Concello da Coruña

Concello da Coruña

A Coruña acolle a quinta edición do Torneo Nacional Club Rítmica Milenium

A competición, que conta coa colaboración do Concello, celebrarase este sábado, 16 de setembro, no pavillón de Monte Alto

Cando:

15 de setembro de 2023

O V Torneo Nacional Club Rítmica Milenium celebrarase este sábado no pavillón de Monte Alto, contando coa colaboración do Concello da Coruña, a través da súa Concellaría de Deportes. O torneo está organizado polo Club Rítmica Milenium e vai dirixido aos conxuntos que se van presentar ao Campionato de España e aos e ás ximnastas individuais que se presentan ao control para a Copa de España.

O torneo serve como punto de partida da segunda temporada do ano e que os e as participantes dispoñan de competicións nas que mellorar a súa técnica de cara aos grandes eventos da parte final do ano. Nesta edición está prevista a participación de máis de 200 ximnastas de todos os clubs de Galicia e clubs de Asturias. A competición contará con seis xuíces e xuizas nacionais, dous delas con licenza internacional. 

Nesta edición o Club Rítmica Milenium presentará a cinco ximnastas individuais e ao conxunto xuvenil base, que se presentará ao campionato galego de conxuntos base. O club creouse no ano 2017 e conta co apoio do Concello para achegar a ximnasia rítmica aos coruñeses e coruñesas, dentro das políticas postas en marcha polo Goberno de Inés Rey para fomentar a práctica do deporte.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión