Concello da Coruña

Concello da Coruña

IX Coruña42, o maratón dos récords

Richard Rop e Monica Cheruto estableceron as novas marcas do Maratón Atlántica, que regresou a escena despois de tres anos de ausencia pola pandemia

Cando:

4 de outubro de 2022

A novena edición de Coruña42 fixo historia. Despois de tres anos de ausencia pola pandemia, o Maratón Atlántica reapareceu no calendario e pulverizou os seus récords, tanto en categoría masculina como na feminina.

A fin de semana foi completa. O venres e o sábado celebrouse a feira do corredor, Exporunning, no Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña, Palexco, escenario que tamén acolleu a 'Pasta Party' e o ciclo de conferencias que ilustraron a carreira, eventos aos que se sumou a Mini Atlántica Coruña42, concibida para menores de idade, e o 'Breakfast Run Solidario', que estivo dedicado a ADACECO, a Asociación de Dano Cerebral de Coruña.

Un calendario de actividades ao que se lle puxo o broche de ouro o domingo, co maratón e unha proba de 10 quilómetros que trancorreu en paralelo. Máis de 1.500 deportistas pisaron o asfalto da Coruña nesas dúas competicións.

O circuíto, que recuperou o final en María Pita entrando pola rúa Real e Rego de Auga, estaba deseñado para bater marcas; o tempo acompañou e Richard Rop e Monica Cheruto, ambos de Kenia, puxeron da súa parte para establecer os novos récords da proba.

Rop rebaixou en 1´20 o tempo anterior para deixalo en 1h11´00, mentres que Monica Cheruto deixou o récord feminino en 2h39´57, 26 segundos menos que a crono de referencia nos últimos anos.

Jacob Kirui e Kipkirui Lagat completaron o podio masculino e Sheila Chebey e Beatriz Fernández, o feminino. A galega logrou o campionato autonómico de maratón con 2h55´34 e Ricardo Vázquez fixo o propio na proba masculina co sétimo mellor tempo na meta (2h32´53).

Houbo 470 finishers no maratón e 1.152 na 10K, que se adxudicaron Iago Jopia e María Jesús Conde. Nesa proba de 10.000 metros, Esther Pedrosa bateu o récord de España W60 cun crono de 40´30.

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, que completou a 10K, e o concelleiro de Relacións Institucionais, Turismo e Seguridade Cidadá, Juan Ignacio Borrego, entregaron as medallas e os premios da primeira Coruña42 tras a pandemia, un maratón de récords.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión