Concello da Coruña

Concello da Coruña

Abre o prazo para inscribirse nos cursos de iniciación ao golf do Concello

As clases serán no último trimestre do ano e haberá tres categorías: infantil, xuvenil e adultos

Cando:

3 de setembro de 2023

O Concello da Coruña, a través da súa Concellaría de Deportes, abre este luns 4 de setembro o prazo de inscrición para os cursos de iniciación ao golf do cuarto trimestre do ano, nos outubro, novembro e decembro. O período de presentación de solicitudes estará aberto ata o 10 de setembro ás 23.59 horas.

Haberá tres grupos de idades diferenciados: infantil, de 6 a 11 anos; xuvenil, de 12 a 16 anos; e adultos, de 17 en adiante. Os cursos desenvolveranse no campo municipal de golf da Torre de Hércules desde o vindeiro 1 de outubro todos os días da semana agás os mércores.

Ofértanse un total de 144 prazas entre os tres grupos. A de maior número de prazas é a categoría para adultos, por tratarse da máis demandada. A listaxe provisional de persoas admitidas farase pública o 12 de setembro na web municipal da Concellaría de Deportes e nos taboleiros de anuncios das instalacións deportivas municipais. A listaxe de adxudicatarios definitiva publicarase o 15 de setembro e a matrícula levarase a cabo no propio campo de golf da Torre do 21 ao 27 de setembro.

Toda a información sobre os cursos de iniciación ao golf pódese consultar na seguinte ligazón.

https://www.coruna.gal/deportes/gl/actividades/cursos-municipais-de-golf/cursos-de-golf-4-trimestre-de-2023

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión