Concello da Coruña

Concello da Coruña

A Coruña homenaxea o nadador coruñés Jacobo Garrido en María Pita

O deportista do Liceo acadou tres diplomas nos Paralímpicos de Tokio 2020

Cando:

8 de setembro de 2021

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, recibiu esta mañá no Pazo Municipal de María Pita o nadador paralímpico coruñés Jacobo Garrido, que vén de acadar tres diplomas olímpicos nos Xogos Paralímpicos de Tokio 2020.

A edil de Deportes asegurou que o deportista do Liceo "é un claro exemplo de superación e do que significa o esforzo". "Estamos moi orgullosos de recibir hoxe a un dos nosos heroes coruñeses de Xapón 2020 aquí, na súa casa", apuntou Martínez. Jacobo Garrido é un dos deportistas beneficiarios das bolsas paralímpicas do Concello da Coruña na aposta do Goberno de Inés Rey por conceder axudas individuais e apoiar ao deporte herculino.

Garrido foi campión do mundo en 400 libres S9 en Londres 2019, a mesma modalidade na que conseguiu a quinta posición nos Xogos de Xapón 2020. O coruñés de 19 anos de idade, que xa conta con 5 títulos internacionais, tamén foi o primeiro nadador con diversidade funcional en conseguir unha medalla nun Nacional de augas abertas. Jacobo comezou a nadar aos 6 meses por recomendación médica e a nivel competitivo aos 7 anos co Club Natación Liceo onde continúa actualmente.

O nadador volve do país Nipón asegurando ter cumprido un sono tras pechar a súa participación e emprender a viaxe de volta despois da clausura da competición a pasada fin de semana.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión