Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
A Concellaría de Deportes quere que os mais pequenos sexan os protagonistas do noso “Nadal deportivo e creativo” . Para iso convoca aos alumnos e alumnas das Escolas Deportivas Municipais a participar nun concurso de debuxo e creatividade.
Alumnado das escolas deportivas municipais (E.D.M.)
Dende o 20/11/2020 ata o 07/01/2021
Este evento xa rematou
Palacio de los Deportes de Riazor. Parque Manuel Murguia s/n. 15011 A Coruña
Concellaria de Deportes
Servizo Municipal de Deportes
DEBUXO E ADORNO GAÑADORES DO CONCURSO "O DEPORTE E O NADAL"
Modalidade DEBUXO
Autora: Inés Vázquez Lamas
EDM: Aikido 6-8 anos
Modalidade ADORNO
Autoras: María Lousas Luaces e María A. Iglesias Cao
EDM: Natación mantemento e Pilates, respectivamente
MODALIDADES DO CONCURSO
Bases do Concurso (Ou documento adxunto ao pé)
Participantes: Poderán participar exclusivamente os alumnos e alumnas das Escolas Deportivas Municipais que teñan idades comprendidas entre os 6 e os 11 anos cumpridos a 31 de decembro de 2020. Polo Covid-19 este ano os debuxos faranse na casa.
O debuxo farase nunha cartolina de tamaño A4 por un solo lado.
Lugar de presentación: o debuxo de Nadal deberá presentarse nas seguintes instalacións deportivas municipais: CD da Torre, Barrio das Flores ou CD de Riazor.
Prazo: o prazo para presentar o debuxo remata o día 13 de decembro de 2020 ás 14:00 horas.
Limitación: só se aceptará un debuxo por neno ou nena.
Forma de presentación: o debuxo deberá vir dentro dun sobre. No interior do sobre deberase incluír o formulario para participar no concurso.
Inscrición: para participar deberase cubrir o Anexo I que se achega con esta convocatoria.
Participantes: Poderán participar as familias das Escolas Deportivas Municipais.
Neste caso é un concurso colectivo onde pode participar unha unidade familiar (un neno cos seus pais, unha avoa cos seus netos, etc.). O único requisito é que un dos participantes sexa un ou unha alumno/a das escolas.
Os participantes deberán elaborar un adorno de Nadal con material reciclado. Poderán melloralo con algún tipo de coloración ou brillantina. Non obstante, a esencia do adorno ten que ser material xa usado ao que lle temos que dar outro uso.
Lugar de presentación: o adorno de Nadal deberá presentarse nas seguintes instalacións deportivas municipais: CD da Torre, Barrio das Flores ou CD de Riazor.
Prazo: o prazo para presentar o adorno remata o día 13 de decembro de 2020 ás 14:00 horas.
Limitación: só se aceptará un adorno por familia participante.
Forma de presentación: deberá vir dentro dunha caixa de cartón (a que poder ser tamén reciclada). A caixa debe presentarse pechada. No interior da caixa deberá incluírse tamén o formulario de inscrición no concurso.
Inscrición: para participar deberase cubrir o Anexo II que se achega con esta convocatoria.
EXPOSICIÓN
A Concellaría de Deportes reservase a facultade de realizar unha exposición cos debuxos e adornos presentados. A exposición farase no Palacio Municipal dos Deportes de Riazor e poderase ampliar a outras instalacións municipais en función do volume de participantes.
A exposición realizarase ata o día 7 de xaneiro de 2021.
SELECCIÓN DOS GAÑADORES OU GAÑADORAS
Para a selección dos gañadores ou gañadoras constituirase un xurado composto por 5 persoas que forman parte da Concellaría de Deportes do Concello da Coruña.
Realizarase unha votación mediante un sobre pechado e elixirase un gañador ou gañadora por cada categoría.
A selección do gañador ou gañadora farase o día 16 de decembro de 2020, ás 14:00 horas no Palacio Municipal dos Deportes de Riazor.
REGALOS PARA OS GAÑADORES
O gañador ou gañadora de cada categoría chamarase por teléfono para que veña a recoller o seu regalo á concellaría de Deportes.
Os regalos entregaranse na semana do 21 de decembro de 2020
DEBUXOS E ADORNOS PREMIADOS
Os debuxos e adornos premiados quedarán en poder da Concellaría de Deportes do Concello da Coruña que se reserva o dereito de reproducir, utilizar e publicar por calquera medio.
O gañador ou gañadora non terá dereito a percibir ningún tipo de retribución económica polo seu debuxo ou adorno creado.
O debuxo gañador utilizarase como postal da Concellaría de Deportes para felicitar o Nadal.
DEBUXOS NON PREMIADOS
Se transcorridos 15 días dende o peche da exposición ao público, non se recollesen os debuxos ou adornos, entenderase que son doados a este Concello, o cal poderá dispoñer deles libremente.
ACEPTACIÓN DAS BASES
A participación no concurso supoñerá a aceptación destas bases na súa totalidade.
17/01/2021
17/01/2021
Dende o 16/01/2021 ata o 17/01/2021
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible