A San Silvestre Coruña 2024 amplía os dorsais para a carreira absoluta debido á alta demanda e peticións. A cota increméntase en 100 inscricións extra.
27 de decembro de 2024
Este luns 23 de decembro esgotáronse os 4.500 dorsais dispoñibles, dous días antes do peche de inscricións. A organización tamén lembra que o prazo de inscrición finaliza o día 25 de decembro ás 23.59 horas. Polo que aprema as persoas corredoras que aínda non formalizasen a súa inscrición a que o fagan o máis axiña posible.
Por outra banda, tamén anuncia que se amplía en 25 prazas extra a CanSilvestre que tamén esgotou os seus dorsais iniciais.
A recollida de dorsais será na Casa da Auga os días 29 e 30 en horario das 10.00 ás 21.00 horas.
San Silvestre Coruña lembra que ten en vigor a campaña "Corre e colabora" na que as/os participantes poderán doar alimentos para a Cociña Económica e Cáritas Coruña. Poderanse entregar os alimentos na Casa da Auga coincidindo coa entrega de dorsais.
O percorrido da San Silvestre 2024 terá como saída e meta O Parrote/A Mariña.
O horario da carreira absoluta será ás 17.00 horas co seguinte: Caixón A (participantes con tempos inferiores a 31 minutos), caixón B, Andaina, CanSilvestre e, no último caixón, Marcha Nórdica.
As probas infantís realizaranse en circuíto pechado no Parrote/A Mariña, con saídas ás 16.00, 16.15, 16.30 e 16.45 horas respectivamente.
26/01/2025
26/01/2025
Os días 12/01/2025, 26/01/2025 á 01:00
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible