Concello da Coruña

Concello da Coruña

Queres formar parte de Coruña42?

Se non vas correr o Maratón Atlántica, podes achegar o teu gran de area como parte do seu programa de voluntariado

Cando:

19 de setembro de 2022

Se queres sentir o Maratón Atlántica desde dentro, colaborar coa organización e contribuír a facelo posible, Coruña42 bríndache a oportunidade de formar parte del dentro do seu programa de voluntariado.

Achegarás o teu gran de area para que todo saia á perfección o próximo 2 de outubro e nos días previos á carreira. Coruña42 regresa despois da pandemia e necesítate para seguir crecendo.

Axudaraslles ás persoas participantes na proba, tamén na 10K que se desenvolverá en paralelo e no Mini Maratón Atlántica previsto para o sábado 1 de outubro e deseñado para menores de idade.

Ademais, hai unha oferta variada de eventos relacionados coa competición, como a Exporunning, a Pasta Party ou o Breakfast Run solidario.

O teu esforzo será, como mínimo, tan importante como o de quen participe na carreira porque, sen el, non sería posible o Maratón Atlántica.

Sentirás a satisfacción de lles axudar activamente ás persoas participantes a chegar á meta. Esa será a túa gran medalla, unha achega de carácter altruísta e indispensable.

Se tes máis de 18 anos, anímate e inscríbete aquí. O prazo para formar parte do voluntariado de Coruña42 estará aberto ata as 14:00 horas do venres 23 de setembro.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión