MES DE XULLO
Tras o peche do último prazo de solicitude, publícase a listaxe de persoas admitidas nas derradeiras andainas do mes de xullo.
Lembramos que durante o mes de agosto NON se realizarán andainas guiadas.
Roteiro 1: Ruta polo Deporte coruñés e 50 anos do Palacio dos Deportes de Riazor
Temática: Historia e anécdotas do deporte coruñés
Horario: 12:00 a 13:00 horas
Saída: Busto de Arsenio Iglesias
Chegada: Palacio dos deportes de Riazor
Datas: todos o venres, salvo ó venres 15
Nesta andaina repasarase a historia do deporte na cidade de A Coruña e os seus protagonistas xunto aos escenarios en que destacaron. Lembraranse fitos como os que aconteceron no Corralón da Gaiteira e A Granxa ata os do campo de Riazor e o estadio que se constrúe a comezos dos 40, unha arquitectura que se revisará para acoller o Mundial de 1982 e que finalmente nos 90 recibirá o "fenómeno do Superdepor". Ademais do fútbol, abordaranse outros deportes como o hóckey sobre patíns, o fútbol-sala, o baloncesto, o atletismo, o remo e a esgrima, así como as e os coruñeses/as que foron "olímpicas/os".
A andaina comezará no busto de Arsenio Iglesias do paseo de Riazor e transitará polos exteriores e interiores do Estadio municipal Abanca Riazor e o Palacio Municipal de Deportes, onde está instalada a exposición "50 anos do Palacio Municipal".
Roteiro 2: Ruta polas Murallas da Coruña
Temática: Andaina aos tempos de María Pita
Horario: 12:00 a 13:30 horas
Saída: Estatua de María Pita
Chegada: praza de María Pita
Datas: 03 é 31 de xullo
Camiñaremos pola Dársena da Mariña ata chegar ao Castelo de San Antón, o cal poderemos visitar e coñecer o seu interior e as reliquias que garda. Visitaremos o forte amurallado da Cabeza do Reino: baluarte de Santa Bárbara, Porta de San Miguel Baluarte do Mar, o polvorín e as portas do Parrote ata regresar ao momento de partida, logo de repasar historias e arquitecturas dun período crucial que transformará a cidade
Roteiro 3: A Coruña Romana
Temática: Andaina aos tempos de Fortunatus
Horario: 12:00 a 13:30 horas
Saída: Entrada do museo de San Antón
Chegada: Cantón Grande
Datas: 10 de xullo
Esta andaina é como unha viaxe física e temporal a 2000 anos atrás, interpretando morfoloxía da cidade roana, a través do patrimonio arqueolóxico.
A xornada comeza cunha visita guiada á sala arqueolóxica da Romanización e da Coruña romana do Museo de San Antón, identificándose varios elementos epigráficos, náuticos, cerámicos, arquitectónicos e funerarios. A continuación comeza a andaina pola Cidade Vella, Franxa, rúas Rego de Auga e Real ata o Cantón grande para localizar os sitios onde os elementos arqueolóxicos musealizados foron localizados.
Roteiro 4: A Coruña da Ilustración
Temática: Andaina aos tempos de Cornide
Horario: 12:00 a 13:30 horas
Saída: Praza Pintor Sotomayor (fronte edif. do Real Consulado)
Chegada: Fábrica de Tabacos
Datas: 24 de xullo
Partindo dende dúas mansións da segunda metade do século XVIII, propiedade de dous cidadáns da nova Coruña comercial e dos negocios náuticos desta época (José Ríos e Pedro Agar), esta andaina levaranos por un vello barrio histórico, o da Pescadería, que agora se transforma, e remataremos no lugar coñecido naquel tempo como "Acea de Xaspe", na desembocadura do río Monelos e ceca da "Illa dos Xudeus", ata chegar a unha infraestrutura fabril importante daquela Coruña, no lugar onde logo se construirá a Fábrica de Tabacos.
INSCRICIÓN E NORMAS DE PARTICIPACIÓN
A quen vai dirixido? Este programa está dirixido inicialmente ao alumnado das Escolas Deportivas Municipais e, no caso de que queden prazas libres, abrirase a toda a cidadanía. Permítese a participación de menores de idade, sempre que vaian acompañados dunha persoa adulta que tamén esté inscrita na andaina.
Canto custa a actividade? A actividade é gratuíta.
Como me apunto? Enchendo o formulario en liña, no formulario a continuación, ou chamando ao teléfono 981189800, durante o prazo de inscrición, en horario de 08:00h a 15:00h
FORMULARIO DE INSCRICIÓN ANDAINAS XULLO 2022
Que datos necesito? Nome e apelidos, número de DNI, número de teléfono, unha dirección de correo electrónico e a EDM á que asistes no curso 2021-2022.
Cando podo apuntarme? Ábrese un prazo para as rutas de cada mes.
Como se que podo participar na andaina? As listaxes de persoas admitidas e en lista de agarda publícanse nesta mesma páxina. Ademais, o guía ponse en contacto coas persoas admitidas uns días antes de cada ruta.
Como se organizan os grupos? O número de asistentes a cada andaina axustarase á normativa vixente no momento da andaina
Normas de participación: Será obrigatorio o uso de máscara durante toda a actividade, así como respectar as distancias de seguridade co resto de persoas participante. Atenderase en todo momento as indicacións do guía.
Ao finalizar cada andaina, as persoas participantes poderán repoñer forzas coa desgustación ofrecida por SanBrandrán.
13/08/2022
13/08/2022
Dende o 12/08/2022 ata o 14/08/2022
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible