Concello da Coruña

Concello da Coruña

O Concello da Coruña abre o prazo de inscrición para o programa municipal de natación escolar, que oferta medio milleiro de prazas

As actividades levaranse a cabo entre a piscina municipal de Riazor, o Club do Mar de San Amaro e o Complexo Deportivo Municipal de San Diego, implicando ao alumnado de 27 centros de ensino público da cidade

Cando:

12 de setembro de 2022

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Deportes, abriu este luns o prazo de inscrición para o Programa Municipal de Natación Escolar 2022-23, dirixida exclusivamente a escolares en terceiro e cuarto ano de primaria dos centros de ensino público da cidade.

O Programa Municipal de Natación Escolar, que este ano oferta un total de 500 prazas e implica a 27 CEIP situados no termo municipal da Coruña, ten como principal obxectivo fomentar hábitos saudables entre as e os máis pequenos, achegándoos ás disciplinas deportivas no medio acuático.

Neste sentido, as actividades de natación escolar, que comezarán o vindeiro luns 3 de outubro, levaranse a cabo entre a Piscina Municipal de Riazor (170 prazas), a Piscina Municipal do Club do Mar de San Amaro (265 prazas) e o Complexo Deportivo Municipal de San Diego (65 prazas).

A distribución do alumnado entre estas tres localizacións será a seguinte:

  • Piscina Municipal de Riazor: CEIP's Raquel Camacho; Prácticas; Emilia Pardo Bazán; Eusebio da Guarda; Labaca; San Pedro de Visma; María Barbeito y Cerviño; Concepción Arenal.
  • Piscina Municipal do Club do Mar de San Amaro: CEIP's Alborada; Wenceslao Fernández Flórez; Manuel Murguía; María Pita; San Francisco Javier; Torre de Hércules; Víctor López Seoane; Curros Enríquez; Cidade Vella; Sagrada Familia; José Cornide; Rosalía de Castro; Zalaeta; Novo Mesoiro.
  • Complexo Deportivo Municipal de San Diego: CEIP's Enrique Salgado Torres; Ramón de la Sagra; Juan Fernández Latorre; Anxo da Garda; Sal Lence.

Proceso de inscrición

O proceso de inscrición, que abriu hoxe, rematará o día 23 de setembro. Nesta edición, o custo por alumno/a é de 53,47 euros, cota que inclúe o transporte de ida e volta desde o seu centro educativo, así como a pertinente cobertura sanitaria.

A solicitude e o pago poderanse realizar por orde de chegada, entregando a folla de inscrición nas seguintes localizacións:

  • Os colexios que acudan á Piscina Municipal de Riazor: nas oficinas da Cidade Deportiva de Riazor. Será necesario solicitar cita previa, a través deste enlace.
  • Os colexios que acudan á Piscina Municipal de San Amaro: Nas oficinas do Club do Mar de San Amaro.
  • Os colexios que acudan á piscina de San Diego: Nas oficinas do Complexo Deportivo Municipal de San Diego.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión