Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

O Concello concede 217.000 euros en subvencións ás entidades deportivas da cidade, un 80% máis que en 2019

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, sinala que “o orzamento inicial destas subvencións era de 280.000 euros” e que “por mor das renuncias dalgunhas entidades xerouse un crédito sobrante de 62.500 euros que se destinou a aumentar as bolsas para deportistas individuais, que faremos públicas nos vindeiros días”

Cuándo:

18 de noviembre de 2020

O Concello, a través da Concellería de Deportes, aproba a concesión definitiva das subvencións para o ano 2020 por valor de 217.000 euros ás entidades sen ánimo de lucro que fomentan e apoian a realización de actividades físicas e deportivas na cidade. O incremento do orzamento que o Goberno local destina a estas subvencións fronte ao exercicio anterior, en que o valor foi de 120.000 euros, é do 80%.

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, sinala que "o orzamento inicial destas subvencións era de 280.000 euros" e que "por mor das renuncias dalgunhas entidades xerouse un crédito sobrante de 62.500 euros que se destinou a aumentar as bolsas para deportistas individuais, que faremos públicas nos vindeiros días".

Martínez asegura que estas axudas para apoiar ás entidades deportivas da cidade "axudan ao mantemento da súa actividade" e, asegura, "o fomento do deporte como estilo de vida saudable debe ser un dos primordiais dunha administración e así o entendemos desde o Concello da Coruña".

A Xunta de Goberno Local do pasado 15 de abril de 2020 acordou autorizar o gasto e dar luz verde ás bases reguladoras desta convocatoria de subvencións ás entidades deportivas da cidade durante o exercicio de 2020.

A listaxe da concesión definitiva destas subvencións pódese consultar na seguinte ligazón web: https://bit.ly/36Qaavs

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión