Concello da Coruña

Concello da Coruña

Requirimento de documentación

Publicación dos requirimentos de emenda das solicitudes da convocatoria de asignación de usos das instalacións deportivas municipais

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao amparo da convocatoria polo órgano encargado da instrución dos procedementos, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non presentala, ben por conter erros, ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos esixidos para a súa posterior remisión á mesa de avaliación encargada da súa valoración, establecendose no apartado 9.2 da dita convocatoria, que revisadas as solicitudes poderase requirir documentación nun prazo de 10 días hábiles.

Procedeuse á publicación dos requirimentos de emenda das solicitudes da convocatoria de asignación de usos das instalacións deportivas municipais no BOP nº134, do venres 15 de xullo de 2022.

As entidades solicitantes ás que no anexo se lles require documentación dispoñen dun prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no BOP (Do 18 de xullo ao 1 de agosto de 2022, ambos incluídos), para que emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos a través da sede electrónica do Concello da Coruña. De non facelo, teranse por desistidas na súa petición, despois da resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

Pódese acceder directamente á sede electrónica a través da seguinte ligazón: Emenda convocatoria usos instalacións deportivas

Uso de instalacións para Actividade Deportiva - Tempada 2022-23

CONVOCATORIA

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE ASIGNACIÓN DE USOS DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS PARA ACTIVIDADES DEPORTIVAS DE ADESTRAMENTO DURANTE A TEMPADA 2022-2023

A continuación pode consultar un extracto das Bases da Convocatoria, o documento completo pode descargalo na seguinte ligazón ou no documento adxunto ao pé da páxina.

Bases Convocatoria Usos IDM Actividade Deportiva - Tempada 2022-23

CAL É O OBXECTO?

Estas bases teñen por obxecto regular as condicións polas que a Concellaría de Deportes vai proceder ao reparto das horas de uso das instalacións deportivas municipais, xa sexan instalacións propias ou cedidas ao Concello da Coruña mediante un convenio, para a realización de actividade deportiva de adestramento, por parte das entidades detalladas no punto 2 que desexen solicitar horas para ese fin.

QUEN PODE SOLICITAR?

Poderán solicitar mediante este procedemento o uso das instalacións deportivas municipais os seguintes suxeitos:

  1. Entidades deportivas con sede social na cidade da Coruña, definidas polo artigo 40 da Lei do Deporte de Galicia: clubs deportivos, agrupacións deportivas escolares, seccións deportivas e federacións deportivas, todas elas sen ánimo de lucro. Terán prioridade á hora de realizar o reparto aquelas entidades que non dispoñan de instalación propia ou cedida de forma gratuíta.
  2. Deportistas individuais con licenza federativa empadroados na cidade da Coruña que precisen das instalacións deportivas municipais para realizar adestramentos. Considérase deportista individual aquela persoa que practique unha modalidade deportiva de carácter individual. Ten a consideración de deporte individual a modalidade deportiva que sexa practicada por un ou dous deportistas como máximo en función do seu regulamento.
  3. Sociedades Anónimas Deportivas con sede social na cidade da Coruña, sempre e cando non dispoñan dunha instalación propia ou cedida para adestramentos e realicen as súas competicións na cidade da Coruña. Establécese como requisito que a SAD realice a maior parte das súas competicións na instalación que solicita para o adestramento. Terán prioridade no reparto aquelas SAD que participen en ligas profesionais de ámbito nacional debido ao recoñecemento que iso implica para a cidade da Coruña.

INSTALACIÓNS OBXECTO DA CONVOCATORIA

No Anexo I que se achega con estas Bases inclúese unha táboa na que se enumeran todas as instalacións deportivas municipais onde se permitirán realizar adestramentos, o tipo de modalidade deportiva permitida en cada unha delas e as horas ofertadas. Como norma xeral distribuiranse horas de luns a venres entre as horas que non estean reservadas pola Concellaría de Deportes para o desenvolvemento das súas actividades e Escolas Deportivas Municipais. En determinadas instalacións poderanse ofertar ademais horas en sábados e domingos.

Nas devanditas instalacións existen na actualidade horas dispoñibles que se poden ofertar para uso deportivo. Non obstante, a dispoñibilidade pode cambiar ao longo do ano para aumentar a oferta de programación propia ou ben para dar cobertura a competicións deportivas que se teñan que realizar nas instalacións. Do mesmo xeito poderase limitar o uso das instalacións concedidas de forma temporal como consecuencia da realización de obras, por motivos sanitarios ou realización de eventos municipais.

O Servizo Municipal de Deportes proporá de xeito motivado a desestimación daquelas solicitudes que pretendan levar a cabo a práctica de modalidades deportivas distintas ás indicadas no Anexo I para cada instalación. Con todo, o propio Servizo desestimará as solicitudes de uso daquelas instalacións que polas súas características particulares,  entrañen riscos ou molestias a outras persoas, sexan deportistas ou usuarias das instalacións.

Oferta horas usos IDM tempada 2022-23

REQUISITOS PARA PODER PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO

Deberán cumprirse os seguintes requisitos:

  • Que se pretendan realizar actividades deportivas de adestramento cuxo principal obxectivo é a participación e/ou consecución dun resultado deportivo en competicións desenvolvidas no ámbito federativo ou nas competicións recoñecidas pola Administración Deportiva.

Non se concederán horas para equipos ou deportistas individuais que non estean destinados a adestramentos para competición, nin se terán en conta para o cálculo da puntuación establecida no punto 8 o número de licenzas federativas correspondentes aos equipos dunha entidade deportiva que non participen en competicións.

  • Que a actividade se realice por unha entidade que se corresponda con calquera dos suxeitos descritos no apartado 1 destas bases e cuxo adestramento e/ou competicións teñan como sede esta cidade.
  • Na data da proposta de resolución as entidades solicitantes deberán estar inscritas (ou en trámite de inscrición) no REMAC cos datos actualizados. A inscrición no REMAC será comprobada antes da proposta de resolución definitiva.

No caso de que se presente algunha entidade que non cumpra os requisitos anteriores poderá excluírse directamente do procedemento e as horas propostas inicialmente para esa entidade serán ofertadas entre os demais solicitantes.

CRITERIOS DE REPARTO

O reparto de horas de uso de cada instalación deportiva farase en base aos seguintes criterios:

a) Como norma xeral prima a regra de que todos os clubs e entidades deportivas con sede social ou delegación na cidade da Coruña deberían obter como mínimo 1 hora para adestramentos. Se fose necesario, co fin de cumprir con esta regra, a Mesa de Avaliación poderá dividir instalacións deportivas e modificar o Anexo I para realizar o reparto. A modificación do Anexo I debe quedar motivada na Acta.

No caso de que fose necesario, a Mesa poderá propoñer concederlle horas a unha entidade deportiva fora do horario solicitado. Nese caso, deberase aceptar expresamente pola entidade.

Se fose necesario poderanse asignar horas quincenais ou mensuais.

b) Asignaránselle horas a unha entidade sempre e cando as solicite para o adestramento dun deporte permitido nesa instalación e que ademais coincida co obxecto polo que está constituído o club ou entidade.

c) Tratarase de asignar tantas horas como sexa posible dentro das solicitadas. O número de horas asignado poderá ser inferior no caso de que haxa moitas solicitudes para ese mesmo horario. Nese caso haberá que atender aos criterios de baremo e ao acordado pola Mesa de Avaliación.

d) A asignación das horas de uso por parte de Mesa de Avaliación poderase facer atendendo ás categorías dos equipos e idades das persoas deportistas.

e) No caso de que haxa dúas ou mais solicitudes coa mesma preferencia, asignaranse as horas intentando conseguir equidade entre as entidades solicitantes.

Para iso tomarase como referencia a valoración obtida por cada solicitante en función do baremo establecido no seguinte punto. Os criterios de baremación utilizaranse exclusivamente para coñecer a envergadura ou importancia do club ou entidade. A maior puntuación enténdese que se trata dun club de maior envergadura e que polo tanto precisa mais número de horas para os adestramentos.

Intentarase que a igualdade de puntuación se consigan o mesmo número de horas.Sen embargo, no caso de que en base a ese criterio de reparto fose quedar algún club ou entidade deportiva sen horas, a Mesa de Avaliación poderá variar o criterio de reparto co fin de outorgarlle algunha hora ao club ou entidade que obtivo menor puntuación. Nese caso debe quedar claramente motivado na Acta.

f) Tomarase como referencia o número de horas semanais que se utilizaron na tempada anterior para adestramento nas instalacións deportivas municipais co fin de non prexudicar a ningunha entidade no reparto de horas, de tal forma que poidan continuar nesta tempada de forma similar aos usos que viñan desfrutando no ano anterior, sempre e cando non se produza un agravio comparativo entre entidades e sempre e cando se respecten as peticións dos clubs ou entidades novas e que polo tanto non dispoñen de horas de uso.

g) Poderase realizar un cálculo proporcional para repartir as horas entre unha ou varias entidades tomando como referencia o número de puntos obtidos no baremo e o número de horas dispoñibles nas que existe conflito.

h) Ás entidades que non viran atendidas a totalidade das horas solicitadas, ofreceránselles horas noutras instalacións similares.

i) Para a distribución das horas, teranse en conta o número de equipos de cada entidade deportiva na mesma categoría, de tal forma que se intentará que dúas entidades deportivas que teñan equipos nas mesmas categorías obteñan polo menos 1 hora para adestrar algún dos equipos desa categoría. Para iso, na solicitude deberase indicar o número de equipos cos que conta a entidade e as categorías dos mesmos.

Lembramos que este é un extracto das Bases de convocatoria de usos das IDM para actividade deportiva. Pode consultalas completas no documento adxunto ao pé da páxina.

PROCEDEMENTO 

O procedemento polo que se lle distribuirán as horas de utilización privativa das instalacións deportivas municipais ás entidades solicitantes será o de concorrencia competitiva, mediante o cal se pretende garantir o reparto mais equitativo posible entre os/as solicitantes que presenten características similares.

A instrución do procedemento corresponderalle ao Servizo Municipal de Deportes, e a resolución á Concelleira de Deportes, por delegación da Xunta de Goberno Local.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E PRAZO

As entidades deberán solicitar as instalacións e horarios que se axusten ás súas necesidades, atendendo á modalidade deportiva que se pode practicar en cada instalación e ao horario ofertado nesta convocatoria de acordo coa oferta de horas dispoñibles:

Oferta horas usos IDM tempada 2022-23

As solicitudes presentaranse unicamente a través dun procedemento específico na Sede Electrónica no apartado correspondente á Convocatoria de Usos das Instalacións Deportivas Municipais, no prazo de QUINCE (15) DÍAS NATURAIS desde o día seguinte á publicación da convocatoria na páxina web municipal de Deportes. É dicir, do 10 ao 24 de xuño de 2022, ambos incluídos.

Pódese acceder directamente á sede electrónica a través da seguinte ligazón:  Convocatoria usos instalacións deportivas

Documentos relacionados

  • Bases Convocatoria Usos IDM Actividade Deportiva - Tempada 2022-23 (297 KB)
  • Oferta horas usos IDM tempada 2022-23 (494 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión