Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
De marcha pola cidade
O Servizo de Deportes inicia un programa de actividade física con clases de marcha nórdica para persoas maiores de 65 anos durante os meses de verán.
A marcha nórdica é unha actividade física sinxela e apta para todas as persoas, que consiste en camiñar con dous bastóns empregando unha técnica específica, de modo que se exercitan as pernas e tamén toda a musculatura do tronco e as extremidades superiores.
Camiñar é unha das actividades físicas máis recomendadas para manter unha vida sa e activa, especialmente no caso das persoas maiores polos múltiples beneficios que supón a súa práctica, tanto a nivel físico como mental, ademais de ser unha actividade segura e pouco agresiva para o corpo.
É un deporte individual que se pode practicar en grupo e ao aire libre. Un deporte facilmente adaptable a todas as idades, sen importar a súa condición física para a súa iniciación.
Trátase de optimizar o esforzo físico realizado no movemento biomecánico do noso corpo ao andar. Mellora a saúde do corazón e a circulación en xeral, axuda a controlar o peso, mellora a resistencia a insulina etc.
A súa práctica regular leva beneficios fisiolóxicos e psicosociais e convértese nunha actividade óptima para manter a saúde.
Chegando ao parque de Santa Margarida
Datos da actividade
Actividade gratuíta dirixida a persoas maiores de 65 anos de idade, en grupos de 20 persoas.
Clases de luns a xoves, de 11.30 a 12.30 horas.
Calendario, localización das actividades, datas e lugares de recollida e entrega dos formularios de inscrición para cada grupo:
Xullo | Agosto | Setembro |
---|---|---|
Do 6 ao 16 de xullo nas inmediacións do Centro Ágora |
Do 3 ao 13 de agosto no Parque Europa |
Do 31 de agosto ao 10 de setembro na contorna da Torre de Hércules |
Recoller e entregar o formulario de inscrición asinado na conserxería do Centro Ágora do 1 ao 3 de xullo. |
Recoller e entregar o formulario de inscrición asinado na conserxería do Fórum Metropolitano do 29 ao 31 de xullo. |
Recoller e entregar o formulario de inscrición asinado na Cidade Deportiva da Torre do 26 ao 28 de agosto |
Do 20 ao 30 de xullo no Parque de Eirís |
Do 17 ao 27 de agosto no Parque de Vioño |
|
Recoller e entregar o formulario de inscrición asinado na conserxería do Polideportivo do Barrio das Flores do 15 ao 17 de xullo. | Recoller e entregar o formulario de inscrición asinado na conserxería do Palacio dos Deportes de Riazor do 12 ao 14 de agosto. |
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible