Procedese a publicación das instrucions a seguir polas entidades deportivas que realicen actividade física non federada, as cales teñen coma obxeto regular o procedemento de solicitude, asignación e uso das instalacións deportivas municipais.
Entendense como entidades que realicen actividade física (non federada):
PROCEDEMENTO:
RÉXIME DOS USOS CONCEDIDOS E NORMAS DE USO
A administración municipal quedará facultada para a modificación ou suspensión puntual dos usos finalmente adxudicados en función das necesidades da Concellaría de Deportes, sen que a entidade afectada teña dereito a ningunha compensación.
O Servizo Municipal de Deportes notificaralle tal circunstancia á entidade que teña concedidos eses usos ao correo electrónico facilitado na súa solicitude cunha antelación mínima de dous días, sempre que sexa posible, e indicaráselle o motivo da suspensión.
No caso de que sexa necesario realizar calquera modificación da resolución definitiva ditarase outra resolución motivada que lle será notificada á entidade interesada e publicada na web de Deportes para o seu xeral coñecemento.
A distribución dos usos para adestramento non faculta á entidade para poder realizar unha competición deportiva dentro dos días e horarios asignados. No caso de que se teña que realizar unha competición deportiva deberá solicitalo con antelación suficiente ante o Servizo Municipal de Deportes presentando unha solicitude por rexistro.
Os usos concedidos estenderanse desde o 1 de setembro de 2022 (ou data da resolución, se esta fose posterior) ao 30 de xuño de 2023.
Cando o beneficiario resultase ser unha asociación representativa doutras entidades, na repartición de tales usos entre os seus asociados deberá darlle preferencia a aquelas instalacións que están a pedir e, en igualdade de condicións, primarase o asociado que teña un maior número de deportistas en activo.
Os usos das instalacións deportivas farase nas condicións fixadas pola presente instrución e a resolución da mesma, así como nas normas establecidas para o uso das instalacións deportivas. En consecuencia, calquera uso diferente ao concedido ou a modificación deste deberá ser formalmente solicitado pola entidade interesada, e o/a Concelleiro/a delegado/a competente resolverao.
Os adxudicatarios obríganse a utilizar as instalacións nos termos que lle foron concedidos.
A comunicación do cese temporal do uso das instalacións deportivas deberá facerse cunha antelación mínima de 2 días hábiles. Dita comunicación deberá facerse por rexistro de entrada ou Sede Electrónica, indicando no asunto o cesamento do uso das instalacións, o período de tempo e o motivo.
No caso de que non se realice esta comunicación, o Servizo Municipal de Deportes poderá considerar que non se está a utilizar a instalación sen causa xustificada e poderá ditar unha resolución onde a entidade perda o dereito ao uso da instalación.
O Servizo Municipal de Deportes levará un control exhaustivo do uso das instalacións deportivas municipais por parte das entidades que o teñen concedido. Dito control realizarase polo persoal de conserxería de cada instalación e será anotado no programa informático de xestión de accesos do Servizo Municipal de Deportes.
No caso de que se produza infrautilización das instalacións por parte das entidades sen causa xustificada informaráselle desta circunstancia á Concellería de Deportes que ditará unha resolución pola que a entidade perderá o dereito ao uso da instalación nesas horas infrautilizadas durante o que resta de tempada.
Considerarase que existe infrautilización dunha instalación cando se dea calquera das seguintes circunstancias:
En ningún caso se permitirá que unha entidade solicite unha instalación deportiva e posteriormente non realice o adestramento como tal, senón que se faga de forma individual por parte dos/as socios/as. Isto será considerado un caso de infrautilización da instalación e dará lugar á perda do dereito a gozar da instalación nesas horas para o resto da tempada.
A entidade non poderá transferir total ou parcialmente a terceiros alleos á mesma, os usos concedidos nin desenvolver unha actividade distinta á que describiu na súa solicitude de participación na presente convocatoria; salvo que para isto último conte con autorización expresa do Concello.
No caso de cambios nos datos da solicitude, as entidades terán que comunicalo ao Servizo Municipal de Deportes.
As entidades beneficiarias asumirán os danos que se ocasionen a terceiros ou aos propios bens municipais con motivo da devandita utilización da instalación deportiva.
Pode consultar a oferta de horas na seguinte ligazón:
Oferta horas usos IDM tempada 2022-23
EFECTOS DO INCUMPRIMENTO DAS NORMAS DE USO
Constatado documentalmente o incumprimento de calquera das normas de uso da instalación, trasladaráselle por escrito á entidade para que formule as alegacións e presente as probas correspondentes en defensa das súas pretensións. Instruído o correspondente procedemento, ditarase a resolución administrativa que corresponda.
No suposto de non serlle imputable á entidade darase orde de arquivo, e no caso de existir responsabilidade da entidade resolverase con:
Todo iso sen prexuízo de que provisionalmente se suspenda o uso durante a tramitación do correspondente procedemento.
Pode descargar estas instrucions no documento adxunto ao pede páxina
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible