Concello da Coruña

Concello da Coruña

Día do Deporte na Cidade

Día do Deporte na Cidade

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

27/06/2021

Este evento xa rematou

Horario:

Horario de mañá

11.00 a 14.00 h

Horario de tarde

16.00 a 19.00 h

Organiza:

Servizo Municipal de Deportes

Contacto:

deportes@coruna.gal

Tel.: 981 189 800

Documentos:

Folleto - Día do Deporte na Cidade (3 MB)

Protocolo Covid 19 - Día do Deporte na Cidade (95 KB)

9 de xullo de 2021

Publícase a listaxe de persoas que obtiveron un obsequio no sorteo dos carnés de participación. Pode consultar a listaxe na seguinte ligazón:

Listaxe de persoas agraciadas no sorteo de obsequios.

27 de xuño de 2021

Coñecido anteriormente como o "Día do Deporte na Rúa", o concello recupera este evento co fin de fomentar a práctica deportiva, neste caso, de máis de 60 especialidades.

A xornada festiva desenvolverase das 11.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 19.00 horas nos seguintes puntos. Despregándoos poderá consultar todas as actividades dispoñibles en cada un deles:

Cidade Deportiva da Torre-Arsenio Iglesias

  • Golf
  • Pentatlón moderno
  • Hóckey herba
  • Fútbol
  • Chutagol
  • Arbitraxe
  • Fútbol gaélico
  • Pelota

Pista de Durmideiras

  • Bádminton
  • Frisbee
  • Hóckey patíns
  • Marcha nórdica
  • Roller derby

Pista de petanca Santo Amaro

  • Petanca

Xardíns de Méndez Núñez

  • Carreiras de orientación
  • Colombofilia
  • Defensa persoal
  • Aikido
  • Judo
  • Graplin
  • Minitenis
  • Taekwondo e loita
  • Bujutsu
  • Salvamento e socorrismo
  • Taichí
  • Tenis adaptado
  • Xadrez

Cidade Deportiva de Riazor

  • Dardos
  • Rápel
  • Deporte adaptado
  • Volei praia
  • Atletismo
  • Tiro con arco
  • Tenis de mesa
  • Escalada
  • Patinaxe artístico
  • Rugby praia
  • Xincana ciclista
  • Skate
  • Crossfit
  • Boxeo
  • Triatlón

Casa da Auga

  • Esgrima
  • Esgrima adaptada
  • Halterofilia
  • Actividades dirixidas
  • Duatlón

Praza de San Pablo

  • Baloncesto

Praza de Tabacos

  • Fútbol sala
  • Balonmán
  • Ximnasia artística
  • Ximnasia rítmica
  • Patinaxe en liña
  • Actividades dirixidas

Praia de Oza

  • Windsurf
  • Vela
  • Remo e piragüismo
  • Waterpolo
  • Navegación costeira

Carné do/a deportista

A cada inscrita/o entregaráselle un "Carné do/a deportista" que se irá selando en cada un dos nove puntos de actividades se a/o participante supera a actividade nun tempo prudencial e con respecto ás normas establecidas polo persoal organizador en cada punto.

Para fomentar a participación en todas as zonas e actividades, e non só nas que tradicionalmente se contan como maioritarias, algunhas actividades valerán dous selos. Ao completarse a primeira fileira con tres selos, cada participante recibirá unha camiseta e poderá participar nun sorteo de agasallos.

Por cada fileira completada, poderá optar a un novo sorteo con mellores agasallos. O resultado do sorteo publicarase na web municipal de Deportes www.coruna.gal/deportes e comunicaráselles telefonicamente ás galardoadas e galardoados.

Os premios que non sexan recollidos antes de 30 días naturais serán doados a algunha entidade benéfica da cidade.

Cada espazo de actividade terá un punto de acceso para controlar a capacidade e para efectuar o protocolo COVID con control de temperatura e hixiene de mans. Tamén contará cun equipo Covid e os espazos de maior dimensión terán un punto de saída diferenciado para favorecer circulacións fluídas.

Documentos relacionados

  • Premiados no Día do Deporte na cidade 2021 (5 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión