Concello da Coruña

Concello da Coruña

Deportes

Concellería de Deportes

Prazas Dispoñibles - Convocatoria E.D.M. 2022/23

Procedese á publicación das prazas dispoñibles desta convocatoria das Escolas Deportivas Municipais para o Curso 2022/23

A QUEN VAN DIRIXIDAS?

Poderán acceder a estas prazas as persoas que o desexen, sexan ou non alumnos/as das EDM.

Establécese o límite de dúas prazas por persoa nas EDM, de tal forma que se xa se alcanzou este límite non se poderá matricular en ningunha das prazas vacantes.

PERIODOS DE ACTUALIZACIÓN DE PRAZAS:

  • Prazas para Escolas de 6 a 17 anos: dende o 28 de outubro ata o 23 de decembro de 2022, podendo matrícularse ata o 30 de decembro de 2022
  • Prazas para +18 e +60 anos: dende o 28 de outubro de 2022 ata o 27 de xaneiro de 2023, podendo matrícularse ata o 3 de febreiro de 2023

CADRO DE PRAZAS DISPOÑIBLES:

Pode consultar as prazas dispoñibles a continuación ou no documento adxunto ao pé da páxina, actualizadas a 2 de Decembro de 2022. 

Non se garante a dispoñibilidade da praza no momento da formalización, dado que se adxudican por orde de chegada:

PRAZAS DISPOÑIBLES MENORES DE IDADE 6 A 17 ANOS

FRANXA DE IDADE GRUPO LIBRES
6-8 ANOS AIKIDO 6-8 ANOS RIAZOR ME 18:00-19:00 3
BOXEO 6-8 ANOS RIAZOR LU-ME 17:00-18:00 10
CICLISMO 6-8 ANOS RIAZOR LU-ME 18:00-19:00 9
IUDO 6-8 ANOS RIAZOR LU 18:00-19:00 5
MINITENIS 6-8 ANOS TORRE MA-XO 17:00-18:00 3
MINITENIS 6-8 ANOS TORRE MA-XO 18:00-19:00 2
MINITENIS 6-8 ANOS TORRE MA-XO 19:00- 20:00 1
NAT. ARTÍSTICA 6-8 ANOS CASINO LU-ME 18:30-19:30 12
PATINAXE ART. 6-8 ANOS RIAZOR LU-ME 16:45-17:30 14
PATINAXE ART. 6-8 ANOS RIAZOR LU-ME 17:30-18:15 5
PATINAXE ART. 6-8 ANOS RIAZOR LU-ME 18:15-19:00 4
TRIATLON 6-8 ANOS RIAZOR LU-ME-VE 16:15-17:15 8
WATERPOLO 6-8 ANOS RIAZOR VE 17:00-18:00 3
XOGOS PREDEPORTIVOS 6-8 ANOS RIAZOR LU 17:00-18:00 3
9-11 ANOS AIKIDO 9-11 ANOS RIAZOR MA-XO 18:00-19:00 6
BADMINTON 9-11 ANOS RIAZOR MA-XO 18:00-19:00 8
BOXEO 9-11 ANOS RIAZOR LU-ME 18:00-19:00 3
BUJUTSU 9-11 ANOS RIAZOR LU 17:00-18:00 13
CICLISMO 9-11 ANOS RIAZOR MA-XO 18:00-19:00 5
ESGRIMA 9-11 ANOS CASA AUGA LU-ME 18:00-19:00 8
IUDO 9-11 ANOS RIAZOR LU-VE 19:00-20:00 1
PATINAXE ART. 9-11 ANOS RIAZOR LU-ME 19:45-20:30 2
TENIS 9-11 ANOS RIAZOR MA-XO 17:00-18:00 1
TENIS 9-11 ANOS TORRE LU-ME 19:00-20:00 1
WATERPOLO 9-11 ANOS RIAZOR VE 17:00-18:00 5
XIMNASIA INIC. 9-11 ANOS SAG FAM MA-XO 18:45-19:30 1
XOGOS PREDEPORTIVOS 9-11 ANOS RZR LU 17:00-18:00 6
12-17 ANOS BUJUTSU 12-17 ANOS RIAZOR ME 17:00-18:00 4
CICLISMO 12-17 ANOS RIAZOR LU-ME-VE 19:00-20:00 4
ESGRIMA 12-17 ANOS CASA AUGA LU-ME-VE 19:00-20:00 7
NATACIÓN 12-17 ANOS RIAZOR LU-ME 18:00-18:45 4
NATACIÓN 12-17 ANOS RIAZOR LU-ME 18:45-19:30 6
NATACIÓN 12-17 ANOS RIAZOR MA-XO 19.30-20:15 3
NATACION 12-17 ANOS RIAZOR ME 16:30-17:15 1
PATINAXE ART. 12-17 ANOS RIAZOR LU-ME 19:45-20:30 5
TENIS 12-17 ANOS NOVO MESOIRO MA-XO 15:45-16:45 2
XIMNASIA INIC 12-17 ANOS SAG. F. MA-XO 19:30-20:15 4

PRAZAS DISPOÑIBLES MAIORES DE 18 ANOS E MAIORES DE 60 ANOS

FRANXA DE IDADE GRUPO LIBRES
MÁIS 18 ANOS BADMINTON +18 RIAZOR MA-XO 08:00-09:00 4
BADMINTON +18 TORRE MA-XO 12:00-13:00 1
BALONCESTO CADEIRA RODAS +18 BARRIO ME 12:00-13:30 4
GAP E BAL +18 INTENSO RIAZOR LU-ME 08:00-08:45 10
GAP E BAL +18 INTENSO RIAZOR MA-XO 08:00-08:45 14
MANTEMENTO +18 BARRIO LU-ME-VE 20:30-21:30 1
MANTEMENTO +18 BARRIO LU-ME-VE 21:30-22:30 3
MANTEMENTO +18 RIAZOR MA-VE 21:00-22:00 1
MANTEMENTO +18 RIAZOR MA-XO 12:00-13:00 2
MANTEMENTO +18 SAGRADA FAM LU-ME-VE 21:00-22:00 4
MARCHA NÓRDICA +18/+60 RIAZOR LU-ME 10:00-11:00 2
NATACIÓN +18 INTENSO RIAZOR LU-ME 11:45-12:30 7
NATACIÓN +18 RIAZOR LU-ME-VE 08:00-08:45 1
NATACIÓN +18 RIAZOR LU-ME-VE 09:30-10:15 1
NATACIÓN +18 RIAZOR LU-ME-VE 13:15-14:00 1
NATACIÓN PRENATAL MENSUAL RIAZOR LU 16:30-17:15 8
NATACIÓN PRENATAL MENSUAL RIAZOR ME 16:30-17:15 9
PILATES +18 NOVO MESOIRO LU-ME 08:00-09:00 13
ZUMBA +18 RIAZOR MA-XO 08:00-09:00 25
ZUMBA +18 ROSALES MA-XO 11:00-12:00 5
ZUMBA +18/+60 RIAZOR MA-XO 09:00-10:00 1
MÁIS 60 ANOS NATACIÓN E XIM. AC. +60 RIAZOR MA-XO 09:00-09:40 2
NATACIÓN E XIM. AC. +60 RIAZOR MA-XO 10:20-11:00 1
NATACIÓN E XIM. AC. +60 RZR LU-ME-VE 12:20-13:00 1
NATACIÓN E XIM. AC. +60 RZR LU-ME-VE 13:40-14:20 7

Pode descargar os documentos de formalización da matrícula, así como a autorización de recollida de menores, de ser necesario, ao pé de páxina ou nas correspondentes ligazóns. 

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA:

A matrícula formalizarase en calquera dos rexistros do Servizo Municipal de Deportes situados na C.D. Riazor, C.D. Torre ou Polideportivo do Barrio das Flores en horario de maña de 08:00 a 14:00h. Para acudir a estes rexistros, será necesario concertar cita previa, a través da páxina web (https://citaprevia.coruna.gal/) ou no teléfono de atención cidadá 010, deberá solicitarse unha cita por cada matrícula que se vaia realizar, de tal xeito que se unha mesma persoa vai facer máis dunha matrícula (para si mesma e outras persoas), concertará tantas citas como matrículas se queran formalizar.

Prégase máxima puntualidade. Non se atenderá a ningunha persoa antes nin depois da hora da súa cita.

Documentación que debe acompañar a Folla de formalización de matrícula EDM curso 2022/23 :(ou adxunto ao pé de páxina)

  • Menores de 14 anos: Fotocopias do DNI (de non telo, do Libro de Familia) e do DNI do pai/nai.
  • A partir de 14 anos e ata os 18: Fotocopias do DNI e do DNI dos proxenitores.
  • Alumnado suxeito a tutela, con independencia da idade: fotocopia do DNI, se o tivese e, ademais, do documento legal que a acredite e do DNI do titor/a.
  • Maiores de 18 anos: Fotocopia do DNI.

Ademais, no caso de menores de idade, acompañarase, de ser o caso, a Folla de autorización de recollida EDM curso 2022/23 (ou adxunto ao pé da páxina).

CAMBIOS DE HORARIO AO LONGO DO CURSO ESCOLAR​:

Aquelas persoas que por circunstancias de conciliación laboral, persoal ou de calquera outra índole desexen cambiar o horario, na mesma modalidade deportiva, (por exemplo: de natación a natación) poderán acceder ás prazas vacantes que se publicarán cada venres, desde o 28 de outubro ao último venres de xaneiro de 2023 (respetando os periodos por franxa de idade) e que estarán a libre disposición.

No seu caso, deberán tramitar conxuntamente a baixa no grupo do que desexan marchar e a alta no novo horario, sen necesidade de aboar novamente a taxa, agás a diferencia no importe no caso de pasar dunha frecuencia menor a unha frecuencia semanal maior (por exemplo, de dous días á semana a tres días a semana).

Rematado este prazo, non se admitirán máis cambios e deberán agardar á seguinte renovación co seu conseguinte novo prazo de cambios.

Non se permiten cambios de modalidade deportiva, nin entre as instalacións de San Diego ou San Amaro entre si ou co resto de instalacións.

Documentos relacionados

  • Folla de formalización de matrícula EDM curso 2022/23 (622 KB)
  • Folla de autorización de recollida EDM curso 2022/23 (458 KB)
  • Prazas Dispoñibles EDM Curso 2022/23 - 02/12/2022 (169 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión