Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cursos trimestrais de golf abril-maio-xuño 2021

Cursos trimestrais de Golf abril, maio e xunio 2021.

Publícase a listaxe definitiva de persoas admitidas e en lista de agarda para os cursos trimestrais de Golf abril, maio e xuño 2021. Pode consultalas premendo na seguinte ligazón:

12 de marzo, listaxe provisional ; 18 de marzo sorteo da letra elexida

Publícanse as listaxes provisionais das persoas solicitantes dos Cursos municipais de Golf do 2º trimestre do ano 2021 para abril, maio e xuño. Pode consultalas premendo nas seguintes ligazóns, ou nos documentos adxuntos ao pé da noticia:

Ábrese un prazo de emenda de 5 días naturais para que se poidan formular alegacións.(ata o 17 de marzo). Ditas alegacións presentaranse no Campo Municipal de Golf Torre de Hércules de 09:00 a 21:30 h.

  • Sorteo público: Terá lugar o 18 de marzo de 2021, ás 09:00h, 

           Sorteo cursos trimestrais de Golf, abril maio e xuno

Celebrouse o sorteo da letra elexida que foi a "G" podelo comprobar premendo no enlace anterior.

25 de febreiro - Convocatoria 2º trimestre

Ábrese o prazo de solicitude para os cursos de golf do 2º trimestre do 2021, dende o 26 de febreiro ás 08.00 h ata o día 10 de marzo de 2021 ás 14.00 h dende esta mesma páxina web ou no centro deportivo Campo Municipal de Golf Torre de Hércules.

Pode realizar a súa solicitude premendo nesta ligazón . Máximo dúas opcións por solicitude. (Pode consultar o anexo da convocatoria ao pé da noticia)

  • Presentación das solicitudes (cubrindo o Formulario de Inscrición): as solicitudes para participar nos cursos poderán presentarse do 26 de febreiro ás 08.00 ao 10 de marzo de 2021, ambos os dous inclusive; o prazo remata ás 14:00 h do día 10.
  • Listaxe provisional de solicitantes: publicarase a partir do día 12 de marzo de 2021 na páxina web municipal  www.coruna.gal/deportes e nos taboleiros de anuncios do propio campo municipal de golf e das instalacións municipais da Cidade Deportiva da Torre, Polideportivo do Barrio das Flores e Palacio dos Deportes de Riazor e no teléfono de información cidadá 010.
  • Emenda de erros: abrirase un prazo de corrección a partir da data de publicación das listaxes provisionais para que se poidan formular alegacións no prazo de 5 días naturais. As mesmas presentaranse no Campo Municipal de Golf Torre de Hércules.
  • Sorteo público: terá lugar o 18 de marzo de 2021, ás 09:00h
  • Listaxes definitivas: publicaranse a partir do 22 de marzo de 2021.
  • Matrícula: No Campo Municipal de Golf Torre de Hércules do 23 ao 31 de marzo de 2021.
    • Infantil: de 6 a 11 anos.
    • Xuvenil: de 12 a 16 anos
    • Adultos: de 17 anos en diante.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

GRUPO DÍAS HORARIO PRAZAS
ADULTOS LUNS E XOVES  09:30 a 10:30 8
ADULTOS         LUNS E XOVES   10:30 a 11:30 8
ADULTOS LUNS E XOVES   12:30 a 13:30 8
ADULTOS LUNS E XOVES   19:30 a 20:30 8
ADULTOS LUNS E XOVES   20:30 a 21:30 8
ADULTOS  MARTES E VENRES  09:30 a 10:30 8
ADULTOS  MARTES E VENRES 10:30 a 11:30 8
ADULTOS  MARTES E VENRES  12:30 a 13:30 8
ADULTOS  MARTES E VENRES 19:30 a 20:30 8
ADULTOS  MARTES E VENRES 20:30 a 21:30 8
ADULTOS SÁBADO E DOMINGO  09:30 a 10:30 8
ADULTOS SÁBADO E DOMINGO  10:30 a 11:30 8
INFANTIL  LUNS E XOVES  17:00  a 18:00 8
INFANTIL  MARTES E VENRES 17:00  a 18:00 8
INFANTIL SÁBADO E DOMINGO  12:30 a 13:30 8
XUVENIL  LUNS E XOVES  18:00 a 19:00 8
XUVENIL  MARTES E VENRES 18:00 a 19:00 8
XUVENIL SÁBADO E DOMINGO  11:30 a 12:30 8

Datas de comezo e finalización do curso no segundo trimestre do 2021

Luns e Xoves                        

Comenzo o 5 de abril do 2021                Finalización 17 de xuño do 2021

Martes e Venres                      

Comenzo o 6 de abril do 2021              Finalización 15 de xuño do 2021

Sábados e Domingos                

Comenzo o 3 de abril do 2021              Finalización 13 de xuño do 2021

Documentos relacionados

  • convocatoria de cursos de golf segundo trimestre 2021 (246 KB)
  • Listaxe definitiva por cursos - 2.º trimestre de 2021 (24 KB)
  • Listaxe provisional por orde alfabética - 2.º trimestre (21 KB)
  • Listaxe provisional por cursos - 2.º trimestre (23 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión