Concello da Coruña

Concello da Coruña

Deportes

Alcaldía

Campamentos de Verán 2023 - Deputación da Coruña

Os Campamentos Deportivos da Deputación deste Verán 2023 van dirixidos a nenos e nenas empadroados no Concello da Coruña nados entre o 1 de xaneiro do 2009 e o 31 de decembro do 2014.

CONVOCATORIA 

SEDE CAMPAMENTO:

IES Rosalía Mera Rúa Archer Milton Huntington, 24 (A CORUÑA)

DURACIÓN: Dende o domingo 23 de xullo (chegada para cear) ata o venres seguinte 28 de xullo (saída tras o almorzo).

QUENDA: 4ª QUENDA - do 23 ao 28 de xullo

PRAZAS: 28 prazas

CHEGADA: O domingo pola tarde entre as 18:00 horas e as 19:30 horas no IES Rosalía Mera.

REGRESO: O venres seguinte, entre as 16:00 horas e as 17:00 horas.

COTA DE INSCRICIÓN: 85,00 € (oitenta e cinco euros), que se ingresarán, unha vez o/a interesado/a obteña praza, na conta determinada pola Deputación da Coruña, facendo constar "Campamento Deportivo Deputación da Coruña 2023", ademais do nome do/a participante inscrito e concello ao que pertence. As cotas ingresadas non se devolverán. O nº de conta será publicado na web da Deputación da Coruña.

INCLÚE: Transporte interno, estadía e manutención en residencia, e todo gasto que ocasionen as actividades programadas.

EQUIPO RECOMENDADO

  • Roupa de rúa (pantalóns, camisas)
  • Equipamento deportivo (suadoiro, pantalóns curtos, camisetas deportivas, calcetíns, zapatillas de deportes, chanclas para a ducha, traxe de baño, útiles de praia e piscina)
  • Toallas de aseo
  • Útiles de aseo (xabón, peite, cepillo e pasta de dentes, colonia e/ou desodorizante)
  • Saco de durmir e lanterna
  • Gafas para o sol
  • Crema protectora para o sol, factor alto
  • Chuvasqueiro
  • Mochila pequena

MATERIAL: O material propio das actividades deportivas será proporcionado pola organización a cada participante durante a celebración do campamento.

PRAZOS DA CONVOCATORIA

INSCRICIÓNS: No seguinte formulario, ata o 7 de xuño de 2023 ás 23:59h.

Consideracións: 

  • Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello da Coruña que non participasen en ningún Campamento de Verán da Deputación da Coruña.
  • De existir máis solicitudes que prazas, realizarase un sorteo público.
  • No caso de que se detecten máis dunha solicitude por persoa, terase en conta a derradeira realizada.

LISTAXE PROVISIONAL DE SOLICITANTES:

  • 15 de xuño a partir das 14:00h. 

EMENDA DE ERROS:

  • dende a publicación da listaxe provisional ata o 18 de xuño ás 23:59h.

LISTAXE DEFINITIVO DE SOLICITANTES:

  • 19 de xuño a partir das 10:00h. Neste listaxe asignarase un numero por orde de entrada a cada solicitude, o cal utilizarase para establecer o corte no sorteo de adxudicación de prazas. 

SORTEO: 

LISTAXE DE ADXUDICACIÓN DE PRAZAS: 

  • 21 de xuño de 2022 a partir das 14:00h.

Esta listaxe elaborarse seguindo o número de corte establecido no sorteo do día 12 de xuño e as seguintes preferencias:

  • Empadroados no CONCELLO DA CORUÑA que non realizasen campamentos de verán da Deputación
  • Empadroados no CONCELLO DA CORUÑA que realizasen campamentos de verán da Deputación
  • Non empadroados no CONCELLO DA CORUÑA que non realizasen campamentos de verán da Deputación (no caso de rexistrarse solicitudes)
  • Non empadroados no CONCELLO DA CORUÑA que realizasen campamentos de verán da Deputación (no caso de rexistrarse solicitudes)

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA: 

  • Do 22 ao 26 de xuño de 2023 ata as 14:00h.

ACTIVACIÓN DA LISTAXE DE AGARDA (no caso de que non se formalicen as 28 prazas en periodo ordinario):

  • A partir do 27 de xuño

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión