Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Curso de DESFIBRILACION SEMIAUTOMATICA EXTERNA

O curso enmárcase no convenio nominativo entre a Concellería de Deportes do Concello da Coruña e Cruz Vermella Española para o ano 2020.

A quen vai dirixido?:

Federacións, Clubs, Asociacións e demais entidades deportivas do termo municipal da Coruña.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

14/12/2020

Este evento xa rematou

Inscricións:

Dende o 13/11/2020 ata o 11/12/2020

Enderezo:

CPR Cruz Vermella. Rúa Médico Devesa Núñez 1. 15008 A Coruña

Número de prazas:

3

Prezo:

Gratuíto

Contacto:

Máis información: Formación Cruz Vermella

Este curso ten como finalidade conseguir a acreditación necesaria para o manexo dun Desfibrilador Semiautomático

OBXECTIVOS

  • Coñecer a secuencia de Soporte Vital Básico.
  • Coñecer o funcionamento teórico dun DESA.
  • Aprender a utilizar un DESA no contexto do Soporte Vital Básico.
  • Saber recoñecer as posibles complicacións do uso do DESA.
  • Coñecer os deberes e obrigacións legais referentes ao uso do DESA

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: O prazo para solicitar a inscrición será desde as 08:00 h do 01/12/2020 ata as 14:00 horas do 11/12/2020.

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN: Para 3 alumnos, as prazas asignaranse por orde de solicitude, para iso é imprescindible cubrir o formulario de inscrición na seguinte ligazón:

CONTIDOS:

  1. Introdución teórica:
    1. Cadea de supervivencia.
    2. Parada cardiorrespiratoria.
    3. Resucitación cardiopulmonar básica.
    4. Desfibrilador externo automatizado.
  2. Prácticas:
    1. Resucitación cardiopulmonar básica.
    2. Uso do desfibrilador externo.

RECOÑECEMENTO: A formación de Cruz Vermella está avalada polo Consello Español de R.C.P. e conta coa certificación de calidade de AENOR e IQNet.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión