Concello da Coruña

Concello da Coruña

Deportes

Concellería de Deportes

A Coruña celebra o torneo Praza 3x3 de baloncesto no seu regreso a Galicia tres anos despois

A competición levarase a cabo durante o día de hoxe nos xardíns de Méndez Núñez, onde participarán máis de 250 xogadores e xogadoras

Cando:

3 de setembro de 2022

A Coruña acolle hoxe o torneo Praza 3x3 Caixabank, unha competición deportiva que regresa a Galicia tres anos despois da súa celebración en Santiago de Compostela. "É un orgullo volver acoller na Coruña esta competición na súa volta a Galicia" sinalou a concelleira de Deportes, Mónica Martínez.

A edil presentou o torneo esta mañá, acompañada de Rubén Soto Varela, director de oficina Store de CaixaBank de San Andrés, Daniel Illán, membro da Xunta Xestora da Federación Galega de Baloncesto e Fernando Romay, Embaixador da Federación Española de Baloncesto e ex xogador profesional.

Na competición inscribíronse un total de 64 equipos de todas as categorías, traendo a 252 xogadores e xogadoras para gozar do deporte nun dos espazos máis emblemáticos da cidade. Os partidos comezan ás 09.30 horas nos Xardíns de Méndez Núñez, repartidos en diferentes canchas ao longo do día. Ademais dos torneos, na contorna dos xardíns celebraranse outras actividades como concursos, co obxectivo de converter a cita non só nun encontro deportivo senón para todos os públicos.

O ex xogador coruñés, Fernando Romay, exercerá de embaixador da Federación Española de Baloncesto, "mais tamén coma un excelente anfitrión" sinalou a concelleira xa que A Coruña é a súa vila natal. "Fernando Romay é un dos nosos referentes deportivos" destacou, "e un dos persoeiros máis queridos da nosa cidade".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión