Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Oito equipos de hóckey sala disputarán o campionato galego por primeira vez na Coruña

A final da temporada con máis clubs inscritos, dous deles coruñeses (Escola HC e Atlético Coruña), terá lugar esta fin de semana no Pazo dos Deportes e no pavillón de Novo Mesoiro

Cuándo:

12 de enero de 2021

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, presentou esta mañá o Campionato Galego de Hóckey Sala na modalidade Sénior Absoluta Masculina, que terá lugar esta fin de semana no Pazo dos Deportes de Riazor e mais no pavillón de Novo Mesoiro. Logo de que na tempada pasada os equipos ourensáns quedasen arriba na clasificación co Club Hóckey Barrocás como gañador, nesta edición serán cinco equipos de Ourense -CH Barrocás, CH Albor Sénior, CH Barrocás Caldaria, Gimnástico Cudeiro e Santiago Apóstol- os que se enfrontarán aos coruñeses Escola HC e Atlético Coruña e ao Atlántico de Vigo. A edila destacou que por primeira vez A Coruña acollerá esta cita nun acto de presentación en que tamén participaron a delegada da Coruña da Federación Galega de Hóckey, Yolanda Casanova, e o responsable da promoción, Roberto Baratta. Ambos os responsables sinalaron que esta especialidade ten moito impacto en Galicia, xa que a súa práctica non depende das condicións meteorolóxicas: "Esta entrega será a que contará con máis aspirantes en anos", indicou Baratta. 

Repartidos en dous grupos, os clubs xogarán o sábado até 12 encontros, dos que sairá unha clasificación previa para protagonizaren o domingo a final do campionato nunha xornada que comezará ás 9.00 horas. Deste xeito, os peor puntuados loitarán a esa hora polo sétimo posto, mentres que o quinto e o sexto lugar estarán en xogo nun segundo partido, ás 10.15 horas. Un terceiro despexará o "bronce" dun podio do que se saberá os equipos que ocuparán as posicións máis altas despois do último dos encontros, a final, fixada para as 13.00 horas. A presenza de público dependerá das novidades con respecto ás restricións pola COVID-19.

Por outra banda, poderanse seguir a semifinal e mais a final a través da canle de YouTube da Federación Galega de Hóckey.

A clasificación confórmana sete clubs sénior inscritos e o mellor filial que, neste caso, é o Barrocás Caldaria de Ourense. O campión galego pasará directamente a disputar o campionato nacional, que se desenvolverá do 5 ao 7 de febreiro en Ourense. O segundo xogará no sector de Santander e o terceiro formará parte do Sector de Cádiz.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión