Esta iniciativa do Goberno de Inés Rey ofrece clases dirixidas como ioga, tai-chi, zumba ou pilates nos meses de xullo e agosto
25 de xuño de 2025
O Concello da Coruña inicia o vindeiro martes 1 de xullo o seu programa Coruña en Forma, unha iniciativa do Goberno de Inés Rey que ofrece actividades deportivas dirixidas, abertas á cidadanía, sen inscrición previa, e totalmente gratuítas para promover hábitos de vida saudables durante os meses de xullo e agosto. "Esta iniciativa ten como obxectivo converter os espazos públicos e urbanos en instalacións deportivas ao aire libre", sinalou Manuel Vázquez, concelleiro de Deportes.
A cidadanía poderá participar, de luns a venres, en horario de mañá e tarde, nas seguintes modalidades deportivas: ioga, tai-chi, ximnasia aeróbica, zumba, maiores en forma, pilates e tonificación muscular. As actividades estarán dirixidas por persoal especializado, que guiará ás persoas participantes a través dos distintos exercicios. As actividades terán un nivel de intensidade moderado para adaptarse a todo tipo de niveis de condición física das persoas participantes.
Este 2025 haberá once espazos sinalizados repartidos por distintos barrios da cidade, nos que se levará a cabo o programa Coruña en Forma: miradoiro do Matadoiro, parque Europa, Barrio das Flores, praia de Riazor, praza Elíptica, parque de Vioño, praza dos Mariñeiros, praza dos Avós, Novo Mesoiro (campo Cruyff Court), praza de Espazo Coruña e praza de Eirís.
Toda a programación e horarios poden ser consultados en www.coruna.gal/enforma.
14/09/2025
26/10/2025
23/11/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible