Concello da Coruña

Concello da Coruña

Deportes

Concellería de Deportes

2023 - Anuncio Convocatoria bolsas para deportistas individuais

A Concellería de Deportes do Concello da Coruña acaba de publicar, a través do Acordo de Xunta de Goberno Local de data 18 de xaneiro de 2023, a convocatoria das axudas destinadas a bolsas deportivas para deportistas individuais do Concello da Coruña para o ano 2023.

O extracto desta convocatoria foi publicado mediante anuncio no BOP de Coruña nº 16, de 24 de xaneiro de 2023, coa seguinte referencia: Ref. 211/2023/1 Convocatoria Deportes - BDNS (Identif.): 671351. A ligazón pública de consulta é o seguinte: https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/ge/es/convocatoria/671351

O prazo de presentación de instancias é de 20 días naturais a partir do seguinte ao da súa publicación no BOP, é dicir, do 25 de xaneiro ao 13 de febreiro de 2023, ambos os incluídos.

O anuncio do BOP pódese consultar na seguinte ligazón: BOP nº16, de 24 de xaneiro de 2023.

A documentación poderá presentarse preferentemente a través da sede electrónica do Concello da Coruña (/sede/gl/tramites-e-servizos-electronicos/guia-de-procedementos-e-servizos/detalle-de-procedementos/bolsas-deportivas-para-deportistas-individuais/contido/1453753426128), no Rexistro Xeral de Entrada do Concello con destino ao servizo municipal de Deportes, previa solicitude de cita a través da seguinte ligazón: cita previa, ou por calquera dos medios recolleitos no artigo 16.4 da Lei 39/2015. Igualmente poderá presentarse nos Rexistros do Servizo de Deportes, previa solicitude de cita, no mesmo ligazón: cita previa.

Pode consultar as bases completas da convocatoria no documento adxunto ao pé de páxina, xunto co modelo de solicitude para presentar.

Documentos relacionados

  • 2023 - BASEES CONVOCATORIA - Bolsas para deportistas individuais (1 MB)
  • 2023 - MODELO SOLICITUDE - Bolsas para deportistas individuais (967 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión