Concello da Coruña

Concello da Coruña

Deportes

Área de Fomento e Promoción da cidade

Inés Rey destaca a suma de equipamentos deportivos municipais nos barrios na apertura das novas pistas multideporte dos Rosales

A alcaldesa supervisou o resultado dos traballos que permitirán á cidadanía gozar de catro superficies de xogo diferentes

Cando:

26 de xuño de 2025

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, visitou esta tarde as novas pistas multideporte dos Rosales. "Esta nova infraestrutura deportiva supón un novo pulo ao ocio saudable nos nosos barrios", sinalou a rexedora, que estivo acompañada polo concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, e veciños e veciñas dos Rosales.

Esta infraestrutura é de acceso libre e é froito do compromiso da alcaldesa, Inés Rey, coa veciñanza, coa que se comprometeu a desenvolvela. A pista está situada en dúas parcelas de titularidade municipal entre a estrada dos Fortes e a rúa Simón Bolívar, camiño do monte de San Pedro. Esta nova infraestrutura conta con catro superficies de xogo, habilitadas para practicar fútbol sala, baloncesto, minibaloncesto e voleibol.

A instalación conta cun sistema de iluminación, peches perimetrais e tamén interiores, que permitirán independizar espazos e, polo tanto, evitar a interferencia entre as persoas que estean a usar unha pista ou outra. Na contorna da pista se instalaron unhas bancadas ideadas como un espazo de lecer para as e os usuarios. Ademais, habilitáronse dous accesos peonís desde a estrada dos Fortes, adaptados a persoas con mobilidade ou visibilidade reducida.

"Este novo espazo sumarase á extensa rede de instalacións deportivas municipais que, baixo este goberno municipal, non para de medrar e mellorar, e que moi pronto contará cun novo espazo na Urbanización Breogán", indicou Inés Rey.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión