Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Convocatoria de usos de instalacións deportivas municipais

Anuncio modificación disposición transitoria única

Convocatoria de asignación de usos das instalacións deportivas municipais para adestramentos, competicións deportivas e execución de programas que promovan a integración (tempada 2018-2019)

Faise pública a resolución de modificación da Disposición transitoria única; xa que non se poden prorrogar os usos concedidos na resolución da tempada 16-17 ao ser declarada nula por sentenza xudicial firme. Por tanto deberán entenderse prorrogados os usos concedidos na tempada 15-16, sen prexuízo de que durante a dita prórroga se poderán solicitar aquelas franxas que estean sen ocupar ata que se publique a resolución definitiva da convocatoria da tempada 18-19.

Para máis información consulte o documento na seguinte ligazón.

Anuncio para emenda de solicitudes

Faise pública a relación de entidades que teñen que presentar documentos para completar a solicitude de usos de instalacións deportivas para a tempada 2018-2019. Pode consultalo na seguinte ligazón, ou no documento adxunto no pé da noticia:

O prazo para presentar a documentación finaliza o día 2 de outubro de 2018.

Convocatoria

Mediante a resolución do concelleiro de Cultura, Deporte e Coñecemento do día 18/07/2018 aprobáronse as bases reguladoras da convocatoria de asignación de usos das instalacións deportivas municipais para adestramentos, competicións deportivas e execución de programas que promovan a integración (tempada 2018-2019).

As solicitudes cubriranse empregando o modelo dispoñible na páxina web municipal e deberán presentarse preferentemente a través de vía electrónica ou ben nos rexistros de entrada das instalacións deportivas municipais: C.D. Riazor, Polideportivo Barrio das Flores, C.D. A torre, en calquera das oficinas do rexistro xeral de entrada de documentos do Concello ou en calquera outro lugar dos previstos na vixente Lei de procedemento administrativo das administracións públicas.

A presentación realizarase no prazo de quince (15) días naturais desde o seguinte á publicación da convocatoria na páxina web municipal de Deportes, dentro do horario do rexistro xeral. Finaliza, por tanto, o prazo o 16 de agosto de 2018.

Documentación:

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión