Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

O Concello aproba un investimento de 120.000 euros en bolsas para apoiar a deportistas individuais da Coruña

Cada deportista poderá presentar unha única solicitude de bolsa, e as solicitudes deberán presentarse nun prazo de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP)

Cuándo:

19 de enero de 2023

Este mércores, a Xunta de Goberno de Local autorizou un investimento de 120.000 euros destinado a sufragar a Convocatoria 2023 das bolsas deportivas para deportistas individuais, unha iniciativa promovida polo Goberno de Inés Rey co obxectivo de promocionar o deporte coruñés apoiando de forma directa a profesionais de diversas disciplinas deportivas, todos eles residentes no termo municipal.

Estas bolsas contribúen a facilitar a participación das persoas beneficiarias en competicións deportivas de alto nivel. Neste sentido, na Convocatoria 2023 poderán optar ás bolsas aquelas persoas, de nacionalidade española, que sexan deportistas federados, de calqueira categoría, exclusivamente na modalidade de deporte individual, e que cumpran, entre outros, os seguintes requisitos:

  • Ter unha idade mínima de 10 anos e máxima de 40 anos cumpridos na data do último día de prazo da presentación de solicitudes.
  • Estar empadroado no concello da Coruña con unha antigüidade de, polo menos, dous anos anteriores, computados de forma consecutiva, ao ano no que se realice a solicitude.
  • Estar en posesión dunha licencia federativa durante as dúas tempadas previas a esta convocatoria, e que siga vixente no 2023.

Disporanse un total de seis categorías:

  1. Bolsas para deportistas individuais con opcións de participar nos vindeiros Xogos Olímpicos.
  2. Bolsas para deportistas individuais con opcións de participar nos vindeiros Xogos Paralímpicos.
  3. Bolsas para deportistas individuais con opcións de participar en Campionatos Mundiais.
  4. Bolsas para deportistas individuais con opcións de participar en Campionatos Europeos.
  5. Bolsas para deportistas individuais con opcións de participar en Campionatos Nacionais de España.
  6. Bolsas para deportistas individuais con opcións de participar en Campionatos Autonómicos.

Cada deportista poderá presentar unha única solicitude de bolsa, e as solicitudes deberán presentarse nun prazo de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión