Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

O Concello impulsa dous novos percorridos nas súas Andainas Guiadas para poñer en valor a mitoloxía herculina e rememorar a Batalla de Elviña

Con estas novas sesións, serán un total de seis as experiencias ofertadas os venres e domingos de cada mes

Cuándo:

7 de septiembre de 2022

O Concello da Coruña, a través da súa Concellaría de Deportes, presentou esta mañá as novidades dos percorridos do programa Andainas Guiadas, que se celebran os venres e domingos de cada mes. Trátase de dúas novas rutas, que se suman ás catro xa existentes. No acto estiveron presentes a concelleira de Deportes, Mónica Martínez, e o historiador e guía turístico Suso Martínez, responsable destas actividades.

O Goberno de Inés Rey busca a través desta iniciativa afondar no pasado histórico-cultural da cidade e que a cidadanía aprenda con actividades lúdicas a historia da Coruña. O primeiro dos novos percorridos será a 'Andaina da mitoloxía da Coruña. Hércules, Xerión e Breogán', que consistirá nunha ruta polo parque escultórico da Torre de Hércules, interpretando a mitoloxía clásica e atlántica agochada nos cantís e nas esculturas. O punto de inicio será a Rosa dos Ventos e a fin, na Casa das Palabras. A segunda novidade será a 'Andaina pola fronte de guerra da Batalla de Elviña (1809)'. Será un percorrido pola liña da fronte desta batalla analizando o teatro de operacións e os movementos das forzas contendentes. O inicio será na Casa do Lagar, a oficina de relacións internacionais da Universidade da Coruña. O final da ruta será na igrexa de San Vicente de Elviña. A duración de ambas as actividades será de hora e media.

Estas novas rutas únense ás que xa se viñan realizando, como son a 'Ruta polo Deporte coruñés e os 50 anos do Palacio dos Deportes de Riazor', a 'Ruta polas Murallas da Coruña', 'A Coruña Romana' e 'A Coruña da Ilustración'. Toda a información sobre estas rutas e o formulario de inscrición pode atoparse na páxina web da Concellaría de Deportes do Concello da Coruña.

Este programa, gratuíto, está dirixido inicialmente ao alumnado das Escolas Deportivas Municipais e, no caso de que quedasen prazas libres, ábrese a toda a cidadanía. Permítese a participación de menores de idade, sempre que vaian acompañados dunha persoa adulta que tamén estea inscrita na andaina.

O prazo de inscrición para as próximas Andainas Guiadas está aberto. Estas son as datas das rutas que se celebrarán durante as próximas semanas:

  • Venres 9 de setembro: 'Ruta polo Deporte coruñés e os 50 anos do Palacio dos Deportes de Riazor'. A partir das 12.00 horas, con saída desde o busto de Arsenio Iglesias, fronte ao Palacio dos Deportes.
  • Domingo 11: 'A Coruña Romana'. A partir das 12.00 horas, con saída desde o castelo de San Antón.
  • Venres 16 de setembro: 'Ruta polo Deporte coruñés e os 50 anos do Palacio dos Deportes de Riazor'. A partir das 12.00 horas, con saída desde o busto de Arsenio Iglesias, fronte ao Palacio dos Deportes.
  • Domingo 18 de setembro: 'A Coruña da Ilustración'. A partir das 12.00 horas, con saída desde a praza Pintor Sotomayor.
  • Venres 23 de setembro: 'Ruta polo Deporte coruñés e os 50 anos do Palacio dos Deportes de Riazor'. A partir das 12.00 horas, con saída desde o busto de Arsenio Iglesias, fronte ao Palacio dos Deportes.
  • Domingo 25 de setembro: 'Andaina pola fronte de guerra da Batalla de Elviña (1809)'. A partir das 12.00 horas, con saída desde a Casa do Lagar, no campus de Elviña.
  • Venres 30 de setembro: 'Ruta polo Deporte coruñés e os 50 anos do Palacio dos Deportes de Riazor'. A partir das 12.00 horas, con saída desde o busto de Arsenio Iglesias, fronte ao Palacio dos Deportes.
  • Domingo 2 de outubro: 'Andaina da mitoloxía da Coruña. Hércules, Xerión e Breogán'. Desde as 12.00 horas, con saída desde a Casa das Palabras.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión