Abrirasé prazo para as Andainas do mes de abril ó luns 27 as 08:00 h. e atá as 23:59 h. do mercores 29
AVISO: PECHADAS AS RUTAS DOS DOMINGOS, AO CUBRIRSE TODAS AS PRAZAS
A ruta dos venres está adaptada a persoas con mobilidade reducida en cadeira de rodas
Roteiro 1: Deporte coruñés e 50 anos do Palacio dos Deportes de Riazor
Temática: Historia e anécdotas do deporte coruñés
Horario: 12:00 a 13:00 horas
Saída: Busto de Arsenio Iglesias
Chegada: Palacio dos deportes de Riazor
Datas: 14,21 E 28 DE ABRIL
Nesta andaina repasarase a historia do deporte na cidade de A Coruña e os seus protagonistas xunto aos escenarios en que destacaron. Lembraranse fitos como os que aconteceron no Corralón da Gaiteira e A Granxa ata os do campo de Riazor e o estadio que se constrúe a comezos dos 40, unha arquitectura que se revisará para acoller o Mundial de 1982 e que finalmente nos 90 recibirá o "fenómeno do Superdepor". Ademais do fútbol, abordaranse outros deportes como o hóckey sobre patíns, o fútbol-sala, o baloncesto, o atletismo, o remo e a esgrima, así como as e os coruñeses/as que foron "olímpicas/os".
A andaina comezará no busto de Arsenio Iglesias do paseo de Riazor e transitará polos exteriores e interiores do Estadio municipal Abanca Riazor e o Palacio Municipal de Deportes, onde está instalada a exposición "50 anos do Palacio Municipal".
Roteiro 2: Murallas da Coruña
Temática: Andaina aos tempos de María Pita
Horario: 12:00 a 13:30 horas
Saída: Estatua de María Pita
Chegada: praza de María Pita
Datas: NON TEN DATA NO MES DE ABRIL
Camiñaremos pola Dársena da Mariña ata chegar ao Castelo de San Antón, o cal poderemos visitar e coñecer o seu interior e as reliquias que garda. Visitaremos o forte amurallado da Cabeza do Reino: baluarte de Santa Bárbara, Porta de San Miguel Baluarte do Mar, o polvorín e as portas do Parrote ata regresar ao momento de partida, logo de repasar historias e arquitecturas dun período crucial que transformará a cidade
Roteiro 3: A Coruña Romana
Temática: Andaina aos tempos de Fortunatus
Horario: 12:00 a 13:30 horas
Saída: Entrada do museo de San Antón
Chegada: Cantón Grande
Datas: 30 DE ABRIL
Esta andaina é como unha viaxe física e temporal a 2000 anos atrás, interpretando morfoloxía da cidade romana, a través do patrimonio arqueolóxico.
A xornada comeza cunha visita guiada á sala arqueolóxica da Romanización e da Coruña romana do Museo de San Antón, identificándose varios elementos epigráficos, náuticos, cerámicos, arquitectónicos e funerarios. A continuación comeza a andaina pola Cidade Vella, Franxa, rúas Rego de Auga e Real ata o Cantón grande para localizar os sitios onde os elementos arqueolóxicos musealizados foron localizados.
Roteiro 4: A Coruña da Ilustración
Temática: Andaina aos tempos de Cornide
Horario: 12:00 a 13:30 horas
Saída: Praza Pintor Sotomayor (fronte edif. do Real Consulado)
Chegada: Fábrica de Tabacos
Datas: 16 DE ABRIL
Partindo dende dúas mansións da segunda metade do século XVIII, propiedade de dous cidadáns da nova Coruña comercial e dos negocios náuticos desta época (José Ríos e Pedro Agar), esta andaina levaranos por un vello barrio histórico, o da Pescadería, que agora se transforma, e remataremos no lugar coñecido naquel tempo como "Acea de Xaspe", na desembocadura do río Monelos e ceca da "Illa dos Xudeus", ata chegar a unha infraestrutura fabril importante daquela Coruña, no lugar onde logo se construirá a Fábrica de Tabacos.
Roteiro 5: Mitoloxía da Coruña. Hércules, Xerión é Breogán.
Temática: Mitoloxía dos héroes
Horario: 12:00 a 13:30 horas
Saída: Rosa dos Ventos.
Chegada: Casa das Verbas (Cemiterio Moro).
Datas: 23 DE ABRIL
Percorrido polo Parque escultórico da Torre de Hércules interpretando a mitoloxía clásica e atlántica que se agocha nos cantís e nas esculturas.
Roteiro 6: Pola Fronte de Guerra da Batalla de Elviña (1809).
Temática: Batalla de Elviña
Horario: 12:00 a 13:30 horas
Saída: Casa do Lagar-Oficina Relacións Internacionais da Universidade da Coruña.
Chegada: Igrexa de San Vicente de Elviña.
Datas: NON TEN DATAS EN ABRIL
Recorrido pola liña da fronte da Batalla de Elviña analizando o teatro de operacións e os movementos das forzas contendentes.
Cerca dos lugares de inicio e final pasa o bus urbano UDC-Intercampus Elviña/Economía)
INSCRICIÓN E NORMAS DE PARTICIPACIÓN
A quen vai dirixido? Este programa está dirixido inicialmente ao alumnado das Escolas Deportivas Municipais e, no caso de que queden prazas libres, abrirase a toda a cidadanía. Permítese a participación de menores de idade, sempre que vaian acompañados dunha persoa adulta que tamén esté inscrita na andaina.
Canto custa a actividade? A actividade é gratuíta.
Como me apunto? Enchendo o formulario en liña, no formulario a continuación, ou chamando ao teléfono 981189800, durante o prazo de inscrición, en horario de 08:00h a 15:00h
FORMULARIO DE INSCRICIÓN ANDAINAS 2023
Que datos necesito? Nome e apelidos, número de DNI, número de teléfono, unha dirección de correo electrónico e a EDM á que asistes no curso 2022-2023.
Cando podo apuntarme? Ábrese un prazo para as rutas de cada mes.
Como se que podo participar na andaina? As listaxes de persoas admitidas e en lista de agarda publícanse nesta mesma páxina. Ademais, o guía ponse en contacto coas persoas admitidas uns días antes de cada ruta.
Como se organizan os grupos? O número de asistentes a cada andaina axustarase á normativa vixente no momento da andaina
Ao finalizar cada andaina, as persoas participantes poderán repoñer forzas coa desgustación ofrecida por SanBrandrán.
Tamén che pode interesar
Documentos relacionados
29/03/2023
Dende o 31/03/2023 ata o 01/04/2023
23/04/2023
Proximamente informarase da inscrición.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible