Concello da Coruña

Concello da Coruña

Deportes

Concellería de Deportes

Semana Deportiva de Nadal - 2022

Convocatoria para participar na Semana Deportiva de Nadal 2022, onde se realizarán actividades deportivas dirixidas por persoal especializado.

23/12/2022: CADRO ACTIVIDADES

Na seguinte ligazón, achégase o cadro de actividades previstas nas Semanas Deportivas de Nadal:

20/12/2022: MOVEMENTO DA LISTAXE DE AGARDA

Finalizado o prazo de matrícula para as persoas con praza adxudicada, procédese á publicación do movemento da lista de agarda, concretamente para a primeira quenda da Semana Deportiva de Nadal:

As persoas reflectidas nesta listaxe poden formalizar a matrícula os días 20 e 21 de decembro de 2022, en calquera dos rexistros de deportes (C.D. Riazor, C.D. Torre ouPolideportivo do Barrio das Flores), concertando cita previa.

A documentación necesaria está indicada máis abaixo.

14/12/2022: LISTAXE DAS NOVAS PRAZAS ADXUDICADAS

Tras o peche do prazo extraordinario de solicitudes, publícanse as listaxes, ordenadas por orde alfabética, das novas prazas adxudicadas en cada quenda segundo orde de chegada:  

Listaxe novas adxudicacións - Semana 1

Listaxe novas adxudicacións - Semana 2

As matrículas poderán formalizarse os días 15 e 16 de decembro, en calquera dos rexistros de deportes (C.D. Riazor, C.D. Torre ou Polideportivo do Barrio das Flores, concertando cita previa e presentando a documentación indicada nas bases da convocatoria:

> Folla de matrícula Semana Deportiva de Nadal 2022-23 , que tamén estará a disposición nos rexistros de deportes.

> Autorización recollida de menores Semana Deportiva de Nadal 2022-23 , xunto coas fotocopias dos DNI das perosas autorizadas, tamén dispoñible nos rexistros.

> Documentación complementaria:

  • Fotocopia do DNI da persoa participante (de non telo, do Libro de Familia) e fotocopia do DNI do/a pai/nai, titor/a.
  • No caso de persoas suxeitas a tutela: fotocopia do DNI, se o tivese e, ademais, do documento legal que a acredite e do DNI do/a titor/a.

12/12/2022: ADIANTO DO PERÍODO DE MATRÍCULA DAS PERSOAS ADMITIDAS E AMPLIACIÓN DO PRAZO DE SOLICITUDE ATA CUBRIR PRAZAS

A matrícula, para as persoas admitidas, adiántase á semana do 12 ao 16 de decembro:

As matrículas formalizaranse aboando o importe correspondente (en efectivo ou con tarxeta) en calquera dos rexistros de deportes (C.D. Riazor, C.D. Torre ou Polideportivo do Barrio das Flores), concertando cita previa e presentando a documentación indicada nas bases da convocatoria:

> Folla de matrícula Semana Deportiva de Nadal 2022-23 , que tamén estará a disposición nos rexistros de deportes.

> Autorización recollida de menores Semana Deportiva de Nadal 2022-23 , xunto coas fotocopias dos DNI das perosas autorizadas, tamén dispoñible nos rexistros.

> Documentación complementaria:

  • Fotocopia do DNI da persoa participante (de non telo, do Libro de Familia) e fotocopia do DNI do/a pai/nai, titor/a.
  • No caso de persoas suxeitas a tutela: fotocopia do DNI, se o tivese e, ademais, do documento legal que a acredite e do DNI do/a titor/a.

Por outra banda, e posto que non se cubriron todas as prazas ofertadas, ábrese un prazo extraordinario para solicitudes de participación ata as 14:00 h. do mércores 14 de decembro de 2022 ou ata cubrir as prazas. As solicitudes se participación atenderanse por orde de chegada e deberán presentarse a través do seguinte formulario: Formulario de solicitude para a Semana Deportiva de Nadal 2022-23.

7 decembro 2022: LISTAXES PROVISIONAIS DE SOLICITANTES

Procédese á publicación das listaxes provisionais de solicitantes para a Semana Deportiva de Nadal:

Tal e como se establece no punto VII das bases da convocatoria, as persoas solicitantes entran na súa primeira opción de preferencia, agás as solicitudes descartadas por non cumprir o criterio de idade.

Ábrese o prazo para a corrección de erros ata as 23:59 h. do 11 de decembro, enviando un correoelectrónico ao enderezo: deportes@coruna.gal.

Dado que o número de solicitudes non superou o número de prazas ofertadas, non é necesario realizar sorteo, polo que se adianta o periodo de formalización das matrículas: do 12 ao 16 de decembro de 2022.

As matrículas formalizaranse en calquera dos rexistros de deportes (C.D. Riazor, C.D. Torre ouPolideportivo do Barrio das Flores, concertando cita previa

2 decembro 2022: CONVOCATORIA

Persoas destinatarias: poboación infantil con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos (coa idade cumprida a 31 de decembro de 2022), que se organizarán en subgrupos por franxas de idade: de 6-8 anos e de 9-12 anos. Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello da Coruña.

Para poder ter en conta as necesidades de conciliación das familias, deberán facerse as solicitudes para membros da mesma unidade familiar nun único formulario, para obteren un só número de sorteo. Todos os membros da unidade familiar optarán á mesma quenda.

No caso de rexistrar para a mesma persoa/unidade familiar máis dunha solicitude, só se terá en conta a última, anulando con esta todas as feitas con anterioridade. Deste xeito, unha mesma persoa non poderá constar en máis dunha solicitude, sexa individual ou familiar.

Número de prazas: 96 prazas por semana. Cada menor só poderá participar nunha quenda.

Datas de desenvolvemento: Haberá dúas quendas a elexir:

  • Semana 1: do 26 ao 30 de decembro de 2022
  • Semana 2: do 2 ao 5 de xaneiro de 2023

No formulario de solicitude deberá consignarse a quenda á que queren asistir, por orde de preferencia. 

Lugar de desenvolvemento: as actividades da Semana Deportiva de Nadal terán como sede principal a Cidade Deportiva de Riazor, pudendo desprazarse a outras instalacións e espazos da cidade da Coruña para a realización de actividades específicas.

Horario xeral das actividades: 09:00-14:00 h.

Horario ampliado de conciliación

  • Entrada: Desde as 08:00 ata as 09:00 h.
  • Saída: A elexir entre:
    • 14:00 h.
    • 14:30 h.

A opción de horario ampliado non supón un coste engadido.

Custo: O importe a aboar é de 4,24 € por día e participante, sendo os importes por quenda os seguintes:

  • Semana 1 (26 a 30 de decembro): 21,20 € por participante.
  • Semana 2 (2 a 5 de xaneiro): 16,96 € por participante.

Actividades que se van realizar: escalada, natación, tenis, baloncesto, etc., susceptibles de variación.

Indumentaria: acudir con roupa e calzado cómodo. Para as actividades na piscina, deberán levar traxe de baño, toalla, chanclas, gorro e recoméndase tamén gafas de natación.

Recomendacións: levar unha botella de auga identificada co seu nome, unha pequena merenda para tomar a media mañá e mascarilla para empregar nos desprazamentos en autobús.

DATAS DO PROCESO DE SOLICITUDE E MATRÍCULA:

  • Presentación de solicitudes: do 1 ao 4 de decembro (ata as 23:59 horas) a través do formulario en liña. Pode acceder na seguinte ligazón: Formulario de solicitude para a Semana Deportiva de Nadal 2022-23. No formulario de solicitude será imprescindible indicar se o/a menor sabe nadar.
  • Publicación da listaxe provisional de solicitantes: 7 de decembro
  • Subsanación de erros: do 8 ao 11 de decembro ata as 23:59 horas, enviando un correo electrónico a deportes@coruna.gal.
  • Publicación da listaxe definitiva de solicitantes: 12 de decembro
  • Sorteo (de ser necesario): 13 de decembro, ás 09:00 horas.
  • Publicación da listaxe de adxudicación de prazas: 14 de decembro, a partir das 14:00 h.
  • Formalización da matrícula das persoas admitidas: do 15 ao 19 de decembro, nos rexistros de Deportes da C.D. Riazor, C.D. Torre ou Barrio das Flores, concertando cita previa. Para a formalización da matrícula haberá que abonar a tasa correspondente e presentar o formulario de matrícula cuberto, acompañando a documentación indicada nas bases.
  • Xestión da listaxe de agarda: 20 e 21 de decembro. 

Documentos relacionados

  • Bases Convocatoria Semana Deportiva de Nadal 2022-23 (301 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión