Concello da Coruña

Concello da Coruña

Deportes

Concellería de Deportes

Resolucion definitiva

RESOLUCIÓN DEFINITIVA DA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE SUBVENCIÓNS PARA FOMENTO DE ENTIDADES DEPORTIVAS 2022

Publicada no Boletín Oficial da Provincia (BOP Nº  211 - martes,  8 de novembro de 2022) a resolución definitiva da convocatoria extraordinaria de subvencións destinadas a entidades deportivas sen ánimo de lucro para o fomento e apoio á realización de actividades físicas e deportivas no Concello da Coruña, ano 2022.

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2022/11/08/2022_0000006839.pdf

 A resolución do procedemento pon fin á vía administrativa e contra a devandita resolución caberá a interposición de recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses. Con todo, poderán, con carácter potestativo, presentar recurso de reposición ante o propio órgano que ditou a resolución no prazo dun mes, nese caso o prazo para a presentación do recurso contencioso administrativo comezará a contar desde a notificación da resolución expresa do recurso.

No caso de subvencións concedidas, o prazo de aceptación ou renuncia da subvención é de cinco días hábiles desde o siguiente ao da publicación no BOP, é dicir, ata o 15 de novembro de 2022, incluído. Transcorrido ese prazo sen que se produza a renuncia expresa, a subvención entenderase aceptada tacitamente. Poderá presentala a través da sede electrónica do Concello da Coruña preferentemente, ou nos restantes rexistros electrónicos das Administracións que compoñen o sector público (Administración Xeral do Estado, Administracións das Comunidades Autónomas, Entidades Locais, etc.) segundo se regula no artigo 16.4.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Pode consultar os documentos nas seguintes ligazóns ou nos documentos ao pé de páxina:

Anuncio resolución definitiva Convocatoria extra. 2022

Resolución definitiva Convocatoria extraordinaria de subvencións_2022

Proceso

PROPOSTA DE RESOLUCIÓN PROVISIONAL DA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE SUBVENCIÓNS PARA FOMENTO DE ENTIDADES DEPORTIVAS 2022

Publicada hoxe (13/10/2022) na sede electrónica municipal a proposta de resolución provisional da convocatoria extraordinaria de subvencións a entidades deportivas para o ano 2022.

A proposta pode consultarse na seguinte ligazón:  Proposta resolución prov convocatoria extraordinaria subvencións 2022

O prazo para presentar alegacións é de 5 días naturais a partir do día seguinte á súa publicación, é dicir, desde o 14 ao 18 de outubro de 2022, ambos inclusive.

As alegacións poderán presentalas a través da sede electrónica do Concello da Coruña ou, en calquera caso, por medios electrónicos, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O enlace para a consulta na sede electrónica é o seguinte: https://sede.coruna.gal/opensiac/action/infopublica?method=view&id=16534

Anuncio proposta

REQUIRIMENTOS DE EMENDA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA SUBVENCIÓNS ENTIDADES DEPORTIVAS 2022

No BOP de A Coruña número 178, de data 19.09.2022, publícase o requirimento de emenda das solicitudes da convocatoria extraordinaria de subvencións para entidades deportivas correspondente o ano 2022.

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2022/09/19/2022_0000005747.pdf

O prazo para presentar a documentación emendada é de 10 días hábiles a partir do seguinte ao da súa publicación, é dicir, entre o 20 de setembro e o 3 de outubro de 2022, ambos inclusive.

A documentación deberá ser presentada a través da sede electrónica do  Concello da Coruña con destino ao servizo municipal de Deportes, utilizando o procedemento "Achega de documentación e/ou  alegacións a un expediente" e citando o número de expediente (indícase na publicación no BOP) na seguinte ligazón:

https://sede.coruna.gal/sede/gl/tramites-e-servizos-electronicos/guia-de-procedementos-e-servizos/detalle-de-procedementos/achega-de-documentacion-e-ou-alegacions-a-un-expediente/contenido/1453748708796

ANUNCIO - Convocatoria Extraordinaria de Subvención para Entidades Deportivas 2022

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE SUBVENCIÓNS PARA ENTIDADES DEPORTIVAS 2022

A Concellaría de Deportes do Concello da Coruña acaba de publicar a convocatoria extraordinaria para o ano 2022, a través do Acordo de Xunta de Goberno Local de data 5 de agosto de 2022 (BOP núm. 161, de 25 de agosto de 2022), das subvencións destinadas ás entidades sen ánimo de lucro para o fomento e o apoio á realización de actividades deportivas no Concello da Coruña para o ano 2022 para a participación e/ou consecución dun resultado deportivo en competicións desenvolvidas no ámbito federativo e organización de eventos deportivos e competicións na cidade de A Coruña (Tipos 1, 1.1 e 5).

As principais novidades desta convocatoria extraordinaria son as seguintes:

 - Só se pode presentar unha única solicitude por cada entidade deportiva, e se concederá como máximo unha (1) subvención por entidade deportiva.

 - Os tipos os que se poden optar son 3: tipo 1, tipo 1.1 se ten convenio nominativo e tipo 5.

O extracto desta convocatoria foi publicado mediante anuncio no BOP de Coruña nº 161, de 25 de agosto de 2022, coa seguinte referencia: Ref. 211/2022/791 Convocatoria Deportes - BDNS (Identif.): 644223. O enlace público de consulta é o seguinte:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/644223

O prazo de presentación de instancias é de 15 días naturais a partir do seguinte ao da súa publicación no BOP, é decir, do 26 de agosto ao 9 de setembro de 2022, ambos inclusive. 

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2022/08/25/2022_0000005198.pdf

A documentación poderán presentala a través da sede electrónica do Concello da Coruña con destino ao servizo municipal de Deportes, ou por calquera dos medios recollidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015. 

O enlace á sede electrónica do Concello da Coruña é nesta Convocatoria extraord. subvencións para entidades deportivas .

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión