Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Cursos trimestrais de golf xaneiro-febreiro-marzo 2021

Ábrese o prazo de solicitude para os cursos de golf do 1º trimestre do 2021, dende o día 1 de decembro ás 08.00 h ata o día 14 de decembro de 2020 ás 14.00 h dende esta mesma páxina web ou no centro deportivo Campo Municipal de Golf Torre de Hércules.

Debe realizar a súa solicitude premendo na ligazón que está antes do cadro de horarios. Máximo dúas solicitudes por persoa. (Anexo da convocatoría adxunto ao pé da noticia)

  • Presentación das solicitudes (cubrindo o Formulario de Inscrición): as solicitudes para participar nos cursos poderán presentarse do 1 de decembro ás 08.00 ao 14 de decembro de 2020, ambos os dous inclusive; o prazo remata ás 14:00 h do día 14.
  • Listaxe provisional de solicitantes: publicarase a partir do día 15 de decembro de 2020 na páxina web municipal  www.coruna.gal/deportes e nos taboleiros de anuncios do propio campo municipal de golf e das instalacións municipais da Cidade Deportiva da Torre, Polideportivo do Barrio das Flores e Palacio dos Deportes de Riazor e no teléfono de información cidadá 010.
  • Emenda de erros: abrirase un prazo de corrección a partir da data de publicación das listaxes provisionais para que se poidan formular alegacións no prazo de 5 días naturais. As mesmas presentaranse no Campo Municipal de Golf Torre de Hércules.
  • Sorteo público: terá lugar o 21 de decembro de 2020, ás 09:00h
  • Listaxes definitivas: publicaranse a partir do 22 de decembro de 2020.
  • Matrícula: No Campo Municipal de Golf Torre de Hércules do 23 ao 31 de decembro de 2020.
    • Infantil: de 6 a 11 anos.
    • Xuvenil: de 12 a 16 anos
    • Adultos: de 17 anos en diante.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

GRUPO DÍAS HORARIO PRAZAS
ADULTOS LUNS E XOVES  09:30 a 10:30 8
ADULTOS         LUNS E XOVES   10:30 a 11:30 8
ADULTOS LUNS E XOVES   12:30 a 13:30 8
ADULTOS LUNS E XOVES   19:30 a 20:30 8
ADULTOS LUNS E XOVES   20:30 a 21:30 8
ADULTOS  MARTES E VENRES  09:30 a 10:30 8
ADULTOS  MARTES E VENRES 10:30 a 11:30 8
ADULTOS  MARTES E VENRES  12:30 a 13:30 8
ADULTOS  MARTES E VENRES 19:30 a 20:30 8
ADULTOS  MARTES E VENRES 20:30 a 21:30 8
ADULTOS SÁBADO E DOMINGO  09:30 a 10:30 8
ADULTOS SÁBADO E DOMINGO  10:30 a 11:30 8
INFANTIL  LUNS E XOVES  17:00  a 18:00 8
INFANTIL  MÉRCORES E VENRES 17:00  a 18:00 8
INFANTIL SÁBADO E DOMINGO  12:30 a 13:30 8
XUVENIL  LUNS E XOVES  18:00 a 19:00 8
XUVENIL  MÉRCORES E VENRES 18:00 a 19:00 8
XUVENIL SÁBADO E DOMINGO  11:30 a 12:30 8

Subscrición Boletín Deportes

Os campos marcados cun asterisco son obrigatorios

A subscrición a este boletín realizarase no idioma de navegación actual da páxina web: Galego

Política de privacidade

De acordo coa lexislación en materia de protección de datos e, en concreto, co Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, os datos persoais que vostede nos facilite voluntariamente no formulario de "Subscrición ao Boletín de actividades", serán tratados baixo a responsabilidade do CONCELLO DA CORUÑA, praza de María Pita, 1 (15001 A Coruña). Estes datos teñen a finalidade de lle ofrecer á cidadanía información a través do portal web do concello. O propio concello está lexitimado polo consentimento que vostede expresamente outorga mediante a aceptación da cláusula de protección de datos. Vostede pode retirar o devandito consentimento en calquera momento, sen efectos retroactivos.

Os seus datos de contacto trataranse durante o tempo que manteña a subscrición ou exerza o seu dereito de cancelación ou oposición.

Igualmente informámolo/a de que ten dereito a solicitarlle á persoa responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. p>< p>Tamén terá dereito a opoñerse ao devandito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos seus datos. Os ditos dereitos poderá exercelos mediante unha solicitude remitida ao seguinte enderezo: Rexistro de entrada municipal, praza de Mª Pita, 1, coa referencia "protección de datos", a través dun escrito asinado para o efecto, achegando unha fotocopia do seu Documento Nacional de Identidade.

Igualmente poderá dirixir a dita solicitude directamente á persoa delegada de Protección de Datos.

Así mesmo, vostede ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos ( AEPD).

Marca o seguinte cadro para aceptar a política de privacidade *

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión