Concello da Coruña

Concello da Coruña

Coruña42, do récord ao play

O vídeo da novena edición do Maratón Atlántica xa está dispoñible

Cando:

6 de outubro de 2022

Coruña42 pasa do récord ao play, nunca mellor dito. As mellores imaxes en movemento do Maratón Atlántica da pasada fin de semana xa están dispoñibles en vídeo.

Podes revivir en fotogramas os dous récords da novena entrega de Coruña42. Unha edición especial que agora merece o seu espazo na videoteca.

Supuxo a reaparición do maratón no calendario atlético da cidade herculina despois da pandemia e preto de medio milleiro de deportistas cruzaron a liña de meta para ser finishers e poñer así o broche de ouro a un fin de semana moi completa, con Exporunning e os seus relatorios, o Mini Maratón Atlántica, o Breakfast Run Solidario ou a proba de 10 quilómetros.

Dous foron os grandes triunfadores, non só por gañar a carreira absoluta, senón tamén por bater os récords que levaban anos esperando que alguén os rompese. Lográrono Richard Rop e Monica Cheruto.

E, ademais, recuperouse a chegada á praza de María Pita pola rúa Real e Rego de Auga para achegar aínda máis beleza a unha proba que agora tes accesible premendo o play e que podes ver cantas veces queiras, á agarda de que chegue a seguinte en 2023.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión