Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

CH Barrocás e Escola Galicia Sport, gañadores do Campionato Galego de Hóckey Sala

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a cerimonia de clausura deste campionato clasificatorio para o nacional no que participaron os mellores equipos autonómicos

Cuándo:

22 de enero de 2023

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a entrega de medallas e trofeos do Campionato Galego de Hóckey Sala na categoría masculina e feminina absoluto. É a primeira vez que a cidade acolle esta competición das dúas máximas categorías despois de que no 2021 se celebrase a fase final masculina. 

A competición celebrouse este sábado e domingo no pavillón do Ventorrillo e no Pazo dos Deportes de Riazor, onde se disputaron as finais esta mañá. Na categoría masculina, loitaron pola medalla de ouro o CH Barrocás e o CSA Ourense. Na categoría feminina, disputaron a final o Escola Galicia Sport e o Villar Ourense. Finalmente, os gañadores desta edición foron CH Barrocás e as coruñesas Escola Galicia Sport, cun resultado de 6-5 e 6-1, respectivamente. 

A alcaldesa destacou o gran ambiente deportivo que se viviu estas dúas xornadas, nas que participaron os sete mellores equipos masculinos e os cinco mellores femininos de Galicia. Participaron os equipos masculinos CH Barrocás, CH Albor, Escola Hockey Coruña, CSA Ourense, Gimnástico Cudeiro, Athletic Coruña e CH Albor 1981 e os femininos Villar Ourense, Atlántico Vigo, Athletic Coruña, Escola A Coruña 2016 e Escola Galicia Sport.

Inés Rey entregou os trofeos aos equipos gañadores e reiterou o compromiso do seu Goberno co deporte e a disputa de importantes competicións nas instalacións municipais. Durante estes últimos dous días máis de 200 deportistas e adestradores déronse cita neste Campionato Galego.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión