelo a través de atención telefónica nos seguintes números:

  • Cidade Deportiva da Torre: 981 18 42 00 - Ext. 26126
  • Barrio das Flores 981 18 42 00 - Ext. 27115

ONDE SE VAN REALIZAR​?

Haberá tres sedes para os campamentos:

  • Campamento de Riazor: na Cidade Deportiva de Riazor, combinado co Campo de fútbol de San Pedro de Visma e a pista anexa de area
  • Campamento de Novo Mesoiro: no polideportivo de Novo Mesoiro, combinado co Campo de fútbol Johan Cruyff
  • Campamento do Barrio das Flores: no polideportivo do Barrio das Flores, combinado co Campo de fútbol Víctor Fernández Alonso

CANTO DURAN​?

Os campamentos deportivos municipais organizaranse por quincenas, dende o 29 de xuño ata o 6 de setembro de 2020:

  • 1ª Quenda: Do 29 de xuño ao 12 de xullo
  • 2ª Quenda: Do 13 de xullo ao 26 de xullo
  • 3ª Quenda: Do 27 de xullo ao 9 de agosto
  • 4ª Quenda: Do 10 de agosto ao 23 de agosto
  • 5ª Quenda: Do 24 de agosto ao 6 de setembro

CAL É O HORARIO?

De luns a vernes, en horario de 09:00 a 14:00 horas.

Durante este horario haberá media hora para un pequeno bocadillo que cada neno ou nena deberá traer da súa casa.

No Campamento de Riazor, dispoñerase ademais de horario ampliado para o servico de madrugadores e comedor.

  • Servizo de madrugadores: de 08:00 a 09:00 horas
  • Servizo de comedor: de 14:00 a 15:00 horas

CANTAS PRAZAS SE OFERTAN? 

Un total de 700 prazas.

140 prazas por quincena, distribuidas en:

  • Campamento de Riazor: 60 prazas/quincena
  • Campamento de Novo Mesoiro: 40 prazas/quincena
  • Campamento do Barrio das Flores: 40 prazas/quincena

Se fose necesario e co fin de garantir a asistencia de todos e todas os/as irmáns ou irmás, poderase ampliar o número de prazas ata un máximo de 10 en total.

CANTOS NEN@S POR GRUPO?

Manteremos sempre o ratio de 10 nenos e nenas por grupo.

CANTO TEÑO QUE PAGAR?

Os campamentos son gratuitos.

Só, no caso de que o solicites,  terás que pagar parte do custo do servizo de madrugadores (almorzo) e comida, que se pagará directamente á emprea adxudicataria do contrato de caterin.  Os prezos serán:

  • Servizo de madrugadores: 10 euros/quincena
  • Servizo de comida: 20 euros/quincena

QUE ACTIVIDADES SE VAN REALIZAR?

  • Deporte de todo tipo                 
  • Manualidades
  • Xogos                
  • Saídas dentro da cidade

Publicarase na páxina web de Deportes un calendario de actividades para coñecemento xeral.

Intentarase realizar o máximo número posible de actividades ao aire libre.

COMO PODO INSCRIBIRME?

Pode consultar as bases reguladoras da convocatoria así como o Protocolo a seguir en materia de sanidade na seguinte ligazón:

As principais datas que debes ter en conta son:

  • Preinscrición: os días 27, 28 e 29 de maio de 2020. O formulario de preinscrición pecharase o día 29 de maio ás 20:00 horas.
    • Publicarase un formulario online para realizar a preinscrición na web de Deportes.
  • Publicación das listaxes de preinscrición: publicaranse na web de Deportes o día 30 de maio ás 10:00 horas
  • Alegacións: os días 30, 31 de maio e o 1 de xuño
  • Sorteo: o día 3 de xuño ás 12:00 horas
  • Publicación das listaxes de persoas admitidas e en lista de espera: o día 9 de xuño ás 10:00 horas na web de Deprotes e no 010.
  • Inscrición: deberá entregarse un formulario que se colgará na web municipal, debidamente cumprimentado, en cada unha das instalacións deportivas onde o menor vai a disfrutar do campamento.
    • Publicaranse na web de Deportes os prazos para a entrega da documentación.
  • Pago do servizo de cáterin (de ser o caso): publicarase un formulario ou número de conta para realizar o pago antes do inicio dos campamentos (é dicir, antes do 29 de xuño de 2020).

NON DEIXES PASAR O VERÁN SEN FACER DEPORTE. APÚNTATE!!

Máis información doutros campamentos AQUÍ

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión