Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Publícase a resolución definitiva así como a información e formularios necesarios para a xustificación das bolsas para deportistas individuais do Concello da Coruña para apoiar a práctica e o rendemento deportivo durante o ano 2020.
Publícase a resolución definitiva da convocatoria de bolsas para deportistas individuais do Concello da Coruña ano 2020 (BOP núm. 6, do 12 de xaneiro de 2021):
Durante o mes de decembro de 2020, tramitouse o pago anticipado das bolsas ás e aos deportistas bolseiros, que deberán presentar a documentación xustificativa antes do 31 de xaneiro de 2021, de acordo coa base 17 da convocatoria.
PROCEDEMENTO DE XUSTIFICACIÓN
A continuación, resúmese o procedemento de xustificación relativo á documentación para presentar, o prazo e a forma.
Para calquera aclaración pódese contactar co servizo de Deportes a través do seguinte enderezo de correo electrónico: uadeportes@coruna.es.
Documentación xustificativa:
Pódense descargar ambos os documentos na seguinte ligazón:
Ademais, deberá acompañar a seguinte documentación:
1. Certificación da federación deportiva correspondente acreditativa dos resultados obtidos no ano 2020, indicando as datas, lugares e nivel da competición.
No caso de que, con motivo da pandemia producida pola Covid-19, non se poida participar en ningún dos campionatos para os que se solicita a bolsa, nin tampouco en ningunha das probas clasificatorias previas aos ditos campionatos ou Xogos Olímpicos ou Paraolímpicos, e debido a esta situación excepcional non imputable ao/á deportista bolseiro/a, poderase presentar un certificado da federación deportiva valorando os méritos da persoa deportista conseguidos no ano 2020, a súa traxectoria con respecto ás dúas tempadas anteriores e os seus logros obtidos nos adestramentos para os ditos campionatos.
2. Informe emitido polo club ao que pertence o/a deportista onde conste a traxectoria do/a deportista, actividades desenvolvidas no ano 2020 e a traxectoria de futuro.
3. Memoria descritiva da tempada realizada e dos resultados obtidos e que a actividade foi desenvolvida nas condicións recollidas no proxecto inicial presentado polo/a deportista para solicitar a bolsa que incluirá os resultados conseguidos con respecto aos propostos.
Na análise deberase indicar en que medida se han executados os gastos previstos para o ano 2020 e que deron lugar ao aproveitamento económico da bolsa obtida. Neste documento a persoa bolseira deberá acreditar que cumpriu os obxectivos marcados nesta convocatoria.
4. Documentación acreditativa da publicidade realizada da axuda concedida polo Concello da Coruña nas competicións obxecto da convocatoria (fotos, prensa, vídeo...).
En relación coa publicidade da axuda concedida polo Concello da Coruña, tal e como se adiantou no correo electrónico do 12/01/2021 e en cumprimento do disposto nas bases 9.2.k, 19 e 20.3.d da convocatoria, a persoa beneficiaria estará obrigada a facer constar a axuda concedida polo concello. Para iso, comprométese a levar no seu equipamento deportivo o logotipo do Concello da Coruña, nun lugar visible e de tamaño polo menos equivalente ao logotipo dos seus principais patrocinadores.
Prazo e forma de presentación da xustificación:
Prazo: antes do 31 de xaneiro de 2021
Forma de presentación da xustificación:
No caso de non empregar a sede electrónica e optar polo rexistro presencial, a documentación terá que ser orixinal e unha vez escaneada seralles devolta. Non debe estar grampada, nin incluír clips, encanutillados ou outros elementos que impidan un correcto escaneado.
Publícase a proposta de resolución provisional da convocatoria de subvencións de concorrencia competitiva de bolsas para deportistas individuais do Concello da Coruña para apoiar a práctica e o rendemento deportivo durante o ano 2020
Publícase con este anuncio unha copia da dita proposta para coñecemento xeral.
De acordo co establecido na Base 14 das Bases reguladoras desta convocatoria, e no artigo 76.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, infórmase de que o prazo de presentación das alegacións é de 5 días naturais que se contarán a partir do día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de anuncios (3 ao 7 de decembro) e edictos do Concello da Coruña.
Neste prazo as persoas interesadas (solicitantes e beneficiarias) poderán formular as alegacións que estimen oportunas.
A proposta de resolución provisional non crea ningún dereito a favor da persoa beneficiaria proposta fronte á Administración, mentres non se lle notificase a resolución definitiva da concesión.
Pode consultar tanto a resolución provisional como o anuncio nas seguintes ligazóns:
INFORMAMOS
A Concellaría de Deportes publicou en data 3 de xullo de 2020 a convocatoria de subvencións destinadas a becas deportivas para deportistas individuais do Concello da Coruña para o ano 2020 para apoiar a práctica e o rendemento deportivo.
REQUERIMENTO DE SUBSANACIÓN DE SOLICITUDES
Unha vez revisadas as solicitudes presentadas, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria. Publicado o requerimiento de enmenda das solicitudes no BOP 139 de data 27/08/2020, se procede a publicar o listado de solicitantes que deben subsanar a documentación presentada.
Por este motivo, avisamos de que o prazo para presentar as subsanacións das solicitudes das subvencións en réxime de concorrencia competitiva destinadas a becas deportivas para deportistas individuais do Concello da Coruña durante o ano 2020 é de 10 días hábiles, é decir, entre o 28 de agosto e o 10 de setembro de 2020, ambos inclusive.
A documentación poderá ser presentada a través da sede electrónica do Concello de A Coruña ou no Rexistro Xeral de Entrada do Concello con destino ao servizo municipal de Deportes.
Igualmente poderán presentar a documentación no Rexistro do Palacio dos Deportes de Riazor previa solicitude de cita a través do seguinte enlace: https://citaprevia.coruna.gal/
En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de enmenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Concellalía de Deportes a través da conta de correo uadeportes@coruna.es ou do teléfono 981 18 42 00, ext. 25131, 25132 ou 25139
Pode descargar o BOP do documento adxunto a continuación
Estas bolsas convócanse, en réxime de concorrencia competitiva, para apoiar a deportistas individuais coruñeses, como medio de apoiar e promover o deporte coruñés e, desta forma, conseguir logros deportivos para a cidade da Coruña. Con estas bolsas preténdese apoiar a práctica e o rendemento deportivo, tanto en relación ao perfeccionamento técnico e a obtención de maior rendemento nas respectivas modalidades deportivas, como facilitando a súa participación en competicións deportivas de alto nivel.
QUEN PODE SOLICITAR?
Poderán ser beneficiarias das bolsas as persoas físicas de nacionalidade española que sexan deportistas federadas, de calquera categoría, exclusivamente na modalidade de deporte individual, que cumpran cos seguintes requisitos:
Para os efectos desta convocatoria considérase deporte de carácter individual todo aquel deporte que, en función da súa regulamentación, sexa practicado por unha ou dúas persoas deportistas como máximo.
CATEGORÍAS DE BOLSAS
DISTRIBUCIÓN GLOBAL ENTRE TIPOS DE BOLSAS
O importe global distribuirase, sempre que as solicitudes presentadas o permitan, cos seguintes límites máximos:
1) Bolsas destinadas a participar nos próximos xogos olímpicos: 2 bolsas por un importe de 5.000 euros cada unha
2) Bolsas destinadas a participar nos próximos xogos paraolímpicos: 2 bolsas por un importe de 5.000 euros cada unha
3) Bolsas destinadas a participar en campionatos do mundo: 4 bolsas cun importe de 3.500,00 euros cada unha
4) Bolsas destinadas a participar en campionatos de Europa: 4 bolsas cun importe de 2.500,00 euros cada unha
5) Bolsas destinadas a participar en campionatos de España: 8 bolsas cun importe de 1.500,00 euros cada unha
6) Bolsas destinadas a participar en campionatos autonómicos: 8 bolsas cun importe de 500,00 euros cada unha
Con todo, a Administración Municipal quedará facultada para a modificación do número de bolsas indicadas se como consecuencia das solicitudes presentadas existise un maior número de proposicións económicas que se orientase en maior densidade a calquera das actividades deportivas encadradas nos seis grupos sinalados co obxecto de establecer unha distribución económica máis equitativa e igualitaria.
É COMPATIBLE CON OUTRAS AXUDAS?
Estas bolsas son compatibles con outras axudas públicas ou privadas para a mesma finalidade.
CANTAS BOLSAS PODO SOLICITAR?
Cada deportista poderá presentar unha única solicitude de bolsa, indicando de modo claro o tipo de bolsa e a modalidade deportiva para a que solicita a dita axuda.
QUE DOCUMENTACIÓN TEÑO QUE PRESENTAR?
Pódese descargar, xunto coas bases, na seguinte ligazón ou no documento anexo no pé desta páxina.
ONDE E CANDO SE PRESENTA A SOLICITUDE?
As solicitudes de subvención deberanse presentar no modelo oficial establecido que se achega a esta convocatoria, na sede electrónica do Concello da Coruña https://sede.coruna.gob.es ou no Rexistro Xeral de entrada do concello con destino ao servizo de Deportes no prazo de 20 días naturais que se contan a partir do día seguinte ao da publicación dun extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
O prazo para presentar a solicitude é do 4 ao 23 de xullo de 2020, ambos incluídos.
MÁIS INFORMACIÓN
Poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Sede electrónica do Concello da Coruña: https://sede.coruna.gob.es, e no Servizo Municipal de Deportes de forma presencial cuxas oficinas están situadas no Palacio dos Deportes de Riazor, ou no teléfono 981 189 800, a través da páxina web oficial municipal: http://www.coruna.gal/deportes e/ou no enderezo electrónico deportes@coruna.es.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible