DESTINATARIOS:
Nenos e nenas EMPADROADOS NO CONCELLO DA CIDADE DA CORUÑA, de 11 a 15 anos, ambos inclusive, cumpridos a 31 de decembro de 2023.
Terán preferencia os/as nenos/as que non foran a ningunha campaña de Inverno/Neve da Deputación. No caso que houbese mais solicitudes que prazas ofertadas, realizarase un sorteo público para a asignación de prazas.
Elabóranse dúas listaxes:
QUENDA:
Do 12 ao 15 de Xaneiro de 2024 , na estación invernal de Valgrande-Pajares (Asturias). con entrada na estación o venres antes do xantar e a saída o luns despois do xantar.
Nº DE PRAZAS: 30
COTA DE INSCRICIÓN:
85 € (oitenta e cinco euros)
O prezo desta campaña inclúe:
PRAZO SOLICITUDE E PREINSCRICIÓN:
Dende a publicación, ata o 1 de decembro de 2023 as 14:00h. so se aceptaran solicitudes recibidas a través do seguinte formulario:
Non e preciso achegar ningunha documentación nesta fase de preinscrición. Deberase presentar unicamente na inscrición definitiva.
LISTAXE PROVISIONAL:
Publicarase o día 4 de decembro de 2023 as 14:00h, na que se asignara un número para o sorteo público e na que se poderán revisar os datos persoais.
SUBSANACIÓN DE ERROS:
Dende a publicación da listaxe provisional ata o día 7 de decembro de 2023. As alegacións presentaranse no seguinte enderezo electrónico programasdeportivos@coruna.gal.
SORTEO
No suposto de que existan máis solicitudes que prazas, para establecer a orde de adxudicación de prazas celebrarase un sorteo público do número asignado, o día 13 de decembro de 2023, ás 09:00 h. nas oficinas municipais do Palacio dos Deportes de Riazor (Rúa Manuel Murguía s/n).
Orde de preferencia para a adxudicación das prazas: nos supostos en que o número de prazas solicitadas sexa maior das ofertadas, para a orde de preferencia terase en conta:
LISTAXE DE ADXUDICACIÓN DE PRAZAS
A listaxe definitiva publicarase o día 13 de decembro de 2023 as 15:00h.
MATRÍCULA E FORMALIZACIÓN DAS INSCRICIÓNS
Do 13 ao 17 de decembro de 2023 a través do correo electrónico programasdeportivos@coruna.gal deberase formalizar a matricula, segundo as normas e documentación solicitada pola Deputación da Coruña.
En caso de non presentar a matrícula entenderase que se renuncia á praza, e adxudicaranse as prazas vacantes seguindo a listaxe de agarda.
Será necesario achegar a seguinte documentación:
OUTRAS DISPOSICIÓNS
Non se permite a cesión a terceiras persoas da praza asignada.
As listaxes de solicitantes dos cursos ofertados, listaxes definitivas e demais documentación, información ou notificación referida a esta convocatoria publicarase na páxina web municipal, nos taboleiros de anuncios das instalacións deportivas municipais e no teléfono de información cidadá 010.
Pode consultar as Bases completas no documento adxunto ao pé da páxina
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible