Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

 I Torneo de eSports

RESUMO - eDERBY "Depor vs Celta" e FINAL "I Torneo FIFA20 "Cidade da Coruña"

eSports Concello da Coruña - Fifa20

A Concellería de Deportes presenta o I Torneo de eSports "Cidade da Coruña" que se desenvolverá desde o próximo 17 de abril e ao longo de diferentes roldas, que se irán distribuíndo principalmente na fin de semana en función do número total de participantes finais.

Nesta primeira edición organízase un campionato do videoxogo FIFA 20, (EA Games) desde a consola PlayStation 4.

O torneo seguirá a seguinte normativa (EXTRACTO, pode consultar o Regulamento completo no documento anexo no pé da páxina):

REQUISITOS XERAIS:

  • Consola: PlayStation 4
  • Xogo: FIFA 20
  • Modo: en liña
  • Formato: Eliminatoria directa a unha volta, un contra un

PARTICIPACIÓN

Poderán participar todas/os aquelas/es xogadoras/es maiores de 16 anos con domicilio fixo no termo municipal da Coruña. Deberán declarar que residen na cidade xunto cos datos que se indiquen para realizar a súa inscrición.

No caso de estaren empadroadas/os no termo municipal da Coruña, abondará con sinalalo no momento da inscrición.

INSCRICIÓN

A inscrición ao torneo é totalmente gratuíta. A inscrición ao torneo supón a aceptación completa do regulamento así como das decisións que poida chegar a tomar a súa organización en cada momento e ante calquera asunto, incidencia, discrepancia, necesidade de interpretación etc.

PRAZO DE INSCRICIÓN

As persoas interesadas en participar no torneo poderanse inscribir ata as 23:00 horas do día 15 de abril de 2020.

DATOS DE INSCRICIÓN

A inscrición poderán facela cubrindo o formulario oficial de inscrición do torneo:

Non se aceptarán inscricións defectuosas ou nas que falten datos de carácter obrigatorio. A organización tampouco contactará solicitando a corrección e/ou emenda dalgún dato que poida faltar, ou que sexa erróneo, dos obrigatorios esixidos na inscrición.

A organización resérvase a potestade de non admitir inscricións con nomes ofensivos, malsoantes, vexatorios, pexorativos, así como aqueles que puideran conter alusións de carácter político, relixioso etc.

O Regulamento xeral pode atopalo adxunto no pé desta mesma páxina.

Sorteo - I Torneo de eSports "Cidade da Coruña"

Publícanse as/os xogadoras/es deste I Torneo de eSports "Cidade da Coruña" que teñen e que non teñen dereito a entrar no sorteo de:

  • 2 PlayStation 5 (entregaranse cando estean dispoñibles no mercado)
  • 10 xogos FIFA21 (entregaranse cando estean dispoñibles no mercado)
  • 10 subscrición anual de PlayStation Network (entregaranse cando se entreguen o resto de premios sorteados)

Pódense consultar nas seguintes ligazóns:

Pediráselles tanto ás persoas gañadoras do torneo como ás xogadoras que resulten agraciadas no torneo que demostren que ou ben residen ou están empadroadas no Concello da Coruña

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión