Concello da Coruña

Concello da Coruña

Proposta de Resolución Provisional - Bolsas Deportistas Individuais 2022

Emitida o día 21 de abril de 2022 a proposta de resolución provisional da convocatoria indicada, publícase con este Anuncio unha copia da dita proposta para coñecemento xeral

De acordo co establecido na Base 14 das Bases reguladoras desta convocatoria, e no artigo 76.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas:

Infórmase de que o prazo de presentación das alegacións é de 5 días naturais que se contarán a partir do día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña; do 23 ao 27 de abril de 2022, ambos incluídos.

Neste prazo as persoas interesadas (solicitantes e beneficiarias) poderán formular as alegacións que estimen oportunas.

A proposta de resolución provisional non crea dereito algún a favor da persoa beneficiaria proposta fronte á Administración, mentres non se lle notifique a resolución definitiva da concesión.

Pode consultar o anuncio na seguinte ligazón: https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/infopublica?method=view&id=15440 e a proposta provisional no seguinte ligazón:

Tamen pode descargar tanto a proposta provisional coma o anuncio, nos documentos adxuntos a continuación:

Requirimento de subsanación de Bolsas Deportistas Individuais 2022

Publicación no BOP número 50 de 15/03/2022

No BOP Nº50 de A Coruña de data 15/03/2022 se publica o requirimento de emenda das solicitudes da convocatoria de bolsas para deportistas individuais correspondente o ano 2022. 

O prazo para presentar a documentación emendada é de 10 días hábiles a partir do seguinte ao da súa publicación, é dicir, entre o 16 e o 29 de marzo de 2022, ambos inclusive.

A documentación poderá ser presentada a través da sede electrónica do Concello da Coruña ou no Rexistro Xeral de Entrada do Concello con destino ao servizo municipal de Deportes.

Igualmente poderán presentar a documentación no Rexistro do Palacio dos Deportes de Riazor previa solicitude de cita a través da seguinte ligazón  https://citaprevia.coruna.gal/

O enlace para a presentación mediante a sede electrónica é o seguinte (procedemento de achega de documentación e/ou alegacións a un expediente):

https://sede.coruna.gal/sede/gl/detalle/achega-de-documentacion-e-ou-alegacions-a-un-expediente/contenido/1453748708796

Por favor, lembre citar o número de expediente ao que fai referencia o anuncio do Boletín Oficial da Provincia, o cal pode descargar no documento adxunto.​​

Anuncio convocatoria bolsas para deportistas individuais - Ano 2022

A Concellería de Deportes do Concello da Coruña acaba de publicar, a través do Acordo de Xunta de Goberno Local de data 2 de febreiro de 2022 (BOP núm. 27, de 9 de febreiro de 2022), a convocatoria das axudas destinadas a bolsas deportivas para deportistas individuais do Concello da Coruña para o ano 2022.

O extracto desta convocatoria foi publicado mediante anuncio no BOP de Coruña nº 27, de 9 de febreiro de 2022, coa seguinte referencia: Ref. 211/2022/2 Convocatoria Deportes - BDNS (Identif.): 609190. O enlance público de consulta é o seguinte:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/ge/es/convocatoria/609190

Pode consultar as bases completas na seguinte ligazón:

O prazo de presentación de instancias é de 20 días naturais a partir do seguinte ao da súa publicación no BOP, é dicir, do 10 de febreiro ao 2 de marzo de 2022, ambos inclusive.

O anuncio do BOP pódese consultar na seguinte ligazón: Extracto do BOP nº27, de 9 de febreiro de 2022

A documentación poderá presentarse preferentemente a través da sede electrónica do Concello da Coruña, no Rexistro Xeral de Entrada do Concello con destino ao servizo municipal de Deportes, previa solicitude de cita a través da seguinte ligazón: https://citaprevia.coruna.gal/, ou por calquera dos medios recoglidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015. Igualmente poderá presentala nos Rexistros do Servizo de Deportes, previa solicitude de cita, no mesmo ligazón ou a través do teléfono de atención cidadá 010.

Pode descargar a solicitude para presentar na seguinte ligazón:

Pode acceder á sede electrónica do Concello da Coruña para a súa tramitación electrónica a través da seguinte ligazón: Bolsas deportivas para deportistas individuais 2022

Documentos relacionados

  • BASES CONVOCATORIA - Bolsas para deportistas individuais - Ano 2022 (1 MB)
  • SOLICITUDE - Bolsas para deportistas individuais - Ano 2022 (580 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión